09.06.2013 Views

PATRIMONIO OCULTO

PATRIMONIO OCULTO

PATRIMONIO OCULTO

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Poida que un dos trazos máis singulares da

costa de Galicia sexa a presenza das súas rías,

brazos de mar que se introducen no continente

creando un litoral recortado. Só Irlanda,

China e a Bretaña francesa contan cun fenómeno

xeolóxico tan especial como o das rías galegas. Vales

tectónicos afundidos afectados polos movemento das mareas,

polo que se produce no seu interior unha mestura da

auga doce do río coa auga do mar. Na súa xénese, unhas

víronse favorecidas pola existencia dunha intensa rede de

fracturas de esgazadura que facilitaron a penetración do

mar e marcaron o seu deseño; como é o caso das Rías Baixas

que se encadean no sudoeste de Galicia, desde o Monte

Louro, en Muros, ata a desembocadura do Miño. Son as de

maior extensión e as que dun xeito uniforme se alongan de

sudoeste a nordeste.

No seu litoral recortado, os tramos de costa acantilada, rochosa

e brava, dan paso a amplos areais aos que se pode

acceder, desde terra ou desde o mar, aproveitando os numerosos

portos. Nestas rías, as temperaturas son suaves

durante boa parte do ano, pero con abundancia de precipi-

52

Mosteiro de Armenteira, Meis.

tacións ao longo do outono e inverno. Unhas condicións meteorolóxicas

que propician o desenvolvemento de frondosas

masas forestais que zumegan verdor e que cobren este

destino.

Extensos espazos cubertos de árbores e campos de cultivo

nos que os froiteiras, as hortalizas e as vides rodean aldeas,

vilas e cidades creando unha paisaxe alegre e colorida. Ademais,

a esta riqueza e variedade do seu medio natural únese

a ampla gama de produtos do mar ou da terra, de peixes e

mariscos que se poden degustar ao longo de todo o territorio.

Produtos todos eles acompañados co viño propio destas

terras, da Denominación de Orixe Protexida Rías Baixas. Para

moitos, un dos mellores brancos do mundo. E no Baixo Miño,

o mellor da horta.

O amante da arte atopará numerosos lugares nos que deterse:

castros, igrexas románicas, góticas ou barrocas. Pazos

ou magníficos museos, como os que se atopan en Pontevedra,

Vigo ou Bueu. Ademais, as festas e romarías que se suceden

ao longo de todo o ano, especialmente durante o

verán, permitirán ao visitante penetrar nas tradicións e crenzas

galegas.

Abril-Xullo

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!