09.06.2013 Views

PATRIMONIO OCULTO

PATRIMONIO OCULTO

PATRIMONIO OCULTO

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Abril-Xullo

Na Mariña lucense, a Galicia verdecente

asómase ao Cantábrico. A Mariña, que

comprende todo o norte da provincia de

Lugo, confórmana os concellos de Alfoz,

Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá,

Mondoñedo, Ourol, A Pontenova, Ribadeo, Riotorto, Trabada,

O Valadouro, O Vicedo, Viveiro e Xove.

O litoral, de case un centenar de quilómetros, é coñecido como

a costa máxica, conecta coa serra que delimita o interior a través

de vales fértiles e fermosos que perfilan un armazón de

paisaxes singulares. Aí, entre montañas algúns, mirando ao

mar outros, e, ata no Camiño de Santiago habitan, repartidos

e dispersos, un gran número de artesáns responsables de que

non se perdan oficios tradicionais e centenarios propios do

medio rural galego, xunto con outros dedicados ás disciplinas

artesanais máis vangardistas e innovadoras.

Fra traballando na realización dunha

barca no seu taller a pé da praia.

Neste territorio de gran riqueza patrimonial e natural, podemos

visitar a soberbia ría do Barqueiro, a praia das Catedrais,

monumento natural escavado polo mar de enormes dimensións;

percorrer do estuario do río Sor, paraíso de peixes

e aves acuáticas, ao estuario do Eo, reserva da Biosfera; ou

Foz, Viveiro e Ribadeo, portos que aínda conservan a pegada

dun pasado señorial.

En Cervo, Sargadelos, unha das cerámicas máis representativas

de Galicia, e no interior da Mariña lucense, a serra do

Xistral, terra de turbeiras e cabalos salvaxes; e Mondoñedo,

no Camiño de Santiago, antiga sede episcopal cunha fermosa

catedral do século XIII.

Rutas da Artesanía

Percorremos a Mariña lucense a través das Rutas da Artesanía;

unha proposta turística que permite que o visitante

41

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!