09.06.2013 Views

PATRIMONIO OCULTO

PATRIMONIO OCULTO

PATRIMONIO OCULTO

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Abril-Xullo

Dorotea do Cará,

Soutelo de Montes, 1960-1961.

© Virxilio Vieitez, VEGAP, A Coruña, 2013.

do esquecemento esas primeiras imaxes ofrecéndoas á posteridade.

Keta Viéitez foi a primeira en comprender o incalculable

valor histórico e artístico do material fotográfico do seu pai

e expoñelo nun espazo improvisado en Soutelo de Montes.

«O material que atopei impresionoume. Moitas imaxes non

as coñecía, eran demasiado antigas e víaas por primeira vez.

Nese momento, tiven claro que as fotos do meu pai eran

como as dos grandes fotógrafos», explica Keta Viéitez.

A mirada aguda de Manuel Sendón e Xosé Suárez Canal

levou esas imaxes á Fotobienal de Vigo. Suso de Toro viu

unha recensión desta mostra e escribiu en 1999 unha magnífica

reportaxe para El País Semanal, El fotógrafo de pueblo,

que lería Enrica Viganò, comisaria da exposición que Fundación

Telefónica dedica en Madrid ao fotógrafo galego... A

mecha estaba prendida e a chama, aínda acesa, non parece

que vaia extinguirse.

Entre 1953 e 1980, Virxilio Viéitez percorreu a comarca de

Terra de Montes retratando as súas xentes e trazando unha

historia visual da época. O seu arquivo, integrado por máis

de 50.000 negativos, atesoura a memoria dunha vila marcada

pola emigración e a posguerra, aínda que tamén polas

festividades e a tradición. Un importante patrimonio cultural

conservado en Soutelo de Montes, a vila onde o fotógrafo

naceu en 1930, onde morreu en 2008 e onde traballou case

toda a súa vida.

Retrospectiva en Madrid

Dirixímonos ao Espacio Fundación Telefónica ,en Madrid, e

percorremos a maior retrospectiva dedicada a Virxilio Viéitez,

coproducida pola Fundación Telefónica e o MARCO de Vigo,

e que pode ser visitada ata o próximo 19 de maio. Esta mostra

reivindica a faceta artística do retratista e sitúao como

un dos autores de referencia da España das décadas dos

anos 60 e 70 do pasado século.

Dicía Otero Pedrayo que «Galicia é terra de adeuses».

Entre 1911 e 1957, máis de un millón de persoas partiron

cara a América. Virxilio contribuíu a unha sorte de correspondencia

visual fotografando por encargo a aqueles

que quedaron. «América debe estar chea das miñas

fotos», dicía.

23

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!