09.06.2013 Views

PATRIMONIO OCULTO

PATRIMONIO OCULTO

PATRIMONIO OCULTO

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Abril-Xullo

O mestre José Rodil segue mantendo a tradición dos seus

antepasados, expandindo as navallas artesáns, pezas

únicas feitas a man unha por unha.

atopamos aínda hoxe ferreiros que, aínda que teñen presenza

en varios concellos, o seu centro indiscutible é o de

Riotorto, no que se conservan dous mazos: o de Bastián en

Espasande de Baixo e o da Fraga de Ferreiravella. Estes

mazos, xunto coas moas, muíños, centrais, etc., constitúen

o centro ferreiro máis importante do norte da Península, sumando

un total de 46 dispositivos no curso do río de Ferreiravella.

Ademais, a mediados de abril, celébrase en Riotorto

a Feira de Artesanía do Ferro, na que teñen lugar distintos

obradoiros e demostracións de artesanía.

Pola súa banda, A Pontenova foi territorio mineiro como testemuñan

os fornos de Vilaoudriz, singulares construcións que

xurdiron ao abeiro das próximas explotacións mineiras. Do

patrimonio relixioso, destacamos a igrexa parroquial de

Santa María de Conforto e a súa rica colección de pezas de

arte sacro. A imaxe natural do municipio esta ligada ao río

Eo, famoso polos seus coutos de salmón e troita. Outros lugares

fermosos atopámolos seguindo o trazado da antiga vía

do ferrocarril Vilaoudriz-Ribadeo, convertida en vía verde.

Outro espazo de indubidable valor é a fraga de Reigadas, na

que podemos atopar osos pardos e visitar a ferrería de Bogo,

un conxunto etnográfico que mostra como funcionaban as

ferrerías outrora.

Do traballo dos ferreiros dependía en gran medida a vida

tradicional agrícola, xa que eles fabricaban os apeiros, pero

tamén todas as ferramentas do carro e a casa, dando

forma en ferro candente e a golpe de martelo a eixadas,

fouces, ferraduras, chaves, tixolas, cazos, cazolas... e

tamén navallas.

En Conforto, unha aldea da Pontenova, o último artesán

da saga Rodil, o mestre J. Rodil, segue mantendo a tradición

dos seus antepasados, expandindo as navallas artesáns,

pezas únicas feitas a man unha por unha, por todos

os recunchos da nosa xeografía. O seu taller de forxa sitúase

nunha casa de pedra que data do ano 1900 sen apenas

reformas, o que fai desta singular construción un

atractivo máis para visitar un espazo auténtico sen apenas

transformacións. No taller de José Rodil, un dos poucos

artesáns de navallas de toda Galicia, todo é música: a

do martelo co que ritmicamente moldea o ferro, a da fervenza

onde acode a recoller a madeira que usará para os

mangos das súas navallas e a que soa na Radio Galega,

43

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!