74 Viñedos do Mosteiro de San Clodio. Cada ano a Feira do Viño do Ribeiro, exalta os mellores caldos da comarca. Foto: Arquivo Turgalicia. Abril-Xullo
Situada ao oeste de Ourense, a un paso de Portugal e da comarca pontevedresa da Paradanta, O Ribeiro é terra de fértiles vales sucados polos ríos Miño, e Avia. O Ribeiro é sinónimo de viño, e xa na Idade Media os monxes do mosteiro de San Clodio, en Leiro, o elaboraban para envialo ás mesas señoriais. A Denominación de Orixe Protegida Ribeiro é hoxe, a máis antiga de Galicia e unha das primeiras recoñecidas en España, e este mes de maio, celebra a 50ª Edición da súa Feira do Viño, sen dúbida, unha boa ocasión para visitar esta histórica comarca. Resulta difícil encontrar alguén que non coñeza o topónimo que identifica esta comarca, repleta de contrastes naturais e vestixios arquitectónicos do pasado máis significativo de Galicia. Á hora de revisar as obras deixadas polos nosos antepasados, sen dúbida, a capital do Ribeiro, Ribadavia, é un dos referentes dentro de Galicia. É famosa pola súa xudaría, unha das máis importantes de España, que conserva a súa esencia medieval. A rúa das adegas e a da Santa Cruz, a praza da Madalena e as canellas que se estenden dende aquí ata a muralla trasladan o viaxeiro ao máis puro ámbito medieval. Un pasado que renace todos os anos na Festa da Historia, na que veciños e visitantes recrean a vida medieval da vila, nunha celebración de interese turístico nacional que, a finais de agosto, abarrota Ribadavia. O Ribeiro é tamén natureza e ten no monumento natural de Pena Corneira o seu espazo máis emblemático. Melón e as súas pozas, e as paisaxes de suaves abas no val, xunto coa montaña de Avión, conforman unha paisaxe que define claramente a esencia deste territorio. A auga corre por todo O Ribeiro, que é terra de balnearios e augas termais. A Arnoia, Laias, Cortegada, Berán ou Prexigueiro son ámbitos perfectos para completar a visita a unha das comarcas máis atractivas de Galicia. Abril-Xullo 75
- Page 1:
ANO 8 · Nº 24 · ABRIL - XULLO 20
- Page 4 and 5:
10 PATRIMONIO OCULTO A Galicia que
- Page 6 and 7:
II Xornadas de portas abertas nas r
- Page 8 and 9:
eves GALICIA PROMÓVESE NOS ALMACÉ
- Page 10 and 11:
Galicia é unha sorpresa permanente
- Page 12 and 13:
12 Catedral fortaleza Santa María
- Page 14 and 15:
14 Dolmen de Dombate, Cabana de Ber
- Page 16 and 17:
16 Virxe chegou nunha barca de pedr
- Page 18 and 19:
18 Hórreo de Araño, Rianxo. Tesou
- Page 20 and 21:
A Galicia de Virxilio Vieitez 20 Sa
- Page 22 and 23:
Di Keta Vieitez que «cando o mundo
- Page 24 and 25: Así, a través de preto de 300 ima
- Page 26 and 27: «eu non era amigo das risas». Non
- Page 28 and 29: Pilucha de María de Adolfo, Soutel
- Page 30 and 31: 30 Keta Viéitez posa entre as verz
- Page 32 and 33: madas por unha sucesión de montes
- Page 34 and 35: 34 Keta Viéitez, coa casa familiar
- Page 36 and 37: enferma e decide regresar a Soutelo
- Page 38 and 39: Ricobanca, os restos dunha calzada
- Page 40 and 41: A Mariña lucense, alma de artesan
- Page 42 and 43: 42 O taller de forxa do artesán de
- Page 44 and 45: 44 José Rodil traballa rodeado de
- Page 46 and 47: 46 Francisco Fra talla o modelo que
- Page 48 and 49: 48 Chus Lage, oleira por vocación,
- Page 50 and 51: Rías Baixas TEXTO E FOTOGRAFÍAS:
- Page 52 and 53: Poida que un dos trazos máis singu
- Page 54 and 55: 54 Igrexa da Peregrina, Pontevedra.
- Page 56 and 57: Campo Lameiro, conxunto de inscultu
- Page 58 and 59: En canto ao seu patrimonio, outros
- Page 60 and 61: Pataca de Galicia, o corazón da te
- Page 62 and 63: Aínda que a pataca é hoxe o vexet
- Page 64 and 65: Subzona de Bergantiños (A Coruña)
- Page 66 and 67: estender esta produción, ás veces
- Page 68 and 69: 68 Ribadavia é a cidade vencellada
- Page 70 and 71: 70 Mosteiro de Santa María de Mel
- Page 72 and 73: 72 Ponte de San Clodio (en Leiro, O
- Page 76 and 77: citas 76 UN TROZO INVISIBLE DE ESTE
- Page 78: Apuntamentos 78 Mostra de Viños da