09.06.2013 Views

PATRIMONIO OCULTO

PATRIMONIO OCULTO

PATRIMONIO OCULTO

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Situada ao oeste de Ourense, a un paso de Portugal e da comarca pontevedresa da Paradanta, O Ribeiro é terra de fértiles vales sucados polos ríos Miño, e Avia.

O Ribeiro é sinónimo de viño, e xa na Idade Media os monxes do mosteiro de San Clodio, en Leiro, o elaboraban para envialo ás mesas señoriais.

A Denominación de Orixe Protegida Ribeiro é hoxe, a máis antiga de Galicia e unha das primeiras recoñecidas en España, e este mes de maio, celebra a 50ª Edición

da súa Feira do Viño, sen dúbida, unha boa ocasión para visitar esta histórica comarca.

Resulta difícil encontrar alguén que non coñeza o topónimo que identifica esta comarca, repleta de contrastes naturais e vestixios arquitectónicos do pasado

máis significativo de Galicia.

Á hora de revisar as obras deixadas polos nosos antepasados, sen dúbida, a capital do Ribeiro, Ribadavia, é un dos referentes dentro de Galicia. É famosa pola

súa xudaría, unha das máis importantes de España, que conserva a súa esencia medieval. A rúa das adegas e a da Santa Cruz, a praza da Madalena e as canellas

que se estenden dende aquí ata a muralla trasladan o viaxeiro ao máis puro ámbito medieval.

Un pasado que renace todos os anos na Festa da Historia, na que veciños e visitantes recrean a vida medieval da vila, nunha celebración de interese turístico

nacional que, a finais de agosto, abarrota Ribadavia.

O Ribeiro é tamén natureza e ten no monumento natural de Pena Corneira o seu espazo máis emblemático. Melón e as súas pozas, e as paisaxes de suaves abas

no val, xunto coa montaña de Avión, conforman unha paisaxe que define claramente a esencia deste territorio.

A auga corre por todo O Ribeiro, que é terra de balnearios e augas termais. A Arnoia, Laias, Cortegada, Berán ou Prexigueiro son ámbitos perfectos para completar

a visita a unha das comarcas máis atractivas de Galicia.

Abril-Xullo

75

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!