09.06.2013 Views

PATRIMONIO OCULTO

PATRIMONIO OCULTO

PATRIMONIO OCULTO

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

citas

76

UN TROZO INVISIBLE

DE ESTE MUNDO

O LADRÓN DE AMORODOS

NOVO DISCO DE DAVIDE SALVADO

Davide Salvado é sen dúbida una das voces

máis carismáticas de Galicia. De formación

autodidacta, leva media vida percorrendo

as aldeas galegas na procura de ritmos,

coplas e danzas. De todas esas persoas

que foi atopando, aprendeu non só a tradición

na música, senón todo un xeito de

vivir. O amor por todas as prácticas tradicionais

que foi asimilando, desde a

cestería ao respecto pola terra, fan do

xeito de entender o canto para Davide

como moito máis que música.

Tras dous anos de xira co seu disco Árnica

Pura, producido por Eiseo Parra,

Davide presenta agora O ladrón de

amorodos.

Foto: Carolina R. Saavedra.

JUAN DIEGO BOTTO EN ESCENA

Dirixidos por Sergio Peris Mencheta, e con coprodución de Cristina Rota e o Teatro Español,

Juan Diego Botto e Estrid Jones encarnan a cinco personaxes nunha peza que

aborda con ironía, humor e drama dous temas que se tocan, que se confunden e rozan:

o exilio e a inmigración. Sen paternalismos, sen condescendencia e sen tópicos, esta

obra trata de poñer nome e apelidos a aquelas persoas que a miúdo só coñecemos a

través das cifras e estatísticas dos titulares de prensa.

Un axente de policía que cre que neste país non cabe ninguén máis. Un inmigrante

que chama desde un locutorio á súa muller e, entre divertidos desencontros e confusións,

explica como lle van as cousas e a dureza da distancia. Unha muller subsahariana

que conta ao seu fillo como viaxou a Europa e os obstáculos que atopou no “primeiro

mundo”.

Un mozo que relata a súa experiencia fronte á tortura na Arxentina da ditadura da

Xunta militar dos 70, e un home que, cargado de sarcasmo, filosofa sobre o que

supón estar lonxe de casa e perdelo todo por un exilio político.

Estes textos están baseados e inspirados en persoas e experiencias reais coñecidas

grazas á colaboración de diversas organizacións e ONG ás que o autor debe un

enorme agradecemento.

OURENSE, Teatro Principal. Día 9 de maio, ás 20.30 horas.

Colaboracións de luxo, como a de Mercés Peón,

proporcionan aínda máis forza a este novo

álbum, no que o concepto estético cumpre un

importante papel. O ladrón de amorodos, inspirado

nos fermosos deseños do artista William

Morris, é ao mesmo tempo un disco cen por cen

galego, no que a voz e a percusión tradicional

son protagonistas. Un traballo feito desde o corazón,

un agradecemento a todas esas pandereteiras

e bailadoras maiores, mulleres fortes e

anónimas, que ensinaron a Davide a ser quen é.

Davide foi voz e percusión na banda de Xosé Manuel

Budiño, integrante da Banda das Crechas e

membro do colectivo Ecléctica Ensemble, que

mestura electrónica e sons tradicionais, ademais

de actor e performer. Tras máis de dez anos nos

escenarios, agora presenta o seu esperado segundo

disco.

A CORUÑA, Teatro Colón. Día 28 de maio, ás 20.30 horas.

Abril-Xullo

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!