09.06.2013 Views

PATRIMONIO OCULTO

PATRIMONIO OCULTO

PATRIMONIO OCULTO

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Abril-Xullo

minable relación doutros menores entre os que destacan a

fortificación que acolle o Museo de Valle Inclán (A Pobra do

Caramiñal), as Torres do Oeste (Catoira), Santa Mariña de

Dozo (Cambados) e as instalacións romanas de Adro Vello

(O Grove).

Por outra banda, a ría de Arousa ten desde os anos 60 do

século pasado o único vía crucis marítimo do mundo, a Ruta

do Mar de Arousa-Río Ulla, unha das vías do Camiño de

Santiago, que recorda a chegada a Galicia por mar do corpo

do apóstolo Santiago.

Tamén debemos resaltar as festas e celebracións que

teñen lugar nesta contorna, como a Romaría Viquinga de

Catoira, de Interese Turístico Internacional, ou aquelas de

Interese Turístico Nacional, como a do Viño Albariño

(Cambados) e as patronais de San Roque da Vila (Vilagarcía

de Arousa).

Para rematar, sinalar as de Interese Turístico Galego: Exaltación

do Marisco (O Grove), a de Xesús O Nazareno e Procesión

das Mortallas (A Pobra do Caramiñal), a da Virxe de

Guadalupe (Rianxo), a da Dorna (Ribeira), a Romaría de

San Ramón de Bealo (Boiro); ou a Semana Santa de Paradela

en Meis.

Imaxe dos hórreos de

Combarro.

RÍA E TERRAS DE PONTEVEDRA

Os concellos que integran esta ría son: A Lama, Barro,

Bueu, Caldas de Reis, Campo Lameiro, Cangas, Cotobade,

Cuntis, Marín, Moaña, Moraña, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra,

Portas e Vilaboa.

As terras da ría de Pontevedra están marcadas pola súa

tradición mariñeira. Ons, Aldán, Bueu, Marín... na outra

beira, ao final da ría, a costa da Vela, cos seus cantís e,

no alto, o monte do Facho, antigo castro e santuario romano.

Pontevedra é a capital das Rías Baixas. Unha cidade señorial

chea de vida, co casco histórico máis importante de

Galicia, despois do de Santiago de Compostela. No casco,

varios edificios emblemáticos acollen un museo con importantes

fondos: o Museo Provincial de Pontevedra. Entre

os seus atractivos, a praza da Ferrería, o santuario da Peregrina

coa súa planta en forma de cuncha e a basílica de

Santa María A Maior, construída polo gremio de mareantes

no século XIV. Moi preto, debe visitarse o mosteiro de Poio,

de orixe medieval.

Ao norte, antes de chegar ao minúsculo e ben conservado

casco vello de Cuntis, facemos parada nos petróglifos de

55

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!