09.06.2013 Views

PATRIMONIO OCULTO

PATRIMONIO OCULTO

PATRIMONIO OCULTO

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Abril-Xullo

gustación do millo corvo de Bueu. Non podemos esquecer

a Festa da troita (Ponte Caldelas), a Festa de San Miguel

e Danza das Espadas (Marín) e a Festa do lacón con grelos

(Cuntis).

E para quen queira emprender viaxe a Compostela, unha boa

idea é facelo seguindo o Camiño Portugués a Santiago, que

entra en Galicia pola localidade de Tui, e que cruza o territorio

no sentido sur-norte.

RÍA DE VIGO E BAIXO MIÑO

Esta ría confórmana os concellos da Cañiza, A Guarda, Arbo,

As Neves, Baiona, Covelo, Crecente, Fornelos de Montes,

Gondomar, Mondariz, Mondariz-Balneario, Mos, Nigrán, O Porriño,

O Rosal, Oia, Pazos de Borbén, Ponteareas, Redondela,

Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Soutomaior, Tomiño,

Tui e Vigo.

A beira sur da Ría de Vigo é unha sucesión de interminables

areais dourados: Samil, O Vao, Patos, Praia América... e de

recollidos portos como Canido ou Panxón. E gardando a en-

Vendedora de ostras na

Pedra, Vigo.

trada da ría, fronte á cidade de Vigo, as Illas Cíes nas que

o areal de Rodas é, segundo o diario The Guardian, a mellor

praia do mundo. Integradas no Parque Nacional das

Illas Atlánticas –que comprende Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada–,

as Cíes son o paraíso de augas turquesa e area

branca da costa galega.

O acceso a elas está limitado a 2.200 persoas ao día e existen

camiños que conducen a cada un dos seus tres faros.

Están comunicadas por un servizo regular de transporte marítimo

de pasaxeiros desde varios portos. Nas Cíes, habita a

colonia máis grande do mundo de gaivotas patiamarelas e a

zona submarina que as rodea constitúe un dos ecosistemas

máis ricos da costa de Galicia, destacando o seu frondoso

bosque de algas pardas.

Terra dentro é imprescindible percorrer a vila termal Mondariz

Balneario, co seu espléndido Hotel Balneario e o seu

campo de golf; O Rosal, un fértil val de kiwis, flores e vides

da Denominación de Orixe Rías Baixas; e A Guarda, famosa

pola súa lagosta e polo impoñente castro de Monte Trega.

57

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!