09.06.2013 Views

PATRIMONIO OCULTO

PATRIMONIO OCULTO

PATRIMONIO OCULTO

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Abril-Xullo

EDITA: TURGALICIA

Estrada Santiago Noia

Km. 3, 15896

Santiago de Compostela

Tfno.: 902 200 432

Fax: 981 537 588

cir.turgalicia@xunta.es

COORDINACIÓN:

Área de Comunicación

TURGALICIA

Fotografías de:

Arquivo Virxilio Vieitez

Keta Vieitez

Concello de Cerdedo

Ivan Nespereira

I.G.P. Patata de Galicia

Arquivo Turgalicia

Jacobo Remuñán

Deseña e maqueta:

Lúdica 7

Fotomecánica e impresión:

Gráficas Lasa

DEPÓSITO LEGAL:

C 480 2011

ISSN: 2173-7509

Descubrir o Patrimonio oculto de

Portada: foto de

TURGALICIA

Explota a primavera en Galicia como unha oportunidade extraordinaria para coñecer o seu pa-

trimonio oculto; para percorrer as súas pobos e vilas, as súas cidades. Galicia é unha sorpresa.

Sempre hai algo novo que ver, algo novo que descubrir; unha paisaxe, unha lagoa, un bosque...

un monumento oculto entre vides e castiñeiros. Galicia, asociada no imaxinario colectivo ao seu

popular mar embravecido, ás súas ladeiras verdes, ao son da súa gaita foliada, á Catedral de Santiago,

á Torre de Hércules ou ás Murallas de Lugo, ten entre as súas marabillas un patrimonio arquitectónico

oculto que o viaxeiro ten que descubrir, pois nel se reflicten a historia, a tradición e

os costumes milenarios, a súa arte e a súa cultura máis popular.

Na nosa proposta, esperan ao lector hórreos, dolmens, castros e cruceiros ocultos nos lugares

máis extraordinarios, arroupados por maxestosos mosteiros e sorprendentes igrexas.

Neste número da revista Turismo de Galicia, o fotógrafo Virxilio Viéitez, un artista por instinto,

revélanos un mosaico de personaxes rurais a través da exposición de parte da súa obra celebrada

recentemente en Madrid. Da man da súa filla Kepa, percorreremos con este xenio da cámara Terra

de Montes para ver como retrataba as súas xentes cando estes celebraban acontecementos e momentos

transcendentes das súas vidas.

De Forcarei, saltamos á Mariña lucense para coñecer outros artistas como José Rodil, artesán da

Pontenova, a Francisco Fra, carpinteiro de ribeira ou a Chus Lage, oleira de vocación, entre outros.

Trataremos de percorrer as Rutas da Artesanía, unha proposta turística que permite que o

visitante goce, a partir dos produtos artesanais locais, de experiencias únicas baseadas na cultura,

recursos, tradicións e valores simbólicos da bisbarra.

E como estamos en primavera que mellor que ir de visita polas Rías Baixas ata o Baixo Miño. A

través desta viaxe, visitaremos praias, illas, viñedos, camiños,

pazos, igrexas, balnearios... coñeceremos recursos patrimo-

editorial niais e naturais, vilas mariñeiras ou cidades como Pontevedra

ou Vigo. E desgustaremos a mellor e máis exquisita gastronomía

de Galicia.

Pero, ademais desta viaxe ás Rías Baixas, visitaremos, a través

doutra das nosas reportaxes, a comarca vitivinícola do Ribeiro para degustar os mellores viños

e conmemorar os 50 anos da súa Feira do Viño, festa declarada de Interese Turístico e coñecer

máis sobre ás terras de Ribadavia.

Finalmente, marchamos ao interior, ao corazón de Galicia para ver como un cento de agricultores

e unha decena de empresas envasadoras fan posible co seu esforzo e dedicación á produción

da pataca de Galicia.

3

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!