11.07.2015 Views

Henrique Monteagudo - Páxinas persoais - USC - Universidade de ...

Henrique Monteagudo - Páxinas persoais - USC - Universidade de ...

Henrique Monteagudo - Páxinas persoais - USC - Universidade de ...

SHOW MORE
SHOW LESS
• No tags were found...

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Os primeiros amosan unha boa disposición cara ao seu propio grupo e unha alta valoración tantodo galego coma do castelán. Os segundos, aínda que recoñecen a importancia do castelán, sonmáis críticos cos comportamentos asimilacionistas. Pola súa parte, os castelanfalantes urbanosteñen unha alta estima do seu grupo, e sobre todo, dos galegofalantes; actitudes moi positivas que,non obstante, non se manifestan coa mesma intensidade cara ao uso da lingua galega (CarballeiraAnllo et alii 1994, 17).Estamos ante dúas cuestións en que convirá aprofundar mediante a realización de novasinvestigacións empíricas.10. Socio-estilo, estándar e nivelÁ hora de trataren dos „niveis de lingua’, a maioría dos estudosos operan non convariables estritamente sociais, mais cun híbrido de variables sociais e funcionais, nosseguintes termos: (a) os sociolectos superiores aparecen representados por un rexistroelevado („esmerado‟ e/ou „impersoal‟); (b) os sociolectos medios por rexistros medios(„impersoal‟ e „coloquial‟); e (c) os sociolectos inferiores por rexistros baixos („familiar‟e incluso „alternativo‟). É como se a cada sociolecto correspondese un estilo „cardinal‟,que sería o máis representativo dela. O certo é que tal asociación –case sempreimplícita, mesmo inconsciente, que probablemente responda a un proceso deestereotipación social– presenta unha imaxe distorcida da realidade, pois o lóxico seríacomparar os tres sociolectos nun mesmo estilo (por caso, o coloquial). Pero, en termostanto de representación social coma de análise académica, unha asociación disimétricacoma a anterior presenta a avantaxe de que produce prototipos de variedadesclaramente distintos entre si, subliñando as diferenzas e reforzando os contrastesentre elas.Pero hai máis. Cando se trata de niveis de lingua, adóitase operar con entidades aíndamáis complexas, definidas non só nas dimensións social e funcional, mais tamén entermos de conformidade/ desviación con respecto ao ‘estándar’, segundo un criteriomoi corrente entre os estudosos que traballan sobre idiomas „normalizados‟ (o que, noaspecto propiamente lingüístico significa, precisamente, idiomas plenamenteestandarizados) 34 . Por caso, Jollin-Bertocchi (2003, 37-41), que ofrece un tratamentoparadigmático desta cuestión nun idioma arquetípico, o francés, sostén que o termo„nivel de lingua‟ expresa a organización ideolóxica da lingua en usos „baixos‟ e„elevados‟, e esta noción se aplica “moi exactamente” ás variacións segundo a clasesocial. En consecuencia, distingue tres niveis, un intermedio, normativo ou neutro, outro34 Por caso, véxase Trudgill (1983, 186-200) para o inglés.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!