11.04.2013 Views

de manuel maría a ferrín - Real Academia Galega

de manuel maría a ferrín - Real Academia Galega

de manuel maría a ferrín - Real Academia Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Discurso Darío Xohán.qxd 31/3/06 09:13 Página 26

do, en 1947; trátase, segundo me parece, dunha edición de autor disfrazada

cun selo editorial; Alonso Montero saberao. Ó ano seguinte aparece a revista

A l b a de González-Alegre; é programaticamente bilingüe, cousa que naquel

tempo significaba case o contrario do que significaría agora. Pero non hai editoriais.

Entón Celso Emilio dá un paso adiante, e valéndose do impresor poeta

Sabino Torres dirixe a Colección Benito Soto, a primeira que editou programadamente

libros en galego despois da Guerra Civil: o primeiro deles en

1949, e nada menos ca oito nos dous anos escasos que durou. Os autores son

Xosé María e Emilio Álvarez Blázquez, Álvaro Cunqueiro —Dona do corpo

d e l g a d o—, Carballo Calero, Luís Pimentel, Augusto Casas, Manuel Fabeiro,

Juan Pérez Creus... e o M u i ñ e i ro de brétemas de Manuel María, precisamente

por xestión de Aquilino, que foi o primeiro que leu este libro.

O panorama editorial empeza a arrequecerse: Bibliófilos Gallegos publica,

tamén en 1949, os Camiños no tempo de Cabanillas, e en 1950 A xen -

te da Barreira de Carballo Calero; os Álvarez Blázquez crean a Editorial

Monterrey, que logo chegaría a ser Castrelos, e que se estrea en 1950 cun libro

en galego de Xosé María; un grupo de “vellos” galeguistas, entre os cales

se contan dous ricos empresarios lucenses, funda Galaxia, operativa

desde 1951. A promoción do 36, ou da República, a de Piñeiro e Celso Emilio,

a dos Álvarez Blázquez e de Paco del Riego, é a que leva a iniciativa da

constitución deste tecido. Eran “vellos galeguistas”, señoras e señores académicos,

quince anos máis novos cós máis novos de nosoutros.

Permitídeme un inciso: unha historia completa, detallada e multifacética

do sistema editorial galego, interior e exterior, desde as orixes até hoxe,

sería un gran servizo á comprensión da literatura, e á comprensión da propia

historia de Galiza; ademais, os nosos editores, a miúdo tan heroicos e ás

veces tan intelixentes, merecen ben a gratitude da nación que serviron. Hai

xa varios subsidios importantes para esa historia, entre eles o de Ernesto

Vázquez Souza sobre Ánxel Casal, pero estoume a referir a unha grande

obra de conxunto, a un Gran Relato dirixido ó público xeral non especializado

no que eu me conto. Suplícolle ó noso Presidente, que tanto sabe diso

e tan ben sabe explicar, que el mesmo pense na tarefa.

Provista dunha base material, moi limitada pero en certo modo suficiente

—as eivas que despois se viron virían máis ben da superestrutura ideolóxica—,

a literatura galega empeza a rexurdir no interior. Aparentemente,

está dominada por escritores formados antes da guerra: Cunqueiro, Aquilino

Iglesia Alvariño, Luís Pimentel, Carballo Calero, Fole, o grande Otero

Pedrayo xa patriarcal. Pero eu teño a impresión, medio século despois, de

que as cousas por dentro non eran tan así.

26

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!