11.04.2013 Views

de manuel maría a ferrín - Real Academia Galega

de manuel maría a ferrín - Real Academia Galega

de manuel maría a ferrín - Real Academia Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Discurso Darío Xohán.qxd 31/3/06 09:13 Página 12

Debo cumprir obriga estatutaria facendo unha louvanza do meu predecesor;

e nunca tal obriga foi cumprida, diso estou ben seguro, con tanta

devoción. Quixera empregar toda a elocuencia en convocar a sombra ilustre

do que foi meu amigo, meu camarada e irmán maior; pero por moito que

me estenda, nunca daría dito o que Manuel María foi para min, nin tampouco

o que foi para a causa da lingua e de cultura en que nós militamos,

para a causa da nación galega que tanto amou e tanto iluminou. Confórtame,

así a todo, pensar que todo o meu discurso vai redundar no seu louvor,

pois con xustiza o nome seu titula a materia que escollín, e que case escollín

porque non pode ser tratada sen falar del continuamente.

Direi polo de agora que a obra de Manuel María, e xa o deixei escrito en

moitos sitios, está destinada a vivir sempre mentres viva a súa lingua, mentres

viva a nación que chamamos Galiza. E dentro desa obra, a poesía, a

gran poesía do Manuel, é a faceta máis brillante dunha pedra senlleira e

multiforme. O teatro, o relato, o xornalismo literario, a conferencia e o discurso,

son pezas importantes do vulto literario do meu mestre; ás veces

acertou con plenitude, especialmente no teatro, e quizais máis aínda nos artigos

que están reclamando colectáneas coma as que se fixeron de Cunqueiro

ou de Otero Pedrayo. Pero é na poesía onde o Manuel voou até os

máis altos cumes, coma Pena Rubia ou Piapáxaro, que sobrancean a meseta

que outros, extensamente, conformamos. Non citarei máis ca defuntos:

Manuel María está nun mesmo firmamento con Novoneyra e Celso Emilio,

con Aquilino e Díaz Castro, con Pimentel e con Cunqueiro, con Cabanillas,

con Manuel Antonio, con Rosalía, Curros e Pondal.

Non negarei, levado polo amor, que entre os poemas de Manuel María

hai moitos prescindibles que nada engaden á súa gloria; mesmo hai libros

enteiros —enteiros non: sempre hai algo que brilla— que non chegaron a

gustarme nunca. Así llo dixen unha vez, indo de Fene a Lugo, a risco de

mancalo. Mais sería inhumano que nunha obra tan descomunal non houbese

caídas. A poesía enteira de Manuel María abrangue mil quiñentas

páxinas e corenta mil versos; é moito máis extensa aínda cá de Ramón

C a b a n i l l a s . En Cabanillas encontramos centos de versos débiles e ineptos,

e mais considerámolo, e con moita razón, como un gran poeta. Algúns incluso

afirman, eu non me conto entre eles, que o Noriega Varela era tamén

un gran poeta, coa súa obriña breve e preguiceira onde máis da metade dos

poemas son pura retórica prosmeira. Por iso é ben estraño que nun tempo,

que felizmente xa debeu pasar, houbese tanto crítico e tanto autor de manual

negándolle ó Manuel o pan e o sal. E podía estrañarme máis aínda que

algúns dos poetas do meu tempo, e sobre todo algo máis novos, caesen na

12

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!