11.04.2013 Views

de manuel maría a ferrín - Real Academia Galega

de manuel maría a ferrín - Real Academia Galega

de manuel maría a ferrín - Real Academia Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Discurso Darío Xohán.qxd 31/3/06 09:13 Página 48

cumes da poesía galega de todos os tempos, e non só da galega; non direi

que Bretaña, Esmeraldina é a mellor novela da nosa literatura, nin que nunca

lin unha historia fantástica tan conmovedora coma Arnoia, Arnoia, nin

contos tan perfectos coma os de Arraianos; non direi que os seus artigos enchen

de luz o noso mundo, nin que nunca me rin tanto no teatro coma cando

vin Celtas sen filtro nun porcallento cine de Carnota. E non direi, xaora,

porque isto xa sería unha imprudencia temeraria, que non consigo estar

conforme no punto da periodización xeracional da poesía galega que fai en

De Pondal a Novoneyra, onde aprendemos tantas outras cousas que importan

ben máis ca este detalle. E digo en De Pondal a Novoneyra, pero a cousa

xa viña de moitos anos antes, pois a doutrina circulaba en forma de tese

de doutoramento e doutros textos de acceso público ou privado. Porque ser

é verdade: foi este que non debo mencionar o que nos aprendeu a textura e

a dialéctica da nosa poesía, ata daquela mal canonizada por outrén que non

direi tampouco, mais por razóns ben diferentes.

Cesare taccio. Non pronunciarei sequera o nome do Máis Grande. Direi

tan só que hai Grande Xeración. Cal é a súa cohesión interna? Aparentemente

non moi forte, sobre todo a partir da ruptura do Consello da Mocidade;

pero estas aparencias poden ser enganosas. A cohesión do grupo, ou do

sistema, non se define só polos seus lazos internos, senón tamén, e moi

principalmente, polas forzas que, cercando e premendo desde fóra, o obrigan

a formar en aces mestas. Se me permitides a metáfora, tamén as bestas

bravas forman círculo coas cabezas para o centro e os pés de tras escouceando

para defendérense dos lobos. Todos estes que dixen, a miúdo enfrontados

duramente en posicións políticas, en certas posicións estéticas, e mesmo

en cousas persoais, mantiñan así a todo, porque que non lles quedaba outro

r e m e d i o , porque a Historia mandaba, unha densa unidade operativa, por

contraditoria que ela fose ás veces, na batalla que lles era común, pola literatura

e pola lingua, iso todos a unha, e contra a ditadura cada quen ó seu

xeito. Á fin das contas, eran bestas irmás, e os lobos estaban ó redor.

Talvez os dous grandes períodos que ó principio intentei establecer non

estean moi claros; talvez o nome “xeración” non lles acaia ben de todo; eu

mesmo non estou seguro, ou polo menos non estou tan seguro como da exposición

apaixonada se puido deducir. Pero neste período cuxo inicio fixo

simbolicamente co primeiro libro do meu mestre, neste si que non teño

dúbida ningunha: de calquera maneira que se mire, percíbese a unidade de

propósito, a afinidade estética esencial, a innovación efectiva; en suma, a

condición orgánica esencial que parece requirir o concepto máis estrito de

x e r a c i ó n .

48

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!