19.04.2013 Views

Fantasías eróticas para paspallás

Fantasías eróticas para paspallás

Fantasías eróticas para paspallás

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

tantas horas lonxe, folgando por aí?” Se chegan moi tarde, atópanme de morros. Pero non podo

falar con liberdade porque a moi fresca vén con el e instálase no noso sofá, esperando o caldiño con

patacas, nabizas e unto que estivera a cociñar toda a tarde, ou as sopiñas con viño, ou as torradas

con mel.

Póñanse en situación. O meu marido quéreme ao seu xeito, seino, pero se pasa moitas máis

horas con esa outra femia, a especie é o de menos dadas as circunstancias, pásano xuntos bomba,

teñen multitude de amigos comúns cos que andar á troula e se entenden que dá xenio, colegas cos

que eu non sei de que raios falar, inténtoo, pero non hai maneira. Cando el chega, ela entra como

perico pola súa casa, instálase, ata ben avanzada a noite, servíndose ela mesma da despensa porque

ten o costume de petiscar no alleo. Apálpao todo o tempo coas súas catro patas e a súa cola, e senta

a cona no seu ombreiro. Podo percibir o cheiro a mico no corpo do meu esposo.

- Vai á fonte a lavarte, cheiras a animal, dígolle mirando a ela.

O mangallón aló vai, coma un bendito, sen darse por aludido.

- Vale, eu volver nun minuto. Ti vir comigo, Chita?

E xa está a tía cocha colgada enriba del.

Quedaría a durmir, pero é o único signo de cordura que manifesta Tarzán: cando imos á

cama, despídea. Ela vaise fungando coa cara encourada e os ollos pitiñosos. Polo menos durante a

noite prefire a miña pel tersa e suave ás porcas bicudas da miña rival.

Non quero darlle aos miolos, que ando todo o día a cismar, faime dano e teño a vaga

sospeita de que se o poño na dicotomía , se lle digo:

- “Ou ela ou eu. Escolle!: ou a mona ou a muller”, sospeito que quedaría co simio. É

terrible, pero é o que me di o corazón. Esa foi a miña primeira intuición, que agachei co do

taparrabos e o complexo de pito pequeno: a relación coa mona é o que me cheiraba mal desde o

primeiro intre. Non quixen velo, carcomida como estaba pola febre do desexo salvaxe que producía

Tarzán en min.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!