19.04.2013 Views

Fantasías eróticas para paspallás

Fantasías eróticas para paspallás

Fantasías eróticas para paspallás

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

paralizada ao velo.

ollazos, que ... “.

“Que home máis grande, que nariz tan tremenda, que orellas!”, pensei, “qué beizos, que

O tipo era o mesmísimo arrincapiñeiros. Estaba tan impactada polo físico de Feroz que

esquecín a miña propia semidesnudez uns segundos, os xustos para sentirme manoseada coa mirada

larpeira do tipo aquel. Instintivamente, descendín a miña vista cara a un vulto que crecía ás

alancadas no centro dos pantalóns do home. El apercibiu a miña mirada de sorpresa e, escachando

en gargalladas, extraeu o instrumento nun dicir amén, e amosábamo babexando coma un porco,

bruando coma un touro, coma se o seu ferrollo fose a xoia da coroa, tomándoo coa súa man coma se

do facho olímpico se tratase.

Bufaba Feroz amosándome aquela bestialidade. Que grandeza, largura e anchura unidas

nunha especie de porra inflamada! Era feo, non podería dicir o contrario, pero tremendamente

atractivo. Tan moreno e peludo, tan masculino e viril... estaba saído como un boi e botaba escuma

pola boca ao mirarme.

A verdade é que aos sesenta cumpridos, teño unha bonita figura e a miña cara conserva os

trazos ben perfilados, un pouco esaxerados polas engurras de rigor. As miñas cadeiras locen

redondas e firmes e os meus abundantes peitos aínda se ven palpitantes. Pero unha xa non está

afeita a recibir miradas luxuriosas, de xeito que me sentín gabada por semellante manifestación de

masculinidade. Divertíame ver a ese tipo suplicando “amor” ao máis puro estilo carnal. Como estou

nesa idade en que a temperatura corporal oscila de calor a frío libremente non me sorprendeu a onda

de bochorno repentino que cubriu o meu rostro, o meu pescozo, o meu escote ... Todo o meu ser

transpirou bruma e o orballo empapou o meu modeliño parisiense e semellaba eu unha galiña choca.

O meu lagar enfebrecía e o demo de rapaz pareceu decatarse.

Desde a morte do meu home non tiven oportunidades de sexo compartido. Fun unha muller

liberada na época da pílula e o amor libre, e sono agora de maior máis na teoría que na práctica.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!