19.04.2013 Views

Fantasías eróticas para paspallás

Fantasías eróticas para paspallás

Fantasías eróticas para paspallás

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

co Rei tan só porque era o Rei e endexamais o quixo, aínda que gozaba moito sendo Raíña consorte

e acompañándoo a ceas e recepcións. Cando enviuvou foi cando se obsesionou co seu aspecto, o tic

tac do reloxo non cesaba e comezou a ver signos inequívocos de que estaba avellentando, e logo o

puto espello dicindo a frase envelenada que se cravou no seu ventre coma un puñal.

Tivo que matala, á súa fillastra, á bela Brancaneves. Non a deixaba durmir a envexa da súa

mocidade e crecente louzanía. Quitou ese peso de enriba sen remordementos. Disfrazouse de bruxa,

envelenouna coa mazá e chimpouse aos sete ananos, primeiro un a un e logo a todos xuntos.

Despois foi falar cun médico estético. As promesas publicitarias dun corpo máis bonito, máis

esvelto, máis terso, de tetas pontudas e cinturiña de avespa, non caían en saco roto. Non era muller

de complexos, pero o que contestara o espello na última ocasión deixárana tola de remate.

Así que alí estaba, furiosa, porque era xa unha hora máis tarde da que a citaran.

Atenderíana o cirurxián, que lle ía explicar en que consiste a operación: anestesias, cicatrices,

convalecencias... Unha moza de idade indefinida polas súas múltiples operacións fixéraa pasar. A

madrasta observouna altiva e descualificouna interiormente ao instante, aínda que a enfermeira era

unha bonequiña de plástico, loura de aspecto vulgar , definitivamente, non era tan bela coma ela.

Logo dunha ollada de arriba embaixo, sentiuse máis atractiva que esa enfermeira e tranquilizouse:

seguía sendo a número un.

A Madrasta quería dar a mellor impresión ao doutor, sempre quería dar a mellor impresión,

e lucía sublime. A súa longa cabeleira negra brillante estaba agochada baixo unha perruca escura de

corte ao Cleopatra, o floco enmarcaba as cellas curvas e esaxeraba os brillantes ollos acibeche. Os

beizos saborosos repintados de vermello destacaban na súa pel branca. A lurpia dañina lucía

preciosa. Tiña esa clase de beleza arrolada pola envexa, mantida pola luxuria e mimada pola cobiza,

una fermosura que da un chisco de medo.

Ía disfrazada, o médico non a recoñecería, non era preciso, tan só pensaba mellorar os seus

peitos e desexaba ir de incógnito aínda que iso significase ter que esperar vez na sala de espera. Os

seus fermosos e rotundos peitos que foran deleite dos seus súbditos, e sobre todo do seu espelliño

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!