19.04.2013 Views

Fantasías eróticas para paspallás

Fantasías eróticas para paspallás

Fantasías eróticas para paspallás

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Meteu a miñoca entre os beizos e pechou a boca. Entón comezou a facer movementos

vagarosos coa lingua, semellaba que mamaba pero sen succionar. Con eses movementos firmes e

febles ao tempo Lota foi conseguindo que o meu corpo espertase pouco a pouco. Miña cariña de

rosa chuchaba que daba gloria mirala, miña cariña de queixo de bola semellaba mais doce que o

mel, mais suave que as flores. Lota facía que o meu brotiño se fora convertendo en mangueira ao

mesmo ritmo que medraba a miña autoestima. Con eses bicos feituquiños curábame de todas as

penas. O sangue comezou a fluír e logo dun anaco eu xa era quen de amosarlle a Lota o

tremendamente namorado que estaba dela e despois... ai que rir toleirón!

Lota e mais eu pasamos os primeiros anos da nosa unión viaxando por África e por Asia,

aprendendo linguas e culturas exóticas como era o gusto da miña muller. Pero eu agochaba unha

ilusión desde facía tempo: volver a viaxar dos Apeninos a os Andes, parando exactamente nos

lugares que estivera sendo neno. Foi unha experiencia incriblemente emotiva para min facer esta

viaxe acompañado polo meu gran amor : Lota.

Cando chegamos a Bos Aires, quixen ir a ver o barrio no que vivira coa miña nai. Atopei

todo bastante cambiado (pasaran dez anos desde a última vez que estivera), pero cal foi a miña

sorpresa ao ver a carnicería do Bolo exactamente igual que a deixara. Achegueime e mostrouse moi

contento de verme. Saudoume cun sorriso franco amosando os incisivos bicudos e embrazoume. O

cheiro a carne botoume para atrás.

- Pasa rapaz!!

- Ola Bolo, como lle vai?

O certo é que non tiña moitas ganas de parolar co fulano aquel que tanto noxo me dera

sendo mozo e agora recordaba con nitidez.

- De puta nai rapaz. Vaime de puta nai. Pasa! pasa que che conto.

Boteille unha ollada a Lota como pedíndolle que me salvara de meterme alí co carniceiro

(xa lle falara del), pero Lota sorriu e fixo xesto de esperarme fóra.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!