19.04.2013 Views

Fantasías eróticas para paspallás

Fantasías eróticas para paspallás

Fantasías eróticas para paspallás

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

omnipresente.

Por fin Tarzán, que xa estaba quente coma un boi ante a perspectiva dunha boa fodenda,

decidiu facer algo respecto diso e botouna sen miramentos. Foi firme, ata cruel se se pensa que ela

fora a súa fiel compañeira antes da miña chegada.

- Fóra Chita! Ti ser mona, eu necesitar muller.

Ela berrou, cuspiu unha chea de improperios monís pero como onde hai patrón non manda

mariñeiro, marchou dando un ramazo. Estiveron varios días enfadados, días de gran gozo para min

e o meu novo amor.

En canto a súa presenza desapareceu, que paz!, comezamos cos risos e os xoguiños que

preceden ao amor. Tarzán é moi festeiro nos preliminares, un adolescente eterno. Xogaba cos meus

peitos, intentando destapalos. Eu estaba ben disposta a amosarllos, pero facíame de rogar, para

alongar o proceso da conquista, tan divertido. Eu tamén estaba desexosa de conquistar o corpo ao

completo do meu amante, de acariñar os seus fortes membros, de descubrir o seu misterioso sexo.

Quixen aproveitar o tempo perdido e apalpar o que se me negaba á vista, de modo que co tacto

tivese noción fidedigna da masculinidade do meu amado. Case como polo aire, coloquei a miña

man enriba do trapo, e como por descoido, metina dentro. A mata de pelo era tan abundante que me

custou atopar a belota, pero atopeina e... aí estaba o quid da cuestión! Aquilo era, sen necesidade de

maior análise, unha miseria. Ese era todo o segredo: Tarzán tiña un micropene e estaba cohibido, o

coitado. Avergoñábase da súa piroliña.

- Jane, ti non tocar!!

- Oooh, por que non hei de facelo se me gusta e quérote?

Emocionouse o rei da selva, derrubouse, sabe Deus os anos que levaba o pobre co seu

segredo, co seu complexo ao lombo. No seu fogar non hai nin psicólogos nin sexólogos que

puidesen axudalo. Ensombreceu a mirada, e unhas bágoas de grosas pingas comezaron a rodar polas

súas rubicundas fazulas.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!