19.04.2013 Views

Fantasías eróticas para paspallás

Fantasías eróticas para paspallás

Fantasías eróticas para paspallás

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

agresividade. Carapu deu un berro espantoso. Ía a por ela co cal non dubidei ao disparar. Sempre

escondo unha recortada baixo o colchón por se as cousas se poñen feas, comprouna o finado de

Manolo para matar o porco cando cambiamos o xeito tradicional de facer a matanza porque os fillos

xa non viñan a botar unha man e mira por onde dinlle por fin bo uso. Dinlle na perna, nunha coxa,

xusto onde apuntei. Non lle danei ningún órgano vital, incluído aquel que era o seu obxecto de

soberbia e agora comezaba a minguar repentinamente desacougado. Saín de debaixo da cama,

orgullosa da miña puntería. O tipo ouveaba e retorcíase manchando todo de sangue. Carapu estaba

ao borde dun ataque nervioso e botou a chorar. Non sabía a cal dos dous debía socorrer primeiro, se

ao ferido por piedade ou á nena, de xeito que agradecín tremendamente que o garda forestal andase

por aí, e se achegase en canto escoitou ruídos.

- Quen vai?!, vociferou desde a porta.

En canto comprobou o panorama, tomou cartas no asunto. Que tipo tan apañado! Mentres

eu acougaba a Carapu e me puña algo de roupa enriba, esposou a Feroz, e fíxolle un torniquete na

perna.

- Que facemos con este?

- Déixeo ir, penso que non lle quedarán máis ganas de amolar.

- Oíu vostede?, máis lle vale marchar, canto máis lonxe mellor. Marche ás Américas!

Deume un pouco de mágoa o bruto índose polo seu propio pé, coxeando amorriñado coa

guitarra de arrastro. Pero tiña ben merecido o seu castigo. As nenas son intocables. De feito

calquera muller o é, salvo que exprese manifestamente o contrario. Raios! Calquera persoa o é. Un

home que non sabe respectar iso ben merece un tiro na coxa. Non me sentín culpable en absoluto,

senón máis ben todo o contrario.

- Ese non se volve a achegar por aquí, dixo o garda forestal.

Carapu e eu rimos abrazadas a unha á outra. Díxenlle á nena que marchase á súa casa a

descansar da emoción, e a dicirlle á súa nai que todo estaba ben, non fosen a chegarlle as

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!