19.04.2013 Views

Fantasías eróticas para paspallás

Fantasías eróticas para paspallás

Fantasías eróticas para paspallás

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

De como Marco perdeu a virxindade

A miña infancia foi un dramón como moita xente lembrará, pero a sorte cambiou para min

de súpeto, xusto despois de atopar á miña naiciña. Encontrala e comezar a facerme un home, foi

todo un.

Coa tranquilidade de achar a “mamasita”, de non ser un orfo só no mundo, o meu corpo

relaxouse e comecei a medrar a pasos axigantados. Tamén a miña mente medraba. Fun un rapaz moi

esperto grazas á cantidade de aventuras que me vin obrigado a vivir dos Apeninos aos Andes, a

tantas situacións complicadas que houben de arranxar sendo tan só un neno. Unha vez con mami, o

meu interese por aprender non tiña cota. Tanto me interesaba aprender o oficio de carpinteiro como

ler latín nos vellos libros do mosteiro que tiñamos fronte á casa. Os monxes do mosteiro déronse de

conta da miña habilidade á hora de memorizar e razoar e tomáronse a miña educación como un reto

persoal, adoptáronme como fillo da comunidade e puiden aprender xardinaría, botánica, a

elaboración do viño, gramática española, italiana e galega (o pai prior era galego procedente de

Rianxo e como tal, bo amante das letras), aprendín cálculo, álxebra e xeometría. Cando os irmáns

entenderon que me ensinaran todo canto sabían, decidiron falar coa miña nai. O pai prior

presentouse na casa:

- O seu fillo é moi intelixente e aplicado, sería moi bo para el poder seguir cursando

estudos universitarios.

- Ai, pai!, encantaríame que puidese estudar, pero somos pobres, eu empezo a estar maior e

el debe axudarme a sacar a casa adiante.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!