19.04.2013 Views

Fantasías eróticas para paspallás

Fantasías eróticas para paspallás

Fantasías eróticas para paspallás

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

sempre me gustaron longas e de pedra. Que robustez e negrura!. Calibrei a súa textura máis coma

científica que como muller en celo, e alí enriba o dos cabeiros afiados ouveaba. Tíñaa gorda e longa

e quente e cheíña a piques de estoupar, co capullo ben destapado e a boquiña aberta coma un peixe

famento.

- Seica o seu furacazolos ten mais fame que un fato de lobos, díxenlle por trabar algunha

complicidade entre nos.

- Ten, señora, ten.

Feroz non tiña gañas de parolar neste intre así que coloqueillo ben apañado, arrastreino cara

á miña cama e sentei ao carricho del sen cumprimentos.

- Déixame facer a min, que me dá a espiña que teño mellor tino.

Hai cousas que non se esquecen e había que ollarme na brincadeira! O barallocas miraba,

vaia si miraba con aqueles ollos birollos coma se me quixera papar...

Estabamos nos labores habituais das situacións semellantes, cando soou o timbre.

- Merda!, A miña neta!! Sal da miña cama, sal, veña, fóra, bule!!!

Como o tipo non se movía, aparvado, negando coa cabeza, facendo sinais para que non

abrise, belisqueino a esgalla pero o tipo parecía excitarse aínda mais con aquilo, trabeino a pedir de

boca e entón ouveou.

-Auuuuuuuuuuuuuuu!!

Alá fóra Carapu deu un chimpo, e rápida coma o lóstrego, buscou as chaves que hai

debaixo da planta. Deume tempo xustiño de botarlle unha colcha enriba a Feroz, apagar a luz e

lanzarme eu baixo a cama, sen ter claras as consecuencias destas decisións precipitadas.

“Vaia erro!”, pensei en canto me vin a min mesma baixo a cama, e Feroz entre as miñas

sabas, aínda a laiarse, pero sen deixar de exercitar movementos obscenos.

A miña filla é moralista e a miña neta non ten máis de doce anos de modo que me resultaba

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!