19.04.2013 Views

Fantasías eróticas para paspallás

Fantasías eróticas para paspallás

Fantasías eróticas para paspallás

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

A avoa, ou na cona da vella non manda ninguén

Son a avoíña por antonomasia, isto é, a avoa de Carapuchiña... Cambien de chip, por favor,

non caian no tópico de verme como a unha repoluda anciá, coas súas lentes pasadas de moda e

moño. Son unha muller independente, sa e forte. Son unha muller de curvas firmes e costas

flexibles, que usa botas de gore-tex, e camiña dez quilómetros ao día sen sinais de esgotamento.

Quedei viúva fai dez anos. O meu home e eu fomos felices, con altibaixos, e practicamos sexo

vigoroso ata a mesmísima noite da súa defunción (morreu de súpeto, o coitado). Sufrín a dor. Ao

principio atopeime desnortada (levaba tantos anos sendo media laranxa!) pero aos poucos fun

organizando a miña vida segundo as miñas propias apetencias, o cal non fora posible en todos estes

anos. Criei catro fillos, o finado do Manolo era un home familiar que se empeñou en encher a casa

de curmáns e sobriños. Pasei os trinta anos do meu matrimonio a cociñar, a limpar, a parolar e a

facer cocidos e filloas para todo can e gato que se achegaba á lareira. Unha vez enviuvada, decidín

cambiar de vida, gozar das miñas lecturas e dos meus paseos. Estaba farta de vivir rodeada de xente.

Os meus fillos creceron, algúns casaron e viven en Vigo e na Coruña, o mais vello tivo que

emigrar a Madrid, todos levan as súas vidas, de modo que decidín gozar estes anos que me quedan

en paz comigo mesma, co meu interior, o cal non pensen que é sinxelo, dada a tendencia a crer que

o que se illa é raro, enfermo ou caeu nunha terrible depresión. A miña filla Inés, a nai de

Carapuchiña, é a que está máis preto, vive en Quiroga, a uns dez quilómetros da miña vella casiña

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!