19.04.2013 Views

Fantasías eróticas para paspallás

Fantasías eróticas para paspallás

Fantasías eróticas para paspallás

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

estreliñas. Namorei como unha tola, como vulgarmente se di “caíanme as bragas”. A súa

proximidade facíame tremer e morría por estar entre os seus brazos.

A el gusteille tamén desde o principio, aínda que o seu estilo sexa dos que non o amosan,

non se vaia pensar que é débil. A Tarzán gústalle ir de tío duro pero eu, que nestes asuntos teño

bastante máis experiencia, estaba encantada vendo como se lucía ante min, rubindo aos troncos

máis esveltos, ou nadando feramente entre crocodilos. Sabíame desexada e el encantábame.

Babexaba observándoo, sorría coa súa presenza, pero de tanto darlle aos miolos, dinme de conta de

que algo non casaba.

- “Pode que sexa esa mona sempre colgada do seu ombreiro o que me causa un

rexeitamento“ dicía para min. Non me gustaba a mona Chita, pero por algún motivo desestimei a

súa importancia e centreime noutro factor que me chocaba: o taparrabos de entre as súas pernas.

Non tiña lóxica ningunha esa ridiculez moralista decimonónica. Se analizamos a vida do meu mozo,

quen o criou, cales foron os seus exemplos e directrices, o trapiño non concorda coa súa exquisita

educación selvática. As súas influencias máis importantes foron os colegas de Chita, monos

impúdicos festeiros que amosan sen vergoña os seus rabiños traseiros e dianteiros, así como os seus

espantosos cus... E el, o fortachón Tarzán, con ese espantallo agachando as partes nobres. Comecei

a observalo con suspicacia pese ao apampamento xeral que me causaba a súa proximidade e, con

todo, a afastarme do verdadeiro asunto perigoso que levaba inherente a miña relación con Tarzán.

nudistas”.

- “Este, ou ten algo que agochar, ou é un reprimido, dos que usan traxe de baño nas praias

Non me molestaba porque eu quixese ver máis aló do que se me amosaba, e non tivese

paciencia para esperar o que tan prezadamente gardaba o mozo, o certo é que tiña moita, moitísima

curiosidade, tanta, coma el poucas ganas de ensinar. Era o seu pudor o que chamaba a miña

atención. Había que ver o coidado que puña o homazo para manter sempre a tea de leopardo ben

apañada, que non deixase entrever unha migalla, poden comprobalo nas películas: xamais se lle

escapa un cilindrolo.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!