19.04.2013 Views

Fantasías eróticas para paspallás

Fantasías eróticas para paspallás

Fantasías eróticas para paspallás

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

propias mans.

- Achéguese, a miña enfermeira pode amosarlle os seus peitos, operados polas miñas

A madrasta de Brancaneves elevou as cellas, dando a entender que consentía a proposta do

doutor. A enfermeira, sen dubidalo un segundo, comezou a desabotoar a súa bata branca desde o

botón que tiña máis preto da súa gorxa. Miraba ao chan mentres o facía, nunha submisión que

parecía axeitada co médico e a elegante paciente mirándoa con ansiedade contida.

Eles non perdían detalle do que a moza ía amosando. Cando desabotoou o último quedou

estática, como esperando, elevou a mirada ao médico como pedindo permiso. Este, á súa vez,

dirixiuna cara á atractiva paciente. A madrasta non dubidou en actuar, achegouse á moza, tomou a

bata pola parte superior, deixou que esvarase polas costas ata que caeu ao chan. A enfermeira non

levaba roupa interior. O seu perfecto corpo de serea surrealista estaba asucado por cicatrices que

aseguraban a inmobilidade das súas carnes. A raíña achegouse á enfermeira impresionada co que

vía, era unha beleza estraña, case dolorosa.

- Parece unha estatua grega, coas vetas do mármore.

Achegou os seus longos dedos de uñas pintadas cor sangue e comezou a repasar todas esas

costuras. Empezou a percorrer ese mapa de fronteiras, por unha profunda que localizou detrás da

orella, a moza fixo un leve xesto de repulsa pero contívose e a madrasta seguiu a liña, que era

apenas perceptible por debaixo da mandíbula. Despois baixou e seguiu outro rego antigo que

dividía o baixo ventre da muller e se bifurcaba para o embigo. Tiña a pel de galiña. Subiu aos seus

peitos, estes amosaban unha leve marca vermella ao redor da auréola. Eran dúas mazás verdes de

pel brillante, máis firmes na punta que na base.

O cirurxián, que non perdía detalle do proceso tomou á enfermeira polos ombreiros e

obrigouna a voltearse. As costas da moza eran fráxiles e de pel case transparente, as súas nádegas

salientaban en altivez. A madrasta pasou a súa man polas curvas e comprobou a finura da pel e ao

tempo descubriu dúas raias mínimas azuladas, que bordeaban a parte inferior do traseiro. O cu era,

como as tetas, firme na punta e máis fláccido nas periferia. Era un fermoso traseiro feminino, ideal

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!