19.04.2013 Views

Fantasías eróticas para paspallás

Fantasías eróticas para paspallás

Fantasías eróticas para paspallás

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

pullóver morada, e con seriedade e firmeza do suxeitador, sen titubeos, sen disimular que a

indignaba obedecer ordes. Sempre era ela a que dicía:

- ”Ispe, saca o pantalón, amósame iso...”

Levaba saia tubo que lle marcaba os cadrís divinamente e elevados zapatos de tacón

negros. Resultaba tremendamente atractiva espida no torso, cinguida na súa metade inferior. A súa

figura era a dunha muller madurada en xarope, as súas carnes unha mestura entre firmeza e

brandura de cor pan de millo. Coas costas ben erguidas disimulaba que os seus peitos, con bicos do

peito perfectamente areolados, eran tetas con tendencia á baixa. Parece mentira que unha muller con

ese carácter de mil demos poida ser tan bela, que unha amargada rosmona e fungona poida ter os

trazos tan ben deliñados.

Unha vez ela se colocou como lle indicara, o cirurxián achegouse respectuoso, coa boca

chea de auga e os ollos brillantes.

- “Outro baboso máis”, pensou a madrasta.

O home, ignorante destes pensamentos para a súa persoa, achegou a súa man a unha desas

peras maduras e ergueuna, engurrando con dous dedos a parte baixa da pel. A cereixa da punta

púxose erecta coma un vimbio. Xa co peito na súa man, o cirurxián mirouna aos ollos e explicoulle

que habería que cortar por debaixo nunha fina liña, e logo un corte transversal ata o bico do peito,

eliminar a pel sobrante e volver a coser. Como dese xeito quedaría moi baixo, habería que

recolocalo tamén, subíndoo un par de centímetros. Faláballe desde moi preto e case bisbaba as

palabras. O médico explicaba, en evidente excitación, á súa paciente as características da operación

á que se tería que someter. Falaba e auscultaba a un tempo.

- Os seus peitos poderanse erguer uns dous centímetros, seica, depende do seu gusto”

Ela pegou un chimpo, pouco lle faltou para lle dar unha labazada de moito mimo.

- Entón quedarían tres cicatrices, unha bordeando a parte baixa do peito, outra sairía do

centro dese sinal ata o bico do peito, e, por último, unha rodearía a aréola? Ja!

- Así é- confirmou o cirurxián cun certo cinismo, mirándoa fixamente aos beizos.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!