19.04.2013 Views

Fantasías eróticas para paspallás

Fantasías eróticas para paspallás

Fantasías eróticas para paspallás

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

-Cale muller, que ninguén morreu por votar un “caniguay”!

Ao principio a miña nai apartouse de todos nos, avergoñada, pero de súpeto recobrou o

ímpeto propio da italiana caralluda que era e achegouse á gaiola.

-Rematou a leria! Xa non aturo mais!

Sen salientar colleu o rabo de Amedio e tirou del con tanto pulo que o mono baixou do

sétimo ceo de súpeto. Sen soltalo dirixiuse ao director:

-O mono queda aquí coa Chita que estache ben claro que estes dous queren casamento.

-Sí si, claro señora. Garda, abra a gaiola!

-Mamá, non quero que Amedio quede!!!

-Amedio queda coa súa dona, díxome sen dar pé a discusións. O meu compañeiro da

infancia sen dubidalo entrou na casa de Chita, arrexuntouse a ela e ollábame desde alí cunha

expresión de monicreque namorado. Amedio quedou no zoo e tivo familia numerosa, penso que foi

moi feliz . Eu quedei asolagado ao principio e dalgún xeito intuín o cambio radical que supón na

vida dun cando a chamada da natureza peta a porta, de xeito que fun moi remiso a deixar que petara

na miña.

Cando rematei a carreira mamá morreu. Coideina como un bo fillo na súa breve doenza, e

unha vez estivo enterrada, pensei deixar Arxentina. Comezou unha época de crise na que era difícil

atopar traballo, de maneira que non o pensei moito cando decidín volver á vella Europa onde se

supuña tería máis saídas laborais. Despedinme dos monxes, que tanto me axudaran, e partín rumbo

a Galicia cunha dirección en Santiago de Compostela, onde o pai prior aínda conservaba algúns

amigos.

Esta nova viaxe, a de retorno a Europa, (en voo chárter) foi máis sinxela ca a da miña

infancia e aos quince días de chegar, xa dispuña dun traballo mediocremente pagado nunha

corporación estética. Era o meu primeiro traballo como médico e afaneime en facelo ben.

Obsesioneime, empeñeime en ser o mellor médico estético e a miña carreira comezou vento en

popa. O meu traballo resultábame agradábel, estaba rodeado de mulleres fermosas que aspiraban a

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!