29.04.2013 Views

MaquetaciŠn 1

MaquetaciŠn 1

MaquetaciŠn 1

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

:.a casa galega.:

a casa labrega

O campesiño elixe o emprazamento da súa morada

en función dunhas condicións básicas necesarias

para o desenvolvemento da súa actividade agrícola.

O modelo de casa rural galega é a casa rectangular

terrea formada por un único espacio no que se materializan

a totalidade das funcións da casa-vivenda e

no que se atopan a lareira, o forno, os leitos e as

mesmas cortes pero tamén temos a casa con sobrado

e a casa con dous andares cun acceso exterior.

Na casa-vivenda hai dous núcleos básicos: unha

vivenda composta por unha cociña, unha sala e un

ou dous cuartos e unha serie de dependencias secundarias

que se funden con ela e forman un só corpo,

como son os alpendres para gardar os carros e os

apeiros de labranza; o palleiro; a adega na que se

garda o viño da colleita; o poleiro das pitas.

A vivenda labrega é o resultado dunha economía

pechada na que podemos atopar a práctica totalidade

das actividades do proceso-producción –consumo

familiar. Nela atopamos áreas de almacenamento

(hórreos, palleiros...), de producción artesanal ( teares,

fraguas...) mesturándose incluso diversos procesos

productivos como o cultivo do millo, da uva ou a

cría do gando. Na eira podemos atopar o hórreo, as

parras, a palleira, o pozo da auga.

casa mariñeira

A casa –vivenda do pescador, polo xeral, situada no

interior dun compacto núcleo de edificacións conta

cunha reducida superficie.

Neste modelo de casa desaparecen as dependencias

utilizadas no ámbito rural para o coidado do gando

e aparece un novo compartimento que é o almacén

no que se gardan as redes, os remos e o resto de trebellos

de traballo do mariñeiro.

Un elemento común da arquitectura mariñeira son

os soportais que eran realizados nunhas ocasións a

maneira de pórticos abovedados soportados por

arcos de pedra e noutras por medio de columnas e

trabes de pedra de gra que soportan espléndidos

corredores de madeira.

O soportal en ocasións utilizado co único obxecto de

gardar da chuvia os útiles de pesca, deu lugar en

moitos casos a magníficos claustros que, ó longo das

rúas dos pobos, preservan ós transeúntes da chuvia e

do sol.

Permanente complemento do soportal nas estreitas

fachadas das casas mariñeiras é un balcón, ou corredor

de madeira, apoiado en fortes canzorros de

pedra, case sempre existente sobre el e utilizado con

frecuencia para secar as redes.

16

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!