29.04.2013 Views

MaquetaciŠn 1

MaquetaciŠn 1

MaquetaciŠn 1

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

“O camiño de Santiago é unha experiencia

inesquecible pola súa paisaxe, pola xente

que coñece, e como non, polo ben que o

pasas andando cos amigos.”

:. Fixemos o Camiño de Santiago .:

::Camiño de Santiago

O fermoso día, tres de maio, saímos cara a Santiago os alumnos

de 4º ESO e 1º de Bacharelato, para facer a pé o último

treito do camiño francés.

Comezamos poñendo os panos espantosos, que tiñan que distinguirnos

entre os alumnos dos outros institutos; fixemos a foto

de rigor para lembrar como eramos antes de que a camiñada

nos desfixera e dirixímonos a Arca. Alí xuntámonos cos outros

institutos que participaban con nós. Os de Protección Civil

mandaron ir diante ós de Porto do Son, porque xa sabían o

camiño.

Comezamos a andar, ó principio era un abafo, pois dabas un

paso e pisabas ó de diante, ou o de atrás pisábate a ti, pero despois

fómonos separando e o camiño facíase máis aturable.

Iamos falando, escoitando música e a algún que lle deu por

cantar sen parar para romperlle a cabeza ós compañeiros.

Coñecemos xente doutros institutos e mesmo algúns tiñan folgos

para dicir cumpridos ás mociñas que atopabamos.

Parecían moitos km, pero fixéronse pronto polo ritmo tan forte

que levabamos (sobre todo para os que non estabamos afeitos a

esas camiñadas) e tamén pola ilusión. O peor eran as costas

arriba (non vexas como cansaban) pero aínda así adiantamos a

algúns peregrinos, iso si ós xubilados.

Andamos case 16 km seguidos, paramos no monte do Gozo

para comer, os que aínda tiñamos bocadillo, pois algúns xa o

comeran antes. Cando xa iamos chantarlle o primeiro bocado á

comida, veñen as profesoras a dicirnos que o albergue onde

tiñamos que comer quedaba máis abaixo; desde alí xa se vía a

catedral,e era emocionante.

Repostas as forzas partimos cara a Catedral e xa vemos a súa

maxestosidade. Levaríanos hora e media porque para cruzar as

estradas agardabamos polos outros institutos para non parar

seguido o tráfico.

Cando entramos na catedral o cansazo converteuse en ledicia.

Na misa o cóengo dixo algo moi gracioso: “espero que aprobedes

todas”, e Teresa lembrou que el mesmo a suspendera a ela.

O máis gracioso foi oír a Saborido dicir a misa canda o cura.

Os compañeiros que ían ler as ofrendas apartaron a cabeza a

tempo, pois o botafumeiro case llela arrinca.

Ó día seguinte tiñamos maniotas, pero non nos arrepentimos

nada porque foi unha experiencia moi grata, aínda que algún

se queixase de que non sentía as pernas ou de que se lle movían

soas.

Ninguén de nós, relixioso ou non, esquecerá xamais a emocionante

viaxe.

* Os alumnos peregrinos de 1º de Bach. e 4º de E.S.O.

::A suor do camiño

Os amigos, as amigas, o duro trafego de andar por camiños

rurais cheos de pequenas pedras; de asomarte ós fermosos carballos,

ós piñeiros que mentres camiñamos nos resgardan do

malhumorado sol dese día; coller un pao do chan para subir

esas costas, ¡ah!, e tamén ver a gran variedade de “pelegríns”

que proviñan de cidades moi afastadas da nosa amada Galiza.

A suor, que nos escorrega pola pel mentres nos achegamos pasiño

a pasiño ó centro de tódolos “cristiáns”; esa mesma suor que

nos limpamos mentres vemos pasar xente da nosa idade cunha

grande ilusión ¡chegar!

Mentres te achegas á unha da tarde e entras pouco a pouco no

22

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!