29.04.2013 Views

MaquetaciŠn 1

MaquetaciŠn 1

MaquetaciŠn 1

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

ó pé da lareira

:: San Lourenzo de Lousame

Hai unha lenda que di que se te deitas nas pedras

que hai nas covas de San Lourenzo no concello

de Lousame, pásanche as dores de barriga e de

costas . A estas pedras chámanlle “ as camas do

santos”, San Lourenzo e San Mamede.

Xocas Fernández,1º Bach –A

:: Os Mariño

Na fachada da igrexa de Lampón pódese

ver o escudo dos Mariño, os primeiros

habitantes da torre de Goiáns. Segundo

conta a lenda , o conde Froilán, moi afeccionado

á caza, acostumaba percorrer os

bosques no seu cabalo.

Unha mañá na ladeira próxima ó mar

divisou unha muller núa durmida.

Achegouse e viu que era unha fermosa

serea.

Levouna a vivir ó castelo, e dado que

proviña do mar, bautizárona co nome de

Mariña. Casaron e, pasado algún tempo,

naceu o primoxénito. A serea semellaba

muda, e os intentos de Froilán por conseguir

que falara foran inútiles.

Na noite de San Xoán cando, Mariña pre

senciaba o espectáculo ante a fogueira;

Froilán arrincou o fillo do colo da nai e

finxiu botalo ás lapas. Dona Mariña púxose

en pé e por primeira vez escoitaron a

súa voz; por iso lle chamaron ó fillo Xoán.

O.T.L.*

:.lendas.:

Antes de que houbera tele eran

os vellos os que coas súas historias

nos entretiñan con contos,

romances, cancións e

sobre todo historias de mortos,

de aparecidos, da Santa

Compaña... pero a tele foinos

roubando o tempo para escoitalos.

Amosámosvos aquí un anaquiño das

cousas que nos dixeron os avós.

Animámosvos a que llas contedes

ós vosos maiores, veredes como

eles vos contan outras que xa

case esqueceran.

:: A febre amarela

Meu avó contoume unha historia que disque ocorreu na aldea

de San Isidro hai moito tempo, cando a fame, a falta de hixiene,

e as enfermidades eran bastantes frecuentes. Unha das enfermidades

máis temidas era a “febre amarela”, que podía deixar o

doente inconsciente durante moito tempo.

Unha moza que sufría esta enfermidade quedou dunha vez

inconsciente moito tempo e os pais, crendo que estaba morta,

decidiron enterrala.

Despois do funeral, o sancristán que andaba por alí, escoitou

uns berros dentro do panteón no que estaba a rapaza. Asustado

fuxiu correndo, pero ó día seguinte avisou ó cura.Toda a pa

roquia foi desenterrar o cadáver para saber se o que dicía o sancristán

era certo, e érao. No cadáver apreciábanse sinais de que

intentara saír da caixa; a moza espertara

e morrera pola falta de osíxeno.

Tras este terrible suceso, decidiuse agardar vintecatro horas

despois de morrer, antes de soterrar o cadáver.

Martín Míguez Ríos 3º-B*

:: A princesa do Barbanza

En tempos da conquista romana chegaron ó Barbanza tropas

que puxeron en alerta ós celtas de Touta. Despois de moitas

loitas, os romanos pagaron a un traidor e lograron coller prisioneira

a filla do rei de Touta. A cambio da súa liberdade

pedían un rescate en ouro e que deixasen as armas. Ó

rendérense os celtas, os romanos soltaron a princesa pero

cortáronlle os peitos.

Cóntase que desde entón, o río Barbanza antes de chegar ó

mar, berra forte facendo un ruído semellante ó que fan as

armas ó caer ó chan.

Inés García Lojo 1ªBach B*

2

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!