29.04.2013 Views

MaquetaciŠn 1

MaquetaciŠn 1

MaquetaciŠn 1

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

San Brais: avogado da garganta. Na misa do San Brais hai que

levar galletas ou pan para bendicilos, logo tómanse todos os días en

xaxún.

San Bieito: avogado das verrugas. O cura bendí un aceite para que os

:.santos milagreiros

na tradición Galega.:

devotos mollen un pano nel. O pano pásase polas verrugas e logo

quéimase ou déixase a secar nunha silveira ou árbore ó lado

da capela.

Santa Rita: avogada das causas imposibles. Hai que levar rosas a bendicir

e déixanse secar na habitación.

Santa Bárbara: rézaselle para calmar as tormentas.

Santa Bárbara bendita,

que no ceo estás escrita.

Líbranos dos malos raios,

bótanos auga bendita.

Nosa señora da Candeloria: é o día das candeas, o día que casan os

paxariños .

San Pancracio: pídeselle saúde e traballo; pásaselle unha moeda polo

dedo ou unha rama de perexil por debaixo do brazo.

Nosa Sra. Das Cabezas: cura as dores de cabeza.

San Antón: as mulleres solteiras ofrécenlle esmola para que lles conceda

un noivo.

Sta.Clara: As noivas lévanlle ovos para que o día da súa voda faga bo

día.

San Lázaro: avogado das feridas.

San Roque: cura as enfermidades da pel.

Santa Lucía: cura as enfermidades da vista.

Virxe do Loreto: coida o fogar; por iso a santa aparece enriba da súa

casa.

ata a barriga,e agardan sete ondas do mar.

Virxe do Carme:

protexe os mariñeiros.

San Ramón: as

embarazadas

pídenlle un fillo

varón.

Nosa Sra. das

Mercedes: pídenlle

un parto bo.

Nosa Sra. da

Lanzada: van as

mulleres que non

poder ter fillos. Ó

amencer vístense

con algo branco,

métense na auga

O Nazareno: celébrase o terceiro domingo de setembro na Pobra do

Caramiñal. Cura todas as enfermidades; as persoas que estiveron en

perigo de morte levan na procesión un ataúde.

A Virxe da Barca: celébrase en Muxía. Conta a lenda que algunhas

rochas dos arredores da capela son restos da barca na que chegou a

Virxe:

-A pedra dos cadrís(casco da barca). Cura a dor de cadrís se se pasa

por debaixo.

- A pedra de abalar (era a vela do barco). Só abala se hai enriba

alguén puro.

- A pedra do temón, ten unha cavidade na que se mete a cabeza para

curar a dor.

Virxe dos Milagres de Amil:cura moitas enfermidades.

San Campio: saca o mal de ollo e as envexas.

San Salvador: o santo que cura a acne.

San Amaro: cura as dores de barriga; celébrase na parroquia do

Lampón.

Virxe do Corpiño:cura os males de cabeza e o mal de ollo.

6

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!