29.04.2013 Views

MaquetaciŠn 1

MaquetaciŠn 1

MaquetaciŠn 1

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

“Se unha enfermidade é exclusivamente africana e as persoas

que a sofren non teñen medios económicos, é unha firme candidata

a ser esquecida.”

Segundo Autoguía a investigación é mínima:

“A tripanosomiase (enfermidade do sono), a oncocircose ( cegueira

do río), a noma e outras enfermidades, están nunha lista de

patoloxías ás que non se lles presta atención. Non hai investigación

e os tratamentos dispoñibles son moi caros, o que provoca

unha alta mortandade entre os afectados.”

A aparición dalgúns casos de enfermidades tropicais en Europa

está cambiando a percepción do vello continente; “aínda que

para conseguir avances hai que achegar equipos de investigación

ás áreas rurais afectadas, con máis medios e establecendo contacto

cos médicos da zona, porque non hai vacina nin expectativas

de que se vaia crear nun futuro.”

O alarmante rexurdir da enfermedade do sono, require que a

comunidade internacional reaccione, o mercado fallou e as solucións

non van vir da industria privada

tratamentos contra a enfermidade do sono

Algúns dos medicamentos máis antigos que se viñan utilizando

durante anos, resultan agora menos efectivos debido ó aumento

da resistencia ou mesmo xa se deixaron de fabricar porque non

son rendibles.

Os tratamentos máis novos, ou ben están fóra do alcance dos

petos dos pacientes, ou non están dispoñibles porque os fabricantes

non os encontraron o suficientemente rendibles e abandonaron

a súa fabricación.

suramina sódica

A producción de S.S., utilizada na 1ª fase, estivo a punto de ser

abandonada en varias ocasións, nas que a comunidade sanitaria

internacional viuse obrigada a intervir e asegurar ás empresas

productoras unha cantidade mínima de vendas.

pentamidina

Utilizada dende 1950, deixouse de fabricar, quedando actualmente

só algúns lotes soltos; pero o seu prezo esta fóra do alcance

das persoas afectadas en África.

A súa administración resulta moi dolorosa, xa que o líquido é tan

ácido que corroe os vasos sanguíneos; por iso cada inxección

debe darse nunha vea diferente.

melarsoprol

É un derivado do arsénico. O tratamento é moi doloroso, moitos

dos pacientes presentan graves efectos secundarios (mesmo leva

á morte a 9 de cada 10 pacientes). O curso completo do tratamento

custa 50 dólares.

efornitina

É un medicamento menos tóxico, con menos efectos secundarios

e que resulta efectivo en pacientes que non responden ó

Melarsoprol.

O prezo do tratamento é de 210 dólares polo que se deixou de

fabricar en 1995 ó non resultar rendible.

Na actualidade, o sector farmacéutico privado non está levando

a cabo ningunha investigación ó respecto. Quizais haxa un

pouco máis de esperanza das mans da industria dedicada á beleza,

xa que Guillete, a das maquiniñas de afeitar, está investigando

a PENTAMIDINA, que ten un principio activo capaz de

retardar a aparición de peluxe. Se as investigación son satisfactorias,

poida que se volva a producir.

Santiago Resúa, 1º bach.

Departamento de Filosofía

40

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!