:.horóscopo.: CAPRICORNIO (22 dec.- 20 xan.) Amor: Este mes non mollas, segue buscando Amigos: Coidado coas persoas nas que confías, puñalada trapeira!! Casa: Traballa como un escrav@, serás recompensad@. $: Mal mes, espera ó seguinte. Estudios: En setembro a repasar!! CÁNCER (22 xuñ.- 22 xull.) Amor: Un bo mes para decisións importantes Amigos: Estás rodeado de boa xente Casa: Nese lugar viven máis que as túas mascotas, tes pais!! $: A última vez que fuches de compras, hai moito, moito tempo!! Estudios: Segue así!! ACUARIO (21 xan.- 18 feb.) Amor: Por agora non sabes o que é, tardarás en sabelo Amigos: Tes que ser máis tolerante, pero tampouco deixes que se rían de ti Casa: A túa casa non é a Cachada, hai que pasar máis pola casa!! $: Levas tanto tempo sen eles, que aínda pensas nas pesetas. Estudios: Será ó único que lle prestas atención. LEO (23 xul.- 22 ago.) Amor: Se tes parella, sorprenderaste do cambio que teredes na vosa relación .Senón, haberá alguén que che reclame. Amigos: Failles caso, non che fallarán. Casa: Confíalles as cousas ós que te aprezan, será o mellor que poidas facer. $: Andas sobrad@, pero non te confíes Estudios: Esfórzate, que despois veñen as sorpresas. LIBRA (22 set.- 22 out.) Amor: Este mes pode pasar. Amigos: Non te fíes nin un pelo, hai xente moi falsa!! Casa: Pódeste esforzar máis con teus pais. $: Nin para pipas!! Estudios: B ou V, esa é a túa cuestión. TAURO (21 abr.-20 mai.) Amor: Que che puxeron os cornos!!, tampouco é para tanto. Amigos: Terás un bo apoio neles. Casa: Sae máis dela. $: Andas ben. Estudios: Segue así. XÉMINIS (21 mai.-21 xuñ.) Amor: Non sigas xogando ou quedarás para vestir santos. Amigos: A tensión pálpase no ambiente, moita falsidade!! Casa: Sé honest@ coa familia, mentir non é bo. $: Traballa se os queres!! Estudios: Andas algo froux@. SAXITARIO ( 22 nov.- 22 dec.) Amor: Algún día encontraralo. Amigos: Estarás moi ben con eles. Casa: Failles máis caso. $: Se segues así faraste de ouro. Estudios: Moi ben! Este ano moto! PISCIS (18 feb.- 20 mar.) Amor: Tes unha boa racha, pero todo o que sobe baixa Amigos: Controla as amizades, non todas queren o mellor para ti Casa: Pasa máis tempo coa familia, axudaranche. $: Estás ben de cartos, pero fai falla un extra para fin de mes. Estudios: Abre os libros antes de que remate o curso. ARIES (21 mar.- 20 abr.) Amor: Es pésim@ ligando. Amigos: Aclárate, porque eles van cansar de que xogues con eles. Casa: Canto máis tempo fóra, menos bullas. $: Reparte o que tes, que non caen do ceo. Estudios: Sen comentarios... ESCORPIO ( 23 out.-21 nov.) Amor: Ten coidado que pinchas! Amigos: Sorprenderate. Casa: Non debes tratalos así ,no fondo quérenche . $: Como non apertes o cinto, véxocho difícil . Estudios: Mételle caña ás mates. VIRGO (23 ago.- 21 set.) Amor: Non te desesperes, din que todos teñen a súa media laranxa. Amigos: Aprende a perdoar!! Casa: Non che irá mal, normal!! $: Insolvente!! Estudios: Vas ben, pero podes mellorar. 48
ÍNDICE O PÉ DA LAREIRA 1 NOVOS CREADORES 7 A VOLTAS COA LINGUA 9 LETRAS GALEGAS 12 COÑECEMOS 16 SABÍAS QUE...? 19 LEMBRAMOS 20 RECOMENDÁMOSCHE 33 SUXERENCIAS Á CARTA 34 QUEREMOS SABER 35 ENREDOS-HUMOR 44 49