29.04.2013 Views

MaquetaciŠn 1

MaquetaciŠn 1

MaquetaciŠn 1

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

obra barroca que se eleva diante da catedral. Ten tres corpos

moi ornamentados, rematados en triángulo. Detrás dos laterais

érguense dúas esveltas torres xemelgas que completan a fachada.

Detrás do Obradoiro consérvase intacta a inmensa catedral

románica, visitada por milleiros de peregrinos.

Pórtico da Gloria

É unha das máis valiosas da arte románica universal, foi realizada

no séc.XII polo Mestre Mateo. Na columna do parteluz,

ós pés do apóstolo Santiago as mans dos peregrinos deixaron a

pegada do seu saúdo. Na parte interior do pórtico atópase o

santo dos Croques ó que se rendía culto (desde este ano está

prohibido) a cabezada limpa, pois segundo a lenda así contáxiase

o talento do xenial Mestre Mateo.

Botafumeiro

Xigantesco incensario prateado que se colga da bóveda do cruceiro

e que moven oito homes.

Altar maior

Sobre el atópase a imaxe de Santiago do séc.XIII. á que os

peregrinos bican o manto. Na cripta situada baixo o altar atópase

unha urna de estilo romano-bizantino, que garda as reliquias

do Apóstolo e dos seus discípulos Teodoro e Atanasio.

Porta Santa

Foi construída no 1611 por Fernández Lechuga, aproveitando

estatuas de profetas e patriarcas do antigo coro do Maestro

Mateo. Só se abre nos anos santos.

Torre do reloxo construída a finais do séc.XVII por Domingo

de Andrade.

Ó.T.L., 1º bach

::Historia do camiño

O fillo do Trono

Os primeiros datos biográficos do Apóstolo Santiago proceden

fundamentalmente dos evanxeos.Sabemos que era fillo do

Zebedeo e de Salomé e irmán de Xoán o Bautista.O oficio

familiar era a pesca, Xesús elixiu os seus catro primeiros discípulos:

Pedro, Andrés ,Santiago e Xoán.

Santiago amósasenos como un home de carácter vehemente,

apaixonado e impulsivo. Recibe fortes reprimendas de Cristo,

que lle pon o sobrenome de Bonaerge, “fillo do trono”

A orixe dunha tradición

As continuas guerras obrigaron ós cristiáns a manter agochadas

as reliquias de Santiago, protexidas e custodiadas, ó parecer por

ermitáns do lugar.

O descubrimento do sepulcro do apostólico, podémolo situar ó

redor do ano 820. Conta a tradición que un ermitán, de nome

Paio, que vivía no lugar de Solovio (onde está situada a igrexa

de San Fiz de Solovio, na Compostela actual), no bosque

Libredón, observou durante varias noites sucesivas uns resplandores

ou luminarias misteriosas que semellaban unha chuvia de

estrelas sobre un montículo do bosque.

Paio, abraiado por estas

visións, presentouse

perante o bispo

Teodomiro para comunicarlle

o feito. Ante a

insistencia do ermitán. O

bispo dirixiuse ó lugar e

el mesmo puido contemplar

o fenómeno; entre a

mesta vexetación, atoparían

un sepulcro de pedra

no que repousaban tres

corpos, identificados

como o de Santiago o

Maior e os seus discípulos

Teodoro e Atanasio.

O primeiro relato conservado sobre o descubrimento é a

Concorda de Antealtares, de 1077.

O Camiño de Santiago está marcado na Vía Láctea porque

indica ó camiñante a dirección a Compostela, o que levou a

referirse a esta ruta como o Camiño das Estrelas.

Julián Torrado 3º -B

As cunchas de Santiago

Despois de que Santiago fose degolado, os seus discípulos puxeron

o seu corpo nunha barca. Navegando chegaron ás costas de

Galicia e a un lugar onde había unha festa polo casamento de

fillo do señor. Cómo había unha voda, bafordábase (ir galopando

mentres arroxaban a lanza e vólvese a coller sen que caia ao

chan).Un dos que bafordaban era o noivo que de repente viu

como o seu cabalo se dirixía ó mar e se mergullaba. Ó chegar á

barca, o cabalo e o cabaleiro saíron sen dano das augas.

Ó volver á terra viron que tiña os vestidos e o sombreiro

cubertos de vieiras. A partir de entón todos os peregrinos que

van a Santiago levan a cuncha de vieira.

Inés García 1º Bach-B

24

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!