29.04.2013 Views

MaquetaciŠn 1

MaquetaciŠn 1

MaquetaciŠn 1

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

ó pé da lareira

:: San Lourenzo de Lousame

Hai unha lenda que di que se te deitas nas pedras

que hai nas covas de San Lourenzo no concello

de Lousame, pásanche as dores de barriga e de

costas . A estas pedras chámanlle “ as camas do

santos”, San Lourenzo e San Mamede.

Xocas Fernández,1º Bach –A

:: Os Mariño

Na fachada da igrexa de Lampón pódese

ver o escudo dos Mariño, os primeiros

habitantes da torre de Goiáns. Segundo

conta a lenda , o conde Froilán, moi afeccionado

á caza, acostumaba percorrer os

bosques no seu cabalo.

Unha mañá na ladeira próxima ó mar

divisou unha muller núa durmida.

Achegouse e viu que era unha fermosa

serea.

Levouna a vivir ó castelo, e dado que

proviña do mar, bautizárona co nome de

Mariña. Casaron e, pasado algún tempo,

naceu o primoxénito. A serea semellaba

muda, e os intentos de Froilán por conseguir

que falara foran inútiles.

Na noite de San Xoán cando, Mariña pre

senciaba o espectáculo ante a fogueira;

Froilán arrincou o fillo do colo da nai e

finxiu botalo ás lapas. Dona Mariña púxose

en pé e por primeira vez escoitaron a

súa voz; por iso lle chamaron ó fillo Xoán.

O.T.L.*

:.lendas.:

Antes de que houbera tele eran

os vellos os que coas súas historias

nos entretiñan con contos,

romances, cancións e

sobre todo historias de mortos,

de aparecidos, da Santa

Compaña... pero a tele foinos

roubando o tempo para escoitalos.

Amosámosvos aquí un anaquiño das

cousas que nos dixeron os avós.

Animámosvos a que llas contedes

ós vosos maiores, veredes como

eles vos contan outras que xa

case esqueceran.

:: A febre amarela

Meu avó contoume unha historia que disque ocorreu na aldea

de San Isidro hai moito tempo, cando a fame, a falta de hixiene,

e as enfermidades eran bastantes frecuentes. Unha das enfermidades

máis temidas era a “febre amarela”, que podía deixar o

doente inconsciente durante moito tempo.

Unha moza que sufría esta enfermidade quedou dunha vez

inconsciente moito tempo e os pais, crendo que estaba morta,

decidiron enterrala.

Despois do funeral, o sancristán que andaba por alí, escoitou

uns berros dentro do panteón no que estaba a rapaza. Asustado

fuxiu correndo, pero ó día seguinte avisou ó cura.Toda a pa

roquia foi desenterrar o cadáver para saber se o que dicía o sancristán

era certo, e érao. No cadáver apreciábanse sinais de que

intentara saír da caixa; a moza espertara

e morrera pola falta de osíxeno.

Tras este terrible suceso, decidiuse agardar vintecatro horas

despois de morrer, antes de soterrar o cadáver.

Martín Míguez Ríos 3º-B*

:: A princesa do Barbanza

En tempos da conquista romana chegaron ó Barbanza tropas

que puxeron en alerta ós celtas de Touta. Despois de moitas

loitas, os romanos pagaron a un traidor e lograron coller prisioneira

a filla do rei de Touta. A cambio da súa liberdade

pedían un rescate en ouro e que deixasen as armas. Ó

rendérense os celtas, os romanos soltaron a princesa pero

cortáronlle os peitos.

Cóntase que desde entón, o río Barbanza antes de chegar ó

mar, berra forte facendo un ruído semellante ó que fan as

armas ó caer ó chan.

Inés García Lojo 1ªBach B*

2

A castaña en agosto quere arder.

En setembro beber.

Das cereixas os figos son amigos.

Dos figos as cereixas

aínda me darás queixas.

En setembro come e vende,

mais non sexa tanto a vender

non quede que comer.

Outono a chegar, para de cebar.

:.refráns.:

En abril augas mil.

No día de San Martiño,

buxainas ó camiño.

Nunca choveu que non escampara.

Maio, maiolo,o mes que nunca vai só.

:.ditos populares.:

Cando

estabamos vivos andabamos

por estes camiños,

agora que estamos mortos

andamos tras dos

tortos.

O cura de Bastavales

morreu pola súa morte

E enterrado no palleiro

co braciño para o

norte.

Dilín, Dilín

pobre varredor

que varreu sen fin.

Ía andando a nai maila filla e

mirou a filla para atrás e díxolle

“Ai nai que negro estás? ”

e díxolle unha voz

“!anda,anda! máis negra está a túa alma”.

Santa Rita milagrosa

no adro de Sta.Rita

hei de plantar unha rosa.

Vale máis tarde que nunca.

A Deus rogando,e co mazo dando.

Auga que non has de beber,

déixaa correr.

Xente nova e leña verde,

todo é fume.

Non hai mal que por ben non veña.

Can ladrador, pouco mordedor.

Do mar o mero e da terra o cordeiro.

A todo porco lle chega o seu san

Martiño.

Ande eu quente e ría a xente.

Ceo apedrado, pan mollado.

Onde son , onde serán?

son de San Andrés de Cures,

daquela terriña chá.

Miña Santa Magdalena

miña Magdalena santa

as augas da túa fonte

curaron a miña gorxa.

San Mauro da Portela

outro San Mauro hai

no adro da Magdalena.

Susana González, 3º

Verónica Saavedra, 2ºB

Efrén Fajardo, 2º B

Damián Paz, 2º B

Martín Míguez, 3ºB

Julián Torrado, 3ºB

3

:.cantigas.:

Maruxiña dáme un bico,

heiche de dar un pataco

non quero os bicos dos homes

que me cheiran a tabaco.

E para que non digas

que tal e que cal

que foi ou non foi

que tal que sei eu.

Eu alá non fun

ela aló non veu

nin eu llo pedín

nin ela mo deu.

Vexo dende Taragoña

Vilagarcía e Vilaxoán

vexo a costa de Rianxo

vexo a casiña de Castelao.

Vexo a barca do meu home

pola ría entrar,ven de pescar.

Déixame baixar axiña

que o meu mariñeiro,está a entrar.

:.canción para durmir a un neno.:

Ruín Pedro Chosco

Que non queres vir

Para estes olliños

Que queren durmir.

Heiche dar meniño, unha nube branca

Que para ti teño gardada na arca.

Se me dormes pronto tamén che darei

Os catro cabalos dos fillos do rei,

As sete estreliñas do carro dos ceos

E as lúas noviñas que gardo nos seos,

Un galo que baila e un año que canta,

Unha árbore de azucre e un anxo de prata,

Un mar pequerrecho que teño escondido

Con cen mariñeiros de branco vestidos…

O bo Pedro Chosco

Xa comeza a rir.

Pobres meus olliños,

non os podo abrir!

O malo Pedro Chosco

Comeza a chegar,

Ladrón destes ollos

Que me vén roubar.

Madrugada de San Xoán

madrugada máis agarriña

que baila o sol cando nace

e ri cando morre o día.

Por ser noite de San Xoán

noite de encanto e bruxas

por ser noite de San Xoán

téñoche medo, Maruxa.

Quedei de ir mais hei de ir

á lumieira de San Xoán

chamuscar chamuscareime

mais non me quero queimar.

Salto por riba

do lume de San Xoán

para que non me trabe

cadela nin can.

San Xoán pediulle a Cristo

para que non o adormentase

ver bailar o sol

o día da súa romaxe.

Rebeca Sieira de 2º A e Verónica Saavedra de 2º B

Esta canción foi recollida por Laura Romero de 2º de eso

A. Cantoulla a súa avoa de 73 anos.

4

:.os curadores.:

O curandeiro: é un home que trata todo tipo de enfermidades

tanto en persoas como en animais, os seus procedementos

son naturais (augardente, camisas de cobra...) preparados

por el mesmo; ás veces acompáñaos con ensalmos. Este

poder pode ser herdado ou transmitido por outro curandeiro.

Cando é unha muller chámaselle sabia. A diferencia entre

curandeiro e menciñeiro é que este utiliza medicina máxica e

o curandeiro só elementos naturais.

A bruxa: o termo é desprezativo por estar especializada en

facer o mal e nunca o ben, ten poderes sobrenaturais gracias

a pautos co demo. Coñécense lugares (Sevilla e o areal de

Areas Gordas, en Cangas) nos que se celebran noites de bruxas;

alí reúnense co demo que se presenta en forma de godallo.

A meiga: é un ser ambiguo que ten poder sobre o ben ou o

mal; pode ser moi relixiosa ou ter pautos co demo. Entre os

seus poderes está botar o mal de ollo ou meigallo.

Boa muller: Son persoas normais, do lugar que saben remedios

específicos para curar unha doenza. Por exemplo as

úlceras cúranas cun composto feito de sal, carbóns do lar e o

seguinte ensalmo :

Lázaro, ¿que fas nesta peña?

Estou aquí para a úlcera sanar,

Lázaro, ven á casa.

Busca: tres areíñas de sal,

Tres carbóns do lar,

e auga da fonte termal.

Esta úlcera ha de pasar,

Primeiriño polos pes,

E despois pola cabeza,

Para que este mal non creza,

e desapareza.

A carteira (cartuxeiras, baralleiras, naipeiras,...): adiviña o

futuro coas cartas.

O espiritista: ten o poder de comunicarnos a través de si cos

espíritos dos mortos.

:.remedios caseiros.:

* Para a gripe: especialmente para a tose, férvese auga con ourego e

figos, tamén serven uvas pasas.

Para a dor de cabeza: é bo o café con limón, ou poñer rodelas de pataca

na cabeza.

* Para a reúma: comer allos crus.

* Para endurecer os osos e as unllas: poñer un ovo nun vaso cheo de

zume de limón, deixalo corenta e oito días, quitar o ovo e beber o limón

(mellor non probedes).

* Para a dor de barriga: infusións de herba luísa, ou poñer na barriga

ruda frita envolta en papel castaño.

* Para a dor de estómago dos nenos: untarlles graxa de carneiro.

* Para a dor de garganta: tomar caldo de leituga.

Lidia, 3º B

Compostor: É un home, a súa

función é compoñer ósos, utiliza

elementos naturais como aceite,

vinagre, augardente... O oficio

transmítese de pais a fillos. Non

cobra.

Arresponsador: espanta os lobos

cun responso.

Saudador: ten poder de curación

por unha fada de nacemento. Son

os sétimos ou novenos, entre

irmáns que son todos homes ou

todas mulleres. Sábese que é un

saudador por sinais que ten no

corpo ou se nace en Venres

Santo. Curan impoñendo as

mans ou botando o alento na

parte enferma.

Pastequeiro: cura o meigallo.

Médico bruxo: é un médico titulado

que só utiliza herbas preparadas

por el mesmo. Están especializados

nas enfermidades da

pel.

En Galicia é tradicional

ademais

de asistir ó

médico pedir

unha “ segunda

opinión” dun

curandeiro,

dunha meiga,

dunha sabia...

En último caso

quédanos a axuda

dos santos milagreiros.

Vedoiro: persoa que en vez de ser bautizada co óleo dos vivos

foino co óleo dos mortos. De adulto sabe quen vai morrer,

onde está a alma de cada morto e ve a Santa Compaña.

Corpo aberto: é o actual mancubista, curador que utiliza os

procedementos da macumba. Fúndase en que o espírito pode

posuír a unha persoa producíndolle unha enfermidade; cura

pasándolle ese mal a un animal.

5

San Brais: avogado da garganta. Na misa do San Brais hai que

levar galletas ou pan para bendicilos, logo tómanse todos os días en

xaxún.

San Bieito: avogado das verrugas. O cura bendí un aceite para que os

:.santos milagreiros

na tradición Galega.:

devotos mollen un pano nel. O pano pásase polas verrugas e logo

quéimase ou déixase a secar nunha silveira ou árbore ó lado

da capela.

Santa Rita: avogada das causas imposibles. Hai que levar rosas a bendicir

e déixanse secar na habitación.

Santa Bárbara: rézaselle para calmar as tormentas.

Santa Bárbara bendita,

que no ceo estás escrita.

Líbranos dos malos raios,

bótanos auga bendita.

Nosa señora da Candeloria: é o día das candeas, o día que casan os

paxariños .

San Pancracio: pídeselle saúde e traballo; pásaselle unha moeda polo

dedo ou unha rama de perexil por debaixo do brazo.

Nosa Sra. Das Cabezas: cura as dores de cabeza.

San Antón: as mulleres solteiras ofrécenlle esmola para que lles conceda

un noivo.

Sta.Clara: As noivas lévanlle ovos para que o día da súa voda faga bo

día.

San Lázaro: avogado das feridas.

San Roque: cura as enfermidades da pel.

Santa Lucía: cura as enfermidades da vista.

Virxe do Loreto: coida o fogar; por iso a santa aparece enriba da súa

casa.

ata a barriga,e agardan sete ondas do mar.

Virxe do Carme:

protexe os mariñeiros.

San Ramón: as

embarazadas

pídenlle un fillo

varón.

Nosa Sra. das

Mercedes: pídenlle

un parto bo.

Nosa Sra. da

Lanzada: van as

mulleres que non

poder ter fillos. Ó

amencer vístense

con algo branco,

métense na auga

O Nazareno: celébrase o terceiro domingo de setembro na Pobra do

Caramiñal. Cura todas as enfermidades; as persoas que estiveron en

perigo de morte levan na procesión un ataúde.

A Virxe da Barca: celébrase en Muxía. Conta a lenda que algunhas

rochas dos arredores da capela son restos da barca na que chegou a

Virxe:

-A pedra dos cadrís(casco da barca). Cura a dor de cadrís se se pasa

por debaixo.

- A pedra de abalar (era a vela do barco). Só abala se hai enriba

alguén puro.

- A pedra do temón, ten unha cavidade na que se mete a cabeza para

curar a dor.

Virxe dos Milagres de Amil:cura moitas enfermidades.

San Campio: saca o mal de ollo e as envexas.

San Salvador: o santo que cura a acne.

San Amaro: cura as dores de barriga; celébrase na parroquia do

Lampón.

Virxe do Corpiño:cura os males de cabeza e o mal de ollo.

6

:.o máis alá.:

Os nosos maiores, avós e avoas , encargábanse de asustar

ós pequenos con historias de medo protagonizadas polo

lobo , a Santa Compaña, o Urco, e mesmo lendas, contos

que eles mesmo sufriran na súa nenez. Así falaban da

morte:

A morte ás veces chega sen avisar, outras veces aparece

en forma de espírito, ou vense luces. Din que antes de

morrer, pásache a vida por diante dos ollos, podes escoitar

ouvear un can, ou ver sombras na escuridade dentro

da casa, escoitar falar a moita xente e sen saber o que

din, cheirar a incenso ou velas, soñar con anxos, paxaros

petando nas ventás.

Dise que hai paxaros da morte, uns din que todos os

paxaros da noite son paxaros da morte, pero o máis é o

corvo ou o moucho.

O Urco ten moitas definicións : pode ser o inferno, un

paxaro ata un animal parecido a un tenreiro que ía

beber a escuma do mar, que levaba moitos cans con el. A

gran maioría di que é un monstro en forma de can , con

cornos pequenos e pelaxe escura, cun rabo acabado en

pelos de forma de pincel que deixa oír o seu ouveo cando

vai acontecer algunha desgracia ou algunha morte e

algúns que era unha especie de lobo que saía polos camiños

e tocaba a morte.

Antigamente cando alguén ía morrer facíanse os seguintes

ritos: ían poñerlle os sacramentos e dicíase un verso ou

frase para prolongar a súa vida; axeonllábanse; espertaban

os bebés e poñíanos de pé; levaban un farol e unha

campaíña, rezando pola rúa; persignábanse.

Polo son das campás sabíase o sexo do morto: se se daban

catro fortes era home, e se daban tres suaves, era muller.

Se era home tocábase unha campá grande e se era muller

a pequena Se a tocaba moi de présa era porque ía haber

outro morto.

Na preparación do cadáver o normal é que non puideran

levar nós feitos, por exemplo a gravata e os zapatos.

Levaban o traxe roto ou un hábito sen vestir para saírlle a

alma do corpo ou porque senón non entra no reino de

Deus.

Os mortos, os nosos vellos, obedecen . Non contestan

pero moven a boca coma se quixeran falar e axudan a

vestirse, e danche a man mentres están quentes .

No momento de preparar o cadáver poñíase sobre este

unha peza ou algún obxecto de aceiro ( unha tesoira, un

crucifixo )para que non se deformase máis ou inchase;

botábaselle sal e non debían levar aneis nin pendentes.

Nos velorios pasábase o tempo contando historias, tomaban

café , bebían coñac e rezaban e xogaban ás prendas.

No momento de acompañar ó morto cara á igrexa ,a

xente pechaba as ventás e as portas, ían de negro e rezaban

o rosario detrás do cortexo fúnebre formado pola

familia ,amigos e os veciños e logo acompañaban o cadáver

ata o camposanto onde era enterrado en panteón ou

sepultura. Cando se chegaba a unha encrucillada había

que persignarse e rezar. Nalgúns casos ó paso da comitiva

fúnebre os nenos eran levantados dos berces ou camas.

Había ritos se o defunto era novo: se era unha rapaza

nova levaba a roupa clara , de cores e se era mozo igual;

a xente choraba moito ; levábase moita pena e a misa

duraba 15 ou 20 minutos máis, e a caixa era branca.

Os motivos que os nosos vellos dan ó costume de botar

terra enriba do cadaleito son variados : desde ser o seu

último recordo, para

despedilo , para que

non cheire, ata simbolizar

o cariño da

xente cara ó morto.

Existe segundo os

maiores o aire do

morto que afectaba

ós rapaces pequenos

ou a unha

muller embarazada

se ían visitar ó

morto . Deste xeito

cando un bebé estaba

nun berce e

pasaba o cortexo

fúnebre tiñan que

levantalos senón collíaos o aire do defunto . Cando se

daba o caso a xente reaccionaba de diferentes modos :

uns seguían a tradición de ir xunta o Santo San Miguel

para limpalos do aire ou ían ás doce da noite ó cemiterio

e enriba da tumba facíase un rito; outros que se curaba

co fume dunha fogueira e outros que debían lavar os pés

con auga bendita e ramos de oliveira ou romeiro e

mesmo algúns indican que non tiña cura. Era unha enfermidade

que se caracterizaba por facer que os nenos non

comeran e estivesen fracos.

A xente cando chegaba do enterro á casa debía afumarse,

rezar o rosario, reunirse a familia, deixaban as portas

abertas, e ían rezar un Pai Noso á porta do defunto.

Ó celebrar o cabodano íase vestido de negro e viña a

xente á casa para ir todos xuntos á misa de aniversario.

Departamento de Galego 7

1

novos creadores

:.lémbrome de...:

Cando miña nai me comprou a primeira Barbie.

Cando quedei de segunda nunha regata.

Cando fun ó meu primeiro concerto.

Cando meu pai me mercou o casco e as botas de montar

a cabalo.

Do día 12 de febreiro ás 20: 20 horas.

Do día que fun a Manzaneda.

Do día que fun ó meu primeiro desfile.

Do meu primeiro bico.

Cando morreu un amigo meu.

Cando collín a miña primeira borracheira.

Da miña primeira comuñón.

Cando nos trouxeron a min e a miña irmá un canciño.

Do meu primeiro pesadelo.

Cando me tiveron que poñer puntos.

Cando miña nai me dixo que ía ter un irmán.

Da morte do meu avó.

Cando pedín unha irmá.

Cando repetín sexto.

Cando aprendín a nadar.

Cando me mercaron un cabalo.

Cando tiven a primeira moza.

Cando gañei o primeiro partido de fútbol.

Cando fun ó cine coas miñas amigas.

Do meu primeiro regalo de aniversario.

Da primeira vez que me regalaron un animal: un parrulo.

Do meu primeiro peluche que era un can enorme e ocupaba

a cama.

Cando miña nai me daba as boas noites.

Cando naceu meu irmán.

Cando probei o leite de soia.

Das cartas de colección que tiñan cheiro.

De miña madriña que me levaba a todas partes.

De cando me berraban as monxas.

De cando vía a Cabalgata de Reis e estaba morto

de medo.

Da primeira vez que vomitei.

Cando recibín a miña primeira malleira.

Cando me enterrei na neve.

Dunha tartaruga que afoguei no acuario.

Da primeira vez que vin fogos artificiais desde o meu

tellado.

Cando tiña envexa da miña irmá.

Cando coñecín a Efrén.

Dun amigo moi bo que tiven en terceiro.

Cando non deixaba de falar.

Cando perdía no deporte.

Cando iamos roubar un anaco de pan.

Cando facía trasnadas.

Cando empecei a ler.

Cando durmía coa lámpada acesa.

Cando empecei a escola e eu pensaba que miña nai quedaba

comigo.

Cando miña nai me obrigou a facer a cama por

primeira vez.

Cando eu elixín os deportivos que eu quería.

Cando fun pescar por primeira vez.

Do día que vin unha serpe longa e gorda.

Cando subía polas árbores.

Cando non quería andar en bici.

Cando Rosana tiña que comer plátanos e non os quería.

Cando choraba na gardería e me castigaban.

Cando coñecín a Ana , a bibliotecaria.

Cando esmagaba as uvas cos pés.

Cando me operaron de estrabismo.

Do pouco que me gustaba ir á gardería.

Da miña primeira bici con catro rodas.

Do frío que pasei en Andorra.

Cando me quedei soa cunha velliña en Portugal.

Cando casou miña irmá.

Cando cheguei á casa chorando porque me pegara

David.

Da primeira vez que fun a unha piscina.

Cando me deixaron sen comer por non querer xudías.

Da primeira vez que me picou unha faneca.

Da vez que f'un ver o rally de Noia.

Cando suspendía unha materia por primeira vez.

Alumnos e alumnas de 2º de ESO A e 2º ESO B

:.eu teño medo de...:

A non poder durmir.

Ás monxas.

A non poder espertar.

A non perder os meus medos.

A ir en barco.

A estar soa na rúa.

Á vertixe.

A perderme.

A non espertar dos pesadelos.

A que ninguén da familia me queira.

A que ninguén me apoie nos momentos difíciles.

Ó cemiterio pola norte.

A que perda o Barça.

A que marche Ronaldinho.

Ós dentistas.

Á xente que é capaz de todo.

Ás barras de pan cando me pega miña nai con elas.

Ás operacións.

A algunhas rapazas.

A miña avoa.

Ós trens que van a Madrid.

Ós sitios desertos.

Ós ascensores.

Ós armarios.

Cando pasa o vento polos meus pés.

A que á miña familia lle pase algo.

Á pitonisa Lola.

A que non saia o sol.

Ós exames de matemáticas.

A non coller moza.

Á enfermidade.

A ser grande.

A aquela xente que non ten medo.

Ó mar bravo.

Ós sitios pequenos.

A que se me estrague a consola.

A que se produza a 3ª guerra mundial.

A que me dean co balón no nariz.

A quedar sen dentes.

Ás arañas.

A afogar.

Á vasoira cando me pega miña nai.

A quedar sen móbil.

A quedar castigada sen recreo.

Autores: alumnos e alumnos de 1° de ESO

2

8

4

3

Dime, meu amor, que me

pasa

que non podo esquecerte

e sinto cando me deixas

que comezo a estrañarte.

Cando te vas, a soidade

faise tan grande

que só podo chorar e

recordarte;

sigo aquí, gardando un

bico nos beizos,

agardando e soñando o teu

regreso.

Onde estarás agora, loi-

tador?

En que estarás a pensar?

Sentirás esta mesma dor?

Ten sentido esta separación?

Recórdote cada día nos

meus soños

recórdote cada día nos

meus pesadelos.

“Xa vén aí”, dinme os

piñeiros

ós que, sen facer caso,

chameilles mentireiros.

Marcharán os días e vol-

:.fauna fantástica.:

O comochón

(Autor: Mario Fernández, alumno

de 2º ESO A)

O comochón éche un animal ben

rariño. Ten a cabeza dun hipopótamo

con cornos de boi, orellas

de burro, dentes de elefante e de

león. Ten unhas ás escuras grandes

e con púas. O seu corpo é

groso e ten un cuncha de tartaruga,

brazos de home e garras de

león e cola de delfín . Din que se

alguén ve este animal terá sorte

polo resto da súa vida.

verás

orgulloso dos cartos aforrados,

cartos gañados, sufridos....suados...

Juan Carlos , 4º ESO

O corcolmiño

( Autor: Daniel Fernández, alumno de 2º de ESO A)

O corcolmiño é un animal con cabeza de porco pero con boca

de caimán. Anda a dúas patas pero tamén ten dúas pequenas

mans (coma as dun T-Rex). As patas e as mans acaban en longas

e puntiagudas garras. O lombo teno cuberto por unha

cuncha que é como de caracol pero ten pinchos todo ó longo.

Ten unha longa cola chea de picos e bota lume polos fociños.

Se te atopas con este animal que por certo mide 6 m de alto

e 15 de longo incluíndo o rabo, ten moito coidado porque

che fará tres preguntas sobre ti e se non es sincero en dúas

das preguntas primeiro envolverate co seu cuspe ( que é

coma una tea de araña pero moito máis resistente) e despois

cravarate nos cornos da súa cuncha para levarte á súa cova

e comerte asado.

O único xeito de librarte del é contestando con verdades a

tódalas preguntas ou enganándoo para que beba un vaso de

auga, xa que é alérxico a ela e desfaríase por dentro deixando

a cuncha baleira. Pero coidádeo porque é moi intelixente

e se non consegues enganalo comerate igual.

a voltas coa lingua

:.mercar en galego.:

Observando en varios establecementos e supermercados

de Boiro, puidemos comprobar que a maioría dos

productos empregan o inglés, o portugués ou castelán

para indicar os seus ingredientes; e que pola contra,

moi poucos empregan o galego.

Só tres marcas empregan o galego para indicar os

compoñentes nos seu productos, son CONSUMER,

marca branca vasca que só podemos atopar nos

supermercados Familia; GRANXAS O GALO, que

comercializa ovos de Lugo; e os productos da marca

LARSA.

Nos establecementos e supermercados de Boiro case

non se emprega a nosa lingua para indicar os productos

e o seu prezo; agás os carteis de rebaixas que

aparecen en galego e en castelán. O supermercado

GADIS asegurounos que van comezar a empregar o

A cadea de supermercados O MELLOR iniciou a

loita contra o Rexistro Mercantil da Coruña ó rexeitar

este a documentación contable do exercicio do 97

por estar redactada só en galego. Os recursos presentados

por O MELLOR e outras 15 empresas do

Barbanza, contra esta decisión do Rexistro, foron

rexeitados.

A oficina explicou que o depósito de contas ten que

estar en castelán e en galego. Así mesmo argumentou

que unha resolución da Dirección Xeral de

Rexistros só prevé a presentación dos documentos nas

dúas linguas e non redactados exclusivamente nunha

lingua (entendamos só galego; presentados exclusivamente

en castelán si se aceptan).

Isto deu lugar a unha forte protesta de numerosas

persoas e colectivos concienciados coa defensa da

nosa lingua.

A deputada no BNG, María Pilar García Negro,

dirixiuse ó rexistro mercantil da Coruña para recordarlle

o dereito das persoas físicas e xurídicas de

Galicia a presentaren a súa documentación en galego,

sen unha traducción ó español.

Este requisito de presentar as contas de forma bilingüe

non rexe para os empresarios que decidan presentar

a súa contabilidade só en castelán. En definitiva:

galego si, pero sempre vinculado ó español.

galego porque agardan así, aumentar as vendas. Nos

centros comerciais máis importantes, como O Corte

Inglés e Área Central, os indicadores utilizan as dúas

linguas.

Cómpre salientar o caso do supermercado O

MELLOR que utiliza sempre o galego na súa propaganda.

Desde que comezaron, no 1997, utilizaron

sempre o galego, xa que como nos dixeron neste establecemento,

“é o noso idioma, e se nós non o empregamos,

¿quen o vai facer?”. Así mesmo asegúrannos

que non o empregan porque sexa unha moda ou porque

se venda máis, senón por ser o máis lóxico estando

en Galicia..

O MELLOR recibiu en dúas ocasións o premio

“DOLMEN DE OURO” por empregar o galego.

Aproveitamos tamén para darlle a nosa noraboa

:.autonomía da 2 a categoría.:

Isto que pode parecer un detalle mínimo, é un síntoma

claro de desigualdade, pois non acontece noutras

autonomías; en Cataluña si se admiten as contas

anuais só en catalán. Que sucede entón?, hai autonomías

de 1ª e de 2ª categoría?, a lei non é igual para

todos?, hai dúas varas de medir?

En certa ocasión o señor Fraga proclamou que o

96% dos galegos entendían o galego e o 90% o falaba,

entón, quérese condenar a esta impresionante

“maioría natural” a ser “minoría étnica” na súa propia

terra?

No ano 99, finalmente, o rexistro mercantil admitiu

as contas das empresas en galego, e é o propio

rexistro o que se encarga da traducción, ó que antes

se negaban. A batalla dáse por pechada a favor dos

que defendemos o galego.

Os rexistros mercantís radicados en comunidades

autónomas, con lingua propia cooficial co castelán

deben dar como válidos os documentos nas dúas linguas

oficiais. Esta foi a proposta feita ó Goberno e

aprobada por unanimidade de tódolos grupos do

Congreso dos Deputados.

Olaya e Patricia. 1º bach.B

Departamento de Economía

10

:.cúmprese a Lei de Normalización?.:

O pasado 28 de abril levamos a cabo unha mobilización convocados

por A Mesa pola Normalización e Mocidade pola

Normalización entre outros colectivos.

A protesta debíase a que nin a Lei de Normalización

Lingüística (que xa cumpriu 20 anos no 2003) nin o Decreto de

1995 se están a cumprir nos centros educativos.

Cremos conveniente recoller algunha información sobre a

NORMALIZACIÓN da nosa lingua e as leis que regulamentan

o uso do galego no ensino.

Antes de nada imos lembrar que NORMALIZACIÓN

LINGÚÍSTICA é un proceso que busca que o galego supere a

opresión do castelán e que o seu uso sexa libre e espontáneo en

calquera situación: ensino, relixión xustiza, relacións persoais...

Imos ver tamén que leis regulamentan e protexen o uso da nosa

lingua.

A galego sufriu desde o século XV unha política de imposición

do castelán que pretendía asegurar a supremacía desta lingua e

marxinar as outras linguas da península.

No 1978, a Constitución Española corrixe esta situación de

marxinalidade; o artigo 3º establece por primeira vez a cooficialidade

do castelán coas outras linguas españolas, e a obriga

dos poderes públicos de protexer a diversidade lingüística.

En 1981, o Estatuto de Autonomía de Galicia, supón o recoñecemento

legal do galego e o seu carácter oficial.

1. A lingua propia de Galicia é o galego.

2. Os idiomas galego e castelán son oficiais e

todos teñen o dereito de os coñecer e usar.

3. Os poderes públicos de Galicia garantirán o

uso normal e oficial dos dous idiomas e potenciaran

o emprego do galego en todos os planos da

vida pública, cultural e informativa, e disporán os

medios necesarios para facilitar o seu coñecemento.

4. Ninguén poderá ser discriminado por causa da

lingua.

En 1979, co Decreto de Bilingüismo, establécese

por primeira vez a obrigatoriedade do ensino do

galego no sistema educativo oficial a partir do

curso 1979- 1980, desde Educación Infantil ata o

remate da Secundaria.

No 1983, damos un paso máis coa Lei de Normalización

Lingüística que declara o galego como lingua propia de Galicia

e establece que a única forma oficial dos topónimos a galega.

Sinala que nas institucións da administración autonómica e

local son linguas oficiais o galego e o castelán; así mesmo recoñece

o galego como lingua obrigatoria nos medios de comunicación

dependentes da Xunta.

Trata tamén da responsabilidade do goberno galego e das

corporacións locais na protección e fomento

do idioma, é dicir, na normalización da

nosa lingua.

No Título III regulamenta o uso no ensino.

Por unha parte sinala o estudio obrigatorio

da lingua galega e tamén alude á posibilidade

do seu emprego como lingua vehicular

do sistema educativo.

O Decreto Lei de 1995, desenvolve e complementa

a Lei de Normalización

Lingüística e establece a obrigatoriedade do ensino en lingua

galega.

Establece como obrigatorio o uso do galego en toda a documentación

dos centros educativos (actas, comunicados, etc.)

No Capítulo II ademais de sinalar que se debe asignar o

mesmo número de horas ó ensino da lingua galega e castelán,

especifica qué materias deben impartirse en galego nos distintos

niveis educativos. Imos ver cales son.

Educación Infantil e á Educación Primaria.

En Infantil e 1º ciclo de Primaria empregarase a lingua materna

predominante entre o alumnado.

No resto de Primaria impartiranse en galego, como mínimo,

dúas áreas de coñecemento, sendo unha delas a área de coñecemento

do medio natural, social e cultural.

Educación Secundaria.

1.Na educación secundaria obrigatoria impartiranse en galego

as áreas de ciencias sociais (Xeografía e Historia) e a área de

Ciencias da Natureza.

2.Das materia optativas impartiranse en galego as de ciencias

do medio e da saúde , e, se é o caso, a optativa ofertada polo

centro (no noso centro Introducción á electrónica).

Bacharelato.

No primeiro curso de bacharelato impartirase en lingua galega

Filosofía e como materias específicas de modalidade as seguintes:

Tecnoloxía Industrial I (bacharelato de tecnoloxía); Bioloxía

e Xeoloxía (bacharelato de ciencias da natureza e da saúde);

Historia do mundo contemporáneo (bacharelato de humanidades

e ciencias sociais); Debuxo técnico (bacharelato de artes).

No segundo curso de bacharelato o alumno recibirá o ensino

en galego de Historia, como materia común; e como materias

Especificas de modalidade: Debuxo técnico, Tecnoloxía indus-

::E fóra que?

As sete linguas de Francia.

Ás veces temos a idea falsa de que só en

España falamos distintas linguas e que no

resto dos países se fala unha soa; nada que

ver coa realidade. A situación de plurilingüismo

é a máis normal na maior parte da

Unión Europea; só Portugal (se non temos en

conta as zonas que falan galego) e Alemaña

falan unha soa lingua.

Imos ver que pasa en Francia.

A lingua nacional de Francia, é o francés,

por suposto, pero hai outras seis! linguas

rexionais: o alsaciano, o bretón, o vasco,

o catalán, o occitano e o corso.

Hai emisións de televisión en Bretón,

periódicos en vasco e en occitano. Desde

1951, os xoves poden aprender a súa lingua

rexional no colexio (desde 1974 en

Córsega).

Francisco e C. Damián de 1º bach.

Departamento de Francés

trial (bacharelato e tecnoloxía); Ciencias da terra e do medio,

Debuxo técnico (bacharelato de ciencias da natureza e da

saúde); Xeografía, Historia da arte, Historia da filosofía (bacharelato

de humanidades e ciencias sociais); Historia da arte

(bacharelato de artes). Así mesmo serán impartidas en galego as

seguintes materias optativas: Ética e Filosofía do dereito,

Introducción ás Ciencias políticas e Socioloxía e Historia e xeografía

de Galicia.

Formación profesional Especifica de grao medio e superior

O alumnado recibirá ensino en galego nas áreas do coñecemento

teórico práctico que faciliten a súa integración socio

laboral.

Nós ofrecémosche a información e ti podes comprobar se a lei

se está a cumprir ou non. A normalización da nosa lingua non

depende exclusivamente dunha lexislación senón de que todos

esixamos que se cumpra e sobre todo de que nós empreguemos

a nosa lingua. Se a nosa lingua chegase a desaparecer ninguén

de nós estaría libre de culpa.

María Tubío, 4º ESO

12

letras galegas

Asunción Torrado 2ª ESO

Departamento de Matemáticas

13

“Non se pode querer o que non se coñece” (Xocas).

Ano 2004, dedicado a Xaquín Lorenzo Fernández

Xaquín Lorenzo Fernández nace en

Ourense o 23 de xuño de 1907. Na

mesma rúa que Risco, Cuevillas e

Otero Pedrayo.

Incorpórase ó grupo NÓS xunto

cos seus compañeiros de rúa.

O seu interese pola etnografía

(as tradicións, os traballos,

os apeiros...); lévao a formar

parte do Seminario de

Estudios Galegos e a loitar

pola creación do Museo do

Pobo .

A súa obra céntrase en recuperar

a cultura galega, en loitar

porque quedase algún

vestixio de tradicións que xa

se estaban perdendo.

Co seu mestre, Risco, leva a

cabo unha das súas obras

máis importantes, o 2º tomo

da Historia de Galicia dirixida

por Otero. É moi coñecida

unha reedición desta obra

distribuída en catro libros

independentes: A casa, A

terra , Os oficios, e O mar é os

ríos

Realizou unha pequena curtametraxe

seguindo a vida

dun carro dende a súa construcción,

uso e por último a

súa morte como apeiro de

labranza.

Estudiou as inscricións funerarias latinas,

publicando logo o artigo“A casa dos mortos”.

Publica o “Refraneiro galego”, no que

compila máis de mil refráns.

Realiza un minucioso estudio sobre os

apeiros de pesca na parte sur de Galicia e

no norte de Portugal.

María Tubío 4ºESO

Construíu as maquetas das casas

rurais que se poden ver no Museo

do Pobo Galego.

morre ós 72 anos

en Ourense.

14

Xaquín Lorenzo Fernández “Xocas”

A RAG no 1963 unha proposta realizará

Que unha figura significativa do día das

Letras galegas no 17 de maio destacará.

Neste ano 2004, a un ourensán honrarán

Xaquín Lorenzo Fernández , alcumado Xocas

Etnógrafo e investigador da cultura popular.

Tiña bo carácter ,digno de envexar,

Nunca falaba mal de ninguén

E discreto e modesto a pesar de tanto traballar.

Risco, Otero con Xaquín vida compartirán.

Colaborador da revista Nós

E do Seminario de Estudos Galegos parte formará.

Sendo inmenso o seu saber moitos temas abordará,

Percorrendo toda Galicia buscando información

Moitos traballos e moitos libros publicará.

Autor de ensaios de vellos oficios galegos será,

Numerosos premios e homenaxes lle darán e

Múltiples distincións ó longo da súa vida recibirá.

Autoras: Sandra Suárez, Rebeca Sieira, Laura Romero e Laura Hermo

de 2º de ESO A

(Curso académico 2003-2004)

15

:.a casa galega.:

a casa labrega

O campesiño elixe o emprazamento da súa morada

en función dunhas condicións básicas necesarias

para o desenvolvemento da súa actividade agrícola.

O modelo de casa rural galega é a casa rectangular

terrea formada por un único espacio no que se materializan

a totalidade das funcións da casa-vivenda e

no que se atopan a lareira, o forno, os leitos e as

mesmas cortes pero tamén temos a casa con sobrado

e a casa con dous andares cun acceso exterior.

Na casa-vivenda hai dous núcleos básicos: unha

vivenda composta por unha cociña, unha sala e un

ou dous cuartos e unha serie de dependencias secundarias

que se funden con ela e forman un só corpo,

como son os alpendres para gardar os carros e os

apeiros de labranza; o palleiro; a adega na que se

garda o viño da colleita; o poleiro das pitas.

A vivenda labrega é o resultado dunha economía

pechada na que podemos atopar a práctica totalidade

das actividades do proceso-producción –consumo

familiar. Nela atopamos áreas de almacenamento

(hórreos, palleiros...), de producción artesanal ( teares,

fraguas...) mesturándose incluso diversos procesos

productivos como o cultivo do millo, da uva ou a

cría do gando. Na eira podemos atopar o hórreo, as

parras, a palleira, o pozo da auga.

casa mariñeira

A casa –vivenda do pescador, polo xeral, situada no

interior dun compacto núcleo de edificacións conta

cunha reducida superficie.

Neste modelo de casa desaparecen as dependencias

utilizadas no ámbito rural para o coidado do gando

e aparece un novo compartimento que é o almacén

no que se gardan as redes, os remos e o resto de trebellos

de traballo do mariñeiro.

Un elemento común da arquitectura mariñeira son

os soportais que eran realizados nunhas ocasións a

maneira de pórticos abovedados soportados por

arcos de pedra e noutras por medio de columnas e

trabes de pedra de gra que soportan espléndidos

corredores de madeira.

O soportal en ocasións utilizado co único obxecto de

gardar da chuvia os útiles de pesca, deu lugar en

moitos casos a magníficos claustros que, ó longo das

rúas dos pobos, preservan ós transeúntes da chuvia e

do sol.

Permanente complemento do soportal nas estreitas

fachadas das casas mariñeiras é un balcón, ou corredor

de madeira, apoiado en fortes canzorros de

pedra, case sempre existente sobre el e utilizado con

frecuencia para secar as redes.

16

Santiago de Lampón é unha das oito parroquias que conforman o concello de

Boiro. Piñeiro, Montañó, Montaña, Escobias, Cobo, Rosadelas, Carballal,

San Mauro, A Poza, Sealo, Escariz, Toxeiras, Goiáns, Magdalena, Vista

Alegre, Rueiro, Escarabote, Escarabotiño e Peralto, son as aldeas que

toparemos se paseamos pola estreitas rúas.

A maior parte dos habitantes concéntranse no casco urbano, só un 32% da

poboación reside nas aldeas. Dos seus 2600 habitantes, uns 600 viven do mar

e o resto do campo. Abundan viñedos (que dan un viño algo acedo), limoeiros

e laranxeiras; danse tamén os figos, mazás, cereixas, claudias e tamén

moita variedade de hortalizas.

:.parroquia de Lampón.:

Descoñécese a data exacta de fundación da igrexa

parroquial de Santiago de Lampón. Angel Del

Castillo sitúa o seu nacemento na segunda metade do

séc.XII.

Unha tradición (que escoitamos ó reverendo don José

María Lago Hermo e recollida polo padre Máximo),

sitúa un templo primitivo na aba da montaña, pois na

fachada dunha casa pódense apreciar inscricións en

latín que permiten deducir que se trata da primeira

rectoral anexa ó templo parroquial. Quizais algún

acontecemento histórico (tal vez os viquingos destruísen

a antiga igrexa) obrigou ós lamponeses a adoptar

como novo templo parroquial a antiga capela de

Santa María Magdalena.

Crese que funciona como parroquia desde antes do

1600, aínda que non se pode asegurar, pois perdéronse

moitos libros ou están en mal estado ó non dispor

dun arquivo parroquial.

No arquivo diocesano pódese comprobar que cando

se fai cargo da parroquia de Lampón D. Xosé Benito

García Torres, en 1792, certifica que entre os libros

que recibe atópase un “vello libro” de bautizados,

casados e defuntos que comeza en 1600; este libro xa

non se conserva. A orixe desta parroquia é, entón,

anterior a todas as veciñas, das que non hai constancia

ata o séc. XVII.

coñecemos::historia::

::edificio::

De estilo claramente románico

consta hoxe de nave, ábsida, dúas

capelas laterais, sancristía e torre

de campanario. O escudo heráldico

da familia dos Caamaño

impulsora do seu esplendor, aparece

no alto da fachada e no interior

da ábsida. Baixo a serea do

primeiro escudo está entronizada, anque algo deteriorada,

a imaxe do patrón Santiago Apóstolo.

O adro empregouse como cemiterio ata hai 20 anos,

cando se construíu o templo actual.

No interior da igrexa, concretamente no altar, atópase

un retablo barroco cunha imaxe moi valiosa da

Santísima Trinidade e outra do Apóstolo Santiago. A

cada lado deste hai uns escudos idénticos ós da fachada.

Cara á metade da nave, no lateral dereito, atópase a

imaxe da Virxe da Milagrosa que ten unha longa historia.

Esta imaxe foi entronizada no Colexio da

Purísima,en Ourense, hai máis de 100 anos. É unha

talla dourada (técnica especial da pintura barroca para

representar as chagas sangrantes), que no ano 1971,

despois de ser restaurada, tróuxose para a Gardería da

Magdalena, seguindo o costume de que as casas das

fillas da caridade antigas axuden ás de nova creación. 17

No 1989 levouse ó templo parroquial, ó reabrirse a

igrexa tralo incendio.

Son tamén valiosos os víacrucis antigos de madeira de

estilo románico e a imaxe da Santísima Trindade.

Valor especial tiña a imaxe orixinal de San Mauro

(destruída no incendio); esta imaxe e mais a da

Santísima Trindade proceden dalgún priorado benedictino

::Restauracións no templo parroquial::

Malia ser ensanchada e restaurada no ano 1684 a nave maior, no ano 1715 necesitou

unha nova mellora.

A imaxe de San Mauro atopábase nunha ermida xa desaparecida no lugar que aínda

hoxe leva o seu; desde que se trouxo para a igrexa parroquial a festa de San Mauro celébrase

o 15 de xaneiro.

Precisamente trala celebración da festa, no ano1989, a igrexa sufriu un incendio debido

a que a capela lateral estaba chea de velas acesas ofrecidas polos devotos do santo. Sobre

as 10 da mañá, desde o barrio da Magdalena (Escarabote, Escarabotiño, Peralto...) víase

saír fume do campanario. Os veciños tentaron apagar o lume pero xa non se deu feito

nada.

O que ven os primeiros veciños que logran entrar na igrexa era moi triste: as imaxes estaban

queimadas, o retablo e as paredes estaban totalmente negros.

Todos os veciños axudaron na restauración da igrexa, ben doando diñeiro ou participando

desinteresadamente nas tarefas; a maior parte do traballo (picar paredes, desentullar,

facer gabias e limpeza) fixérono os veciños de balde. Todos colaboraron, mesmo renunciando

a algunhas cousas para poder facer un donativo.

::outras dependencias da igrexa::

Casa de fábrica, edificio de cachotería situado xusto de fronte á fachada da igrexa na

marxe dereita do adro. Utilizábase para gardar as cousas da igrexa (cálices, santos vellos,

as andas dos santos…) Na parte baixa onde actualmente hai baños públicos, facíanse as

autopsias.

Rectorado, situado a uns cantos metros do templo, foi doada polo párroco D. Xosé

María Lago Hermo (natural desta parroquia), pois non había unha rectoral onde puidesen

vivir os curas que viñan de fóra.

A Patroa,

Santa María Magdalena

O cardeal Jerónimo de Hollo

indica que en 1607 atende a

freguesía de Santiago de

Lampón á que chama “la

Rabalera”, tal vez por ser a

patroa, María Magdalena.

A imaxe está situada nunha

repisa no mesmo arco que

remata o presbiterio; retirouse

do culto polo Párroco D. Xosé

María Lago, segundo os rumores,

porque tiña unha indumentaria

algo escasa.

Substituíse por outra imaxe

feita a propósito con aspecto

de monxa que agora está na

sancristía.

A imaxe, segundo Manuel

Domínguez Fontán, chegou a

Lampón gracias a un cambio

realizado coa Parroquia da

Pobra do Deán, á que cederon

unha valiosa imaxe do

Apóstolo Santiago.

::a torre de goiáns:: “ A torre de Goiáns, á que

sempre andou unido o

señorío da illa de

Sálvora, e con el a herdanza

histórica e lendaria

dos primeiros Mariño,

fillos dun cabaleiro e

dunha serea atopada no

mar que se perdera das

súas irmás...”

A torre de Goiáns é unha antiga fortaleza medieval,

construída en ángulo recto, cunha torre de

planta rectangular engadida á parte sur, rematada

en balaustrada e non en ameas. Rodea o edificio

unha ampla herdade con horta, viñedo e

piñeiral que bordea a ampla marisma de Escarís.

Non se sabe exactamente a data de construcción,

nin se a mandaron construír os Fandiño, os

Mariño ou os Caamaño de Noia.

Esta fortaleza foi destruída no séc. XV nas revoltas

irmandiñas, nas que os campesiños arremeteron

contra as torres da nobreza feudal, símbolos

do asoballamento ó que foron sometidos durante

moito tempo.

Foi reconstruída no séc.XVI por Domingo de

Andrade, o prestixioso constructor da torre

Berenguela da catedral de Santiago.

Hai na fortaleza unha capela acaroada ó edificio

bastante antiga, que venera unha imaxe única no

entorno: a Virxe da Boa Viaxe.

A casa cambiaría de dono varias veces. A principios

de século pasou por herdanza á familia

Barrier, cos que a torre reviviu o seu antigo

esplendor, mesmo acolleu ó xove monarca Afonso

XIII. O Sr. Barrier, distinguido mariño da armada,

foi Segundo Comandante do Nautilus, no que

deu a volta ó mundo. Tal vez resida aquí a súa

devoción e confianza á Virxe da Boa Viaxe.

A herdade pertenceu tamén a D. Joaquín Otero

de Goiáns quen, ademais, adquiriu os inventarios

do arquivo dos Caamaño, Varela, Lamas e

Soutomaior, segundo Martínez Barbeito.

O.T.L., 1º BACH

Martínez Barbeito

::o cruceiro de lampón::

Preto da igrexa parroquial, atópase un

cruceiro de aproximadamente 4 m de

altura, levantado sobre un chanzo de

pedra no que se pode ler “Ano de

1866”. Na cruz e no capitel mestúranse

os estilos xónico e corintio. Pola

cara traseira, unha virxe coroada de

raíña, moi labrada e coas mans xuntas,

repousa enriba dunha sinxela

nube cun anxo.

Dise que onde está o cruceiro tivo

lugar o desenlace dunha triste historia

de amor. Nós recollémola e ti xulga se

se trata dunha ficción literaria, ou se

realmente puido acontecer.

“Noite apracible na parroquia de

Lampón, óese tan só o murmurio do

mar ó acariñar as ribeiras. Ninguén

anda xa polas rúas, só se ve a un home

e a unha muller, semellan pantasmas.

Son Arminda e Pedro, que se prometen

casamento cando el volva da viaxe

a América co exército. Arminda confésalle

que ten medo, pois anda a

facerlle as beiras un home coñecido

pola riqueza que conseguira en

México.

Nos anos seguintes moitas veces tivo

Arminda que rexeitar os amorosos

falares do mexicano e os seus ofrecementos

de riquezas.

O día no que volvían os quintos,

Arminda foi á igrexa para pedir polo

seu amado; pero non estaba soa, o

pretendente rico entrara canda ela.

Na igrexa o mexicano permaneceu

coma sempre, molesto, coma quen

asiste a un espectáculo

repugnante.Saíu detrás da moza e

comezaron unha conversa:

-Arminda, desprézasme? Teño ouro, e

os teus pais están comprados.

_Pero o meu corazón non se venderespondeu

Arminda, ferida polas

palabras do monstro- Nunca poderei

amarte.

_Serás miña!

_Antes morta!

_Verémolo.

O mexicano diríxese á ribeira e fixando

a mirada no mar, xura impedir a

unión dos dous amantes; de súpeto

unha tempestade desencadéase no

mar.

Ó redor da fortaleza de Goiáns as

xentes rezan polo barco que loita por

chegar á ribeira no medio da tormenta,

ata que unha onda xigante o fai

naufragar .

Un espectro oculto na maleza ri sarcástico,

era o monstro que gozaba do

seu próximo triunfo ó ver a Pedro

entre os náufragos.

Todos se salvaron, Arminda abrazouse

a Pedro, pero unha man craba un

puñal no peito do mozo; o mexicano

cumpría o seu xuramento.

Pedro bañado en sangue, pide á súa

amada, que cumpra a promesa que

fixeran, e Arminda acepta. O cura

bendiciu aquel matrimonio, do que o

tálamo nupcial sería o ataúde.

Unha sombra corría pola ribeira e o

eco traía as súas palabras: ¡Maldición!

¡Maldición!...

Ó ano seguinte, Arminda intérnouse

nun convento de Compostela.

Os fregueses de Lampón, levantaron

no lugar onde sucederon os feitos, un

alto cruceiro, que saúda ó barqueiro ó

atravesar a ría”..

O.T.L., 1º BACH 19

sabías que...?

Malia o meteorito que viron o 11

de xaneiro no Campo da Mina,

din os entendidos que a probabilidade

de que nos caia enriba un

pedrolo procedente do espacio

non é tan pequena como a xente

pensa; e desde logo temos máis

posibilidades de que nos caia un

meteorito que de que nos toque

o gordo da Lotería de Nadal;

aínda que ós de Rianxo lles dea

a risa ó oír isto.

Segundo as estatísticas, a probabilidade

de morrer por impacto

de meteorito é de 1 entre 20000,

mentres que a de morrer por

picadura de avespa é de 1 entre

100 000. Outras alternativas

máis probables son a de morrer

asasinado (1 entre 300), por un

incendio (1 entre 800), por electrocución

( 1 entre 5 000) ou,

sobre todo, por accidente de tráfico

(1 entre 100).

Así que para adiar a hora de ir ó

máis alá, vale máis non mirar ó

ceo por se cae un meteorito e

vixiar ben os coches.

¿Por que as pombas poden ser

mensaxeiras ?

Segundo unha teoría, as aves

teñen unha especie de compás

natural no extremo dos nervios

dos ollos que lles permite seguir o

magnetismo da terra; ningunha

criatura ten tan desenvolvido

como a pomba o instinto

que lle permite regresar ó

pombal.

Unha pomba española foi

quen de voar en liña recta

á súa casa desde

Inglaterra. Pénsase que

estas proezas débense a que

advirten as alteración eléctricas

que o seu voo produce no

campo magnético terrestre; polo

visto, hai ”calellas magnéticas” a

certas alturas e a pomba é quen de

elixir a que a levará ó pombal.

Seguindo coas estatísticas, a probabilidade

de que de che toque o gordo de

Nadal é só de ¡UNHA ENTRE

100000! Evidentemente cantos máis

décimos merques máis posibilidades

tes de gañar, pero antes de botarte a

mercar canto décimo se che poña diante,

cómpre facer contas.

Supoñamos que durante 40 anos mercas

tres décimos ó ano, a probabilidade

de resultares gañador é de unha entre

300. ¡Que ben! Pero ollo, que isto non

quere dicir que che vaia tocar O

Gordo, pois ben poderías ser un dos

299 ós que non lle toca; pero xa levarías

gastado 7200E, (supoñendo que o

prezo do décimo sexa de 20E).

Pero non todo é azar, por exemplo nas

quinielas, nas que non todos os resultados

son igualmente probables, posto

que hai equipos mellores e peores, as

posibilidades de que gañen os primeiros

son maiores. Por iso os entendidos

en fútbol, que fan mellor os prognósticos,

acertan máis ás quinielas.

Pola contra na lotería primitiva todo é

azar pois todos os números teñen as

mesmas posibilidades; sen embargo

segundo un estudio feito en Gran

Bretaña tamén aquí hai estratexias de

xogo. A maior parte dos xogadores

seleccionan números baixos, porque

soen elixir o número do seu día de

nacemento (entre o 1 e o 31)

ou o do mes (entre o 1 e o 12);

por iso cando os números premiados

son altos, hai poucos

acertantes e os premios son

máis importantes.

Que forma ten unha pinga de

chuvia?

As pinguiñas de auga dunha

nube son redondas pero van

agrupándose ata converterse

noutra maior, nas pingas de

chuvia. Cando cae, ó atravesar

o aire, esmágase e vai adoptando

o aspecto dunha chula

corrente. Nada que ver coas

pingas en forma de pera que

nos imaxinamos.

Por que temos fame?

Sabes que tes fame cando

sentes algo especial no estómago;

mesmo os bebés saben

cando teñen fame, os seus

choros din con claridade

“quero comer”. A necesidade

de satisfacer a fame é un

dos impulsos vitais chamados

instintos.

A sensación de baleiro que

sentes no estómago cando tes

fame débese ós seus movementos.

Cando está cheo de

comida, non notas incomodidade,

a non ser que comeras

demasiado ou algo prexudicial.

Se os alimentos xa pasaron

del ós intestinos, o estómago

comeza a dilatarse e a contraerse;

este movemento é o

que dá a sensación de fame.

Hai serpes no mar?

Si, nas augas cálidas do

Océano Índico e Pacífico.

Miden algo máis de 120 cm.

de longo e son moi velenosas,

aínda que pouco agresivas.

Malia que respiran con pulmóns,

están tan adaptadas á

vida mariña que teñen cola

en forma de remo.

Aliméntanse de anguías e

raras veces atacaron ó home.

20

lembramos

Polos meses de

outubro e novembro, vimos a rutina

escolar interrompida por uns noxentos

cheiros, que facían desagradábel

a estancia no instituto. Como os

reporteiros desta revista, somos

intrépidos de verdade, decidimos

coller lapis e papel e chegar ó cerne

dos cheiros (iso si, protexidos con

máscara). Falamos con Francisco, o

noso director; con Tibi, o representante

dos alumnos; e con Antón

Vidal, concelleiro de medio ambien-

te do concello de Boiro.

Francisco, o director

“Os problemas xa viñan dende principios de setembro,

cando os cheiros eran máis insoportables. Atopabámonos

con dúas versións, por un lado o aparellador do Concello

dicía que se debían á mala hermeticidade na rede de desaugadoiros

do instituto; pola contra o fontaneiro aseguraba

que o problema estaba no sumidoiro público e que facía

falla a colocación dunha arqueta con sifón. O centro solucionouno

o problema dos dous xeitos que lle recomendaban,

colocando unha arqueta e de paso mellorando os desaugadoiros

do instituto.

Con respecto ás folgas, os nosos alumnos teñen o dereito a

ser educados e instruídos en boas condicións; teñen dereito

a manifestarse, sempre que cumpran as normas, e o

fagan dun xeito organizado”.

Tibi, representante dos alumnos

“Foi unha mala experiencia. Non deberían ocorrer cousas

así nun instituto como o noso. A actuación das autoridades

foi un pouco lenta, tiñan que informarnos antes.

En canto ás folgas, nós actuamos conforme requiría a

preocupante situación. Espero que non volva acontecer”.

Tamén se someteu ás nosa preguntas Antón Vidal, concelleiro

de medio ambiente do Concello de Boiro, que foi

moi amábel connosco.

Antón Vidal fundou e presidiu en 1991 o grupo ecoloxista“Ruscus”,

que se dedicaba entre outras moitas cousas

a facer estudios e accións de defensa do medio natural.

Pareceunos un home concienciado coa protección do

medio ambiente. Confesounos que para el un dos peores

problemas que está a sufrir o noso planeta, é a tala masiva

de árbores no Amazonas.

Sara e Yaiza, 4ª ESO

:.que mal cheiraba!.:

ANTÓN VIDAL, CONCELLEIRO DE

MEDIOAMBIENTE

Informounos de que cando o Concello investigou o

problema de “Aleco”, e topou dúas vertentes: por un

lado os fumes e gases, que afectan á poboación e que

están ocasionados pola falta de filtros da empresa; e

por outro lado están os residuos do sumidoiro, que

tamén producen cheiros en diferentes edificios e vivendas

de Boiro e arredores.

O Concello paralizou as actividades da empresa mentres

non solucionasen os problemas; a empresa comprometeuse

a resolvelos e levou a cabo as reformas necesarias.

Uns días despois das reformas, volveron os cheiros,

anque só de forma ocasional por mor dun fallo do sistema

de filtros. Dende entón non se apreciaron máis cheiros,

pero o Concello segue vixiando os vertidos da fábrica.

A verdade é que ter que convivir con esta contaminación

foi moi desagradábel para a cidadanía de Boiro, xa

que incluso provocou que persoas con afeccións respiratorias

sufrisen complicacións nas súas doenzas e tivesen

que acudir ó Centro de Saúde.

Asegurounos que dende o Concello, están cumprindo

coas normas que marca o Plan de Protección

Medioambiental de Galicia.

:: quen cheira aquí?

Aquel venres 6 de Marzo estaba prevista a inauguración

das instalacións de “Aleco” por D. Manuel Fraga, non

podiamos fallar, tiñamos que subir ata a fábrica e facernos

oír;é o noso dereito máis prezado, unha manifestación.

Subimos a costiña, chegamos cansos, pero non rendidos.

Alí agardábanos a policía, para impedirnos o paso, prohibíndolles

a uns estudiantes, que somos estudiantes e

non terroristas, circular polas beirarrúas, e eu sígome

preguntando: ¿ por que?

Cando Fraga se foi, déusenos permiso para ir ata a

fábrica, e alí berrando ben forte, conseguimos as miradas

dos que celebraban a inauguración.

Quixera darlle as gracias a Kepa e a algúns compañeiros,

polo seu ánimo; porque a verdade é que anque

moitos subimos, fomos poucos os que berramos e cargamos

coas pancartas. Houbo quen preferiu sentar o cu na

beirarrúa mentres miraban cun sorriso burlón cara a

nós; e outros optaron por unirse á festa que alí se celebraba;

!! QUE SOLIDARIEDADE¡¡

Pouco despois todo rematou, nós intentámolo pero

coma sempre, o poder manda; a nosa intervención non

foi nin comentada na prensa, nin se atenderon as nosas

queixas, ó fin é o cabo só somos estudiantes e moi poucos

temos dereito a voto.

Damián, 4º Eso

21

“O camiño de Santiago é unha experiencia

inesquecible pola súa paisaxe, pola xente

que coñece, e como non, polo ben que o

pasas andando cos amigos.”

:. Fixemos o Camiño de Santiago .:

::Camiño de Santiago

O fermoso día, tres de maio, saímos cara a Santiago os alumnos

de 4º ESO e 1º de Bacharelato, para facer a pé o último

treito do camiño francés.

Comezamos poñendo os panos espantosos, que tiñan que distinguirnos

entre os alumnos dos outros institutos; fixemos a foto

de rigor para lembrar como eramos antes de que a camiñada

nos desfixera e dirixímonos a Arca. Alí xuntámonos cos outros

institutos que participaban con nós. Os de Protección Civil

mandaron ir diante ós de Porto do Son, porque xa sabían o

camiño.

Comezamos a andar, ó principio era un abafo, pois dabas un

paso e pisabas ó de diante, ou o de atrás pisábate a ti, pero despois

fómonos separando e o camiño facíase máis aturable.

Iamos falando, escoitando música e a algún que lle deu por

cantar sen parar para romperlle a cabeza ós compañeiros.

Coñecemos xente doutros institutos e mesmo algúns tiñan folgos

para dicir cumpridos ás mociñas que atopabamos.

Parecían moitos km, pero fixéronse pronto polo ritmo tan forte

que levabamos (sobre todo para os que non estabamos afeitos a

esas camiñadas) e tamén pola ilusión. O peor eran as costas

arriba (non vexas como cansaban) pero aínda así adiantamos a

algúns peregrinos, iso si ós xubilados.

Andamos case 16 km seguidos, paramos no monte do Gozo

para comer, os que aínda tiñamos bocadillo, pois algúns xa o

comeran antes. Cando xa iamos chantarlle o primeiro bocado á

comida, veñen as profesoras a dicirnos que o albergue onde

tiñamos que comer quedaba máis abaixo; desde alí xa se vía a

catedral,e era emocionante.

Repostas as forzas partimos cara a Catedral e xa vemos a súa

maxestosidade. Levaríanos hora e media porque para cruzar as

estradas agardabamos polos outros institutos para non parar

seguido o tráfico.

Cando entramos na catedral o cansazo converteuse en ledicia.

Na misa o cóengo dixo algo moi gracioso: “espero que aprobedes

todas”, e Teresa lembrou que el mesmo a suspendera a ela.

O máis gracioso foi oír a Saborido dicir a misa canda o cura.

Os compañeiros que ían ler as ofrendas apartaron a cabeza a

tempo, pois o botafumeiro case llela arrinca.

Ó día seguinte tiñamos maniotas, pero non nos arrepentimos

nada porque foi unha experiencia moi grata, aínda que algún

se queixase de que non sentía as pernas ou de que se lle movían

soas.

Ninguén de nós, relixioso ou non, esquecerá xamais a emocionante

viaxe.

* Os alumnos peregrinos de 1º de Bach. e 4º de E.S.O.

::A suor do camiño

Os amigos, as amigas, o duro trafego de andar por camiños

rurais cheos de pequenas pedras; de asomarte ós fermosos carballos,

ós piñeiros que mentres camiñamos nos resgardan do

malhumorado sol dese día; coller un pao do chan para subir

esas costas, ¡ah!, e tamén ver a gran variedade de “pelegríns”

que proviñan de cidades moi afastadas da nosa amada Galiza.

A suor, que nos escorrega pola pel mentres nos achegamos pasiño

a pasiño ó centro de tódolos “cristiáns”; esa mesma suor que

nos limpamos mentres vemos pasar xente da nosa idade cunha

grande ilusión ¡chegar!

Mentres te achegas á unha da tarde e entras pouco a pouco no

22

“Monte do Gozo”vas coñecendo persoas ás que xamais volverás

ver.

Chegas, pousas a mochila, falas cos amigos, quitas a botella

de auga e o bocadillo, estombállaste na herba falando e

mirando cara ó ceo, dicindo ¡por fin, xa cheguei!.

Durante dúas horas, ris, coñeces a xente que tes ó carón,

xogas ás cartas, escoitas música, e de súpeto escoitas “ vamos

que xa é hora de ir para a Catedral”.

Amolado levántaste e poste en camiño cara ó final do traxecto,

a Catedral de Santiago.

Chegamos e vemos a maxestuosidade da inmensa Catedral;

na misa,ves subir algúns dos teus amigos ó altar e dicir frases

tan fermosas de benvida , e de paz, que se che poñen as

bágoas nos ollos; e quedas abraiado co espectáculo do botafumeiro.

Toca saír e xa fóra todos xuntos agardamos paseando por

entre as avellentadas e artísticas rúas de Santiago. ¡Ah! que

xa é hora de por un ¡adeus!, pois collemos o autobús de volta

a Boiro, despois de pasar un esplendoroso día .

En resume, un día que nunca esquecerei.

Martín O. Seco, 1º Bach.-

::Santiago de Compostela

Praza do Obradoiro

Decorado digno da espléndida catedral compostelana, encadrada

polos seguintes monumentos:

Pazo de Xelmírez

Levántase á esquerda da catedral, hoxe empregado como sé do

arcebispado.

Hostal dos Reis Católicos

Hoxe hotel, foi fundado polos Reis Católicos para acoller os

peregrinos. Adorna a súa fachada unha espléndida portada plateresca.

Pazo de Raxoi

Actual sé do Concello, ten unha fachada clasicista cun soportal

de granito con 14 arcos de medio punto. Foi reconstruído no

séc. XVIII polo francés Charles Lemaur. Enriba do frontón

central atópase unha estatua ecuestre do Apóstolo esculpida

por Ferreiro.

Colexio de San Xerónimo

Hoxe rectorado, foi construído no séc. XVII, conserva unha

portada do séc.XV de estilo románico.

Catedral

A Catedral actual, ocupa un espacio de 23000m cadrados e é

unha das máis grandes, orixinais e fermosas de Europa. Foi

construída entre os séc.XI e XIII, pero a primeira igrexa foi

edificada a comezos do séc. IX polo bispo Teodomiro, sobre a

tumba do Apóstolo recentemente descuberta.

A finais do séc.IX, Afonso III mandou levantar no lugar desta

modesta igrexa, un mosteiro e un templo, que foron destruídos

durante a invasión de Almanzor (997).

Fachada do Obradoiro

Fernando de Casas e Novoa construíu no 1750 esta grandiosa 23

obra barroca que se eleva diante da catedral. Ten tres corpos

moi ornamentados, rematados en triángulo. Detrás dos laterais

érguense dúas esveltas torres xemelgas que completan a fachada.

Detrás do Obradoiro consérvase intacta a inmensa catedral

románica, visitada por milleiros de peregrinos.

Pórtico da Gloria

É unha das máis valiosas da arte románica universal, foi realizada

no séc.XII polo Mestre Mateo. Na columna do parteluz,

ós pés do apóstolo Santiago as mans dos peregrinos deixaron a

pegada do seu saúdo. Na parte interior do pórtico atópase o

santo dos Croques ó que se rendía culto (desde este ano está

prohibido) a cabezada limpa, pois segundo a lenda así contáxiase

o talento do xenial Mestre Mateo.

Botafumeiro

Xigantesco incensario prateado que se colga da bóveda do cruceiro

e que moven oito homes.

Altar maior

Sobre el atópase a imaxe de Santiago do séc.XIII. á que os

peregrinos bican o manto. Na cripta situada baixo o altar atópase

unha urna de estilo romano-bizantino, que garda as reliquias

do Apóstolo e dos seus discípulos Teodoro e Atanasio.

Porta Santa

Foi construída no 1611 por Fernández Lechuga, aproveitando

estatuas de profetas e patriarcas do antigo coro do Maestro

Mateo. Só se abre nos anos santos.

Torre do reloxo construída a finais do séc.XVII por Domingo

de Andrade.

Ó.T.L., 1º bach

::Historia do camiño

O fillo do Trono

Os primeiros datos biográficos do Apóstolo Santiago proceden

fundamentalmente dos evanxeos.Sabemos que era fillo do

Zebedeo e de Salomé e irmán de Xoán o Bautista.O oficio

familiar era a pesca, Xesús elixiu os seus catro primeiros discípulos:

Pedro, Andrés ,Santiago e Xoán.

Santiago amósasenos como un home de carácter vehemente,

apaixonado e impulsivo. Recibe fortes reprimendas de Cristo,

que lle pon o sobrenome de Bonaerge, “fillo do trono”

A orixe dunha tradición

As continuas guerras obrigaron ós cristiáns a manter agochadas

as reliquias de Santiago, protexidas e custodiadas, ó parecer por

ermitáns do lugar.

O descubrimento do sepulcro do apostólico, podémolo situar ó

redor do ano 820. Conta a tradición que un ermitán, de nome

Paio, que vivía no lugar de Solovio (onde está situada a igrexa

de San Fiz de Solovio, na Compostela actual), no bosque

Libredón, observou durante varias noites sucesivas uns resplandores

ou luminarias misteriosas que semellaban unha chuvia de

estrelas sobre un montículo do bosque.

Paio, abraiado por estas

visións, presentouse

perante o bispo

Teodomiro para comunicarlle

o feito. Ante a

insistencia do ermitán. O

bispo dirixiuse ó lugar e

el mesmo puido contemplar

o fenómeno; entre a

mesta vexetación, atoparían

un sepulcro de pedra

no que repousaban tres

corpos, identificados

como o de Santiago o

Maior e os seus discípulos

Teodoro e Atanasio.

O primeiro relato conservado sobre o descubrimento é a

Concorda de Antealtares, de 1077.

O Camiño de Santiago está marcado na Vía Láctea porque

indica ó camiñante a dirección a Compostela, o que levou a

referirse a esta ruta como o Camiño das Estrelas.

Julián Torrado 3º -B

As cunchas de Santiago

Despois de que Santiago fose degolado, os seus discípulos puxeron

o seu corpo nunha barca. Navegando chegaron ás costas de

Galicia e a un lugar onde había unha festa polo casamento de

fillo do señor. Cómo había unha voda, bafordábase (ir galopando

mentres arroxaban a lanza e vólvese a coller sen que caia ao

chan).Un dos que bafordaban era o noivo que de repente viu

como o seu cabalo se dirixía ó mar e se mergullaba. Ó chegar á

barca, o cabalo e o cabaleiro saíron sen dano das augas.

Ó volver á terra viron que tiña os vestidos e o sombreiro

cubertos de vieiras. A partir de entón todos os peregrinos que

van a Santiago levan a cuncha de vieira.

Inés García 1º Bach-B

24

:.que ben o pasamos.:

Comezamos a nosa lembranza co

inquilino da aula de María. Nunca

saberemos se buscaba o fresquiño

da aula ou a boa compaña dos outros

inquilinos que roldan por alí

::Lembremos os expertos micólogos en plena tarefa

25

:.a negra sombra do prestige un

ano despois.:

Lembramos a traxedia do Prestige pintando os

nosos recordos e cunha mesa redonda entre

expertos dos distintos sectores afectados

polo desastre

Mesa redonda sobre o Prestige, no IES Espiñeira

Durou máis do previsto pola participación dos alumnos.

Para analizar a catástrofe un ano despois daquela chamada de socorro do Prestixe

reuníronse no noso instituto expertos dos distintos sectores afectados pola catástrofe:

un profesor de economía da Universidade de Santiago, un biólogo profesor na

Universidade de Vigo, un ecoloxista, un traballador do mar (patrón dos mariscadores

da ría de Arousa) e un representante do alumnado que foi limpar chapapote; estivo

moderada por Pedro.

No salón de actos encontrábanse os alumnos de 4º de ESO e de Bacharelato do instituto

de Espiñeira , e os de 4º de Eso da Cachada.

Aínda que se evitou entrar no tema da política foi inevitable. Aclaróusenos que,

malia que nos venderon como moi bo o Plan Galicia, a inversión que se fai por cidadán,

é inferior á que se fai noutras cidades. Tamén se insistiu en que, como xa se

comprobou noutras catástrofes deste tipo, o descenso de capturas aínda estaba por

vir.

Este acto alongouse máis do pensado, pois os alumnos estaban moi interesados neste

tema e tiñan moitas preguntas que facer, ¿Tardará moito a costa en volver a normalidade?

¿ O peor da catástrofe está aínda por vir? ¿Cre que co que pasou co Prestige

poderíase volver a cometer os mesmos erros?...

Todas foron contestadas polos distintos membros da mesa.

Xocas Fernández, 1º Bach.

26

O proxecto Bioespiñeira continúa, nin que dicir ten

a mellora do aspecto exterior do instituto agora só

falta que algún despistado descubra a utilidade das

papeleiras.

O afán dos xardineiros chamou mesmo a atención da

prensa.

:.proxecto bioespiñeira.:

27

:.nadal.:

0 concerto de Nadal é xa unha tradición en Espiñeira

:.antroido.:

Coma todos os anos

este Entroido recibimos

a visita de

persoeiros de todo

tipo:

presentadoras estrañas,

“Fresiñas” de Salou, cazapantasmas

enxebres, restos do

botellón matutino, ninfómanas

28

da illa dos morbosos, avós e

avoas escandalizados ante o

panorama, mouros en moi

estrañas compañías...

menos mal que un

tolerante Padre

soubo ser comprensivo

e perdoou

todos os excesos.

29

:.visita a Lugo.:

O 27 de abril fomos coñecer Lugo. Acompañados dunha guía visitamos a

catedral (houbo que lembrarlle a alguén que Mondoñedo tamén ten catedral)

e a muralla. Logo pateamos pola nosa conta a muralla e a cidade e

deixamos todo intacto.

Tamén quedou intacto o Museo Provincial (agás o mareo que lle pegamos ó

guía), e por riba de aprender, pasámolo ben .

:.visita a Santiago.:

O seis de maio fomos a Santiago para ver a representación

que facía TEATRO DO MORCEGO de “ Os vellos non deben

namorarse”.

Aproveitando a viaxe visitamos o Museo do Pobo Galego,

do que foi fundador Xoaquín Lorenzo, Xocas.Ademais de

ver as dornas, as maquetas das casa galegas, os apeiros xa desaparecidos...

comprobamos que a famosa escaleira de caracol podía con todos os

alumnos de 4 0 e 3 0 da ESO. Malia a comprobación “in situ”, seguimos con

dúas dúbidas:

- Quen é o autor da escaleira?

- Xa se recuperaría a vixiante do museo da impresión de vernos a todos

xuntos pateando na escaleira?

Puidemos ver a película “O carro e o

home”, rodada no 1940! polo cineasta

Antón Román e o etnógrafo Xoaquín

Lorenzo.

Non deixamos de visitar os Xardíns de

Santo Domingos de Bonaval e o Panteón

de Galegos Ilustres, onde están os

restos de Rosalía, Castelao e Brañas.

30

:.visita á conserveira.:

:.cine e teatro.: Tamén vimos

películas e

obras de teatro

novidosas !!!!

Os ciclos de

Xestión e de

Administración e

Finanzas, visitaron

as instalacións

da conserveira

Jealsa.

31

:.Semana das Letras Galegas.:

Este ano implicámonos todos para lembrar

ó etnógrafo Xoaquín Lorenzo “Xocas”,

cunha exposición etnográfica, coa que

recuperamos palabras como senlla, debanadora,

sarillo, candil...que semellaban

esquecidas nos recunchos da memoria.

Coas maquetas que fixeron os alumnos de

2 o de ESO lembramos as casas antigas que

van desaparecendo e deixando paso ó

feísmo que asolaga a nosa terra.

Coas maquetas dos castelos feitas por

Óscar quedamos asombrados.

Coñecemos un pouco máis a personalidade

de Xocas coa conferencia de Clodio

González Pérez e coa exposición informática

que elaborou Carme Pereira.

Con DANIEL GÓMEZ RAMIL e “Castelao e os

nenos” lembramos a Castelao e emocionámonos

coas súas “Cousas”.

32

Carlos Santiago fíxonos

reflexionar, e rir (por non

chorar), analizando a

actualidade galega.

Mención aparte merecen os

actorazos de primeiro de

Eso, que nos fixeron rir un

pouco coa súa obra “Mamá,

quero ir á escola”, e as

integrantes (e mais o integrante)

do grupo “Aroña”. A

fin de festa non podía ser

mellor !Noraboa!

33

ecomendámosche

:.cine.:

Bowling for

Columbine

Dirección e guión: Michael

Moore

Ano:2002

Duración:123min

Por que 11.000 persoas morren

cada ano en Estados Unidos

víctimas das armas de fogo? É

tan diferente EEUU doutros

países? En que se diferencia

doutros? Por que EEUU se

converteu no autor e víctima

de tanta violencia?

En “Bowling for Columbine”,

Moore analiza exhaustivamente

e en clave de humor os síntomas,

as causas e as consecuencias

do que el denomina

“a cultura do medo”: unha

sociedade (a norteamericana)

tan temerosa que se armou ata

os dentes chegando a perder o

control da situación.

Para os estadounidenses, é

unha condena desapiadada e

irónica da súa sociedade. Para

os demais, é unha advertencia

en clave humorística sobre o

que podería pasar en calquera

país do mundo que decidira

adaptar o modelo americano.

Aínda que os documentais non

presentan grande aceptación,

“Bowling for Columbine”,

constitúe unha das contadas

excepcións, pois desde o inicio

espertou grande interese, non

só pola súa temática, senón

tamén polo seu aval, que supoñía

o feito de vir filmado por

Michael Moore. Obtivo un

gran recoñecemento internacional,

converténdose no documental

con máis recadación da

historia.

:.cómic.:

Os barbanzóns

Editorial:ToxoSoutos

Autor.Pepe Carreiro

Extensión:48 páxs.

Unha nova serie de banda deseñada

ambientada na península do

Barbanza, moitos anos antes de vir

os romanos, onde vivían uns individuos

tan parecidos a nós, que mesmo

comían ameixas e bebían cervexa. O

castro de Baroña estaba habitado por

unha parentela coñecida como os barbanzóns.

Algúns dos seus membros

eran dados á guerra, outros á filosofía,

outros á festa…; en fin, que había de

todo.

En non poucas ocasións, os barbanzóns

saían do castro e botábanse ó

mundo coñecido, que xa era ancho

para aquela altura, e metíanse nas

máis inverosímiles aventuras.

OTL

34

suxerencias á carta

Quen ten unha paga tan cuantiosa

, como para permitirse

matar a fame no recreo? Veña,

Kiko, enróllate, abarata os

prezos, que somos estudiantes

e estamos medrando!

Amplía a variedade de bocatas,

que xa temos o colesterol

polas nubes!

Sería posible que

para o verán, trouxeras

xeados?Aínda

que sexan chupi

flashs!

Gracias por facer

caso á petición do

ano pasado.

Os autobuses:

Malas condicións de transporte.Chove dentro.

A algún dos conductores déronlle o permiso de

conducir na tómbola.

Queremos chegar a tempo á primeira hora e

non quedarmos tirados no medio do camiño.

Os alumnos queren chegar á casa polo menos á

hora de comer e non facer unha rota turística

polo concello veciño.

Os martes pola tarde, somos participantes

Esta é para María, pois se

non se deu conta, cando

vai frío a calefacción

non traballa, e cando se

está ben, fainos falta un

ventilador.Regula o termóstato,

ou que poñan

máis de un.

Necesitamos outro bedel

máis,basta que necesites

fotocopias para que ninguén

estea na conserxería.

Morales deixa o para

despois da clase.

Isabel Mouriño,es moi

severa con nós: estasnos

estresando!!!

Francisco, onde están

esas excursións prometidas?

Para o profesorado que

pon tanga...provocádesnos

pesadelos, queremos durmir

de noite!!

dunha carreira contra reloxo para conseguir

un sitio no bus, senón temos que ir andando; e

iso se está bo día, que cando chove o bus convértese

nunha lata de sardiñas, onde é imposible

atopar sitio libre. As latas de sardiñas quedan

na conserva e non son o lugar axeitado

para os escolares.

Así como estas, temos moitas queixas máis, ás

que intentaremos darlles solución.

35

queremos saber :.os aditivos alimentarios.:

Os aditivos alimentarios son compoñentes que se

engaden ós alimentos ou ás bebidas para modificar Cando consumimos margarina vexetal, tomamos ade-

algunhas das súas características. Estes aditivos, na mais:

meirande parte dos casos, veñen agochados baixo un

código, que gran parte dos consumidores non enten-

Emulxentes como a lecitina (E-322)

den ou non se preocupan de saber de que se trata.

Algúns destes aditivos son legais nuns países e noutros

Mono e diglicéridos de ácidos graxos e ésteres (Eestán

prohibidos.

471)

Os colorantes son empregados só para dar cor ós ali- Conservadores como o ácido sórbico (E-202)

mentos, pero desde o punto de vista nutritivo non Acidulantes, especialmente o ácido cítrico e as sales

aporta ó producto ningunha propiedade. (E-330) ou colorantes.

Os conservantes axudan a manter os alimentos en bo

Carotenoides e xantofilas, neste caso de clase a, (Eestado

durante máis tempo.

Os antioxidantes impiden ou retardan a oxidación dos160a).

alimentos, así evítase a aparición de malos olores e

sabores pouco agradables.

As galletas conteñen :

Os estabilizadores empréganse para darlle ós alimen- Antioxidantes coma o BHA (E-320), que é tóxico.

tos un aspecto e consistencia adecuados.

Conservantes coma o dióxido de xofre e sales (E-

Os reforzadores do sabor modifican e reforzan o 220).

sabor doutros ingredientes; teñen efectos secundarios Bicarbonatos sódicos e amónicos

negativos se se toman en grandes cantidades, empré-

Colorantes (E-150), que reciben o nome de caraganse

só para disimular a ausencia de ingredientes

melo.

básicos ou enmascarar os de pouca calidade.

Os edulcorantes utilízanse para substituír ou reforzar

os azucres naturais posto que o seu poder edulcorante Podemos concluír que:

é maior. Algúns tipos de edulcorantes como o ciclamato

están prohibidos nalgúns países debido á sospei-

María Tubío, 4º A

ta de que poidan aumentar o risco de cancro.

Departamento de Física e Química

Estes son algúns exemplos dos aditivos que conteñen

os alimentos que habitualmente todos consumimos,

cada un deles aporta algo ó alimento incluído riscos.

Nun simple iogur podemos atopar os seguintes aditivos:

Xelificante (E-440), coñecido como pectina.

Goma vexetal (E-415)

Almidón modificado (E-1414)

Correctores da acidez como o ácido cítrico (E-

330) (E-331)

Edulcorantes como o aspartame (E-951)

Ácido sórbico (E-202), conservantes da froita, bífido-bacterias

e colorantes que poden ser carotenoides

ou xantofilas (E-160c)

O uso de aditivos é necesario nalgunhas ocasións,

pero non sempre está xustificado por razóns sanitarias

senón que ás veces son empregados por razóns

puramente económicas.

Débense ler as etiquetas dos productos e rexeitar

aqueles que non as teñen.

Canto máis elaborado estea o producto, maior será a

presencia de aditivos.

Os colorantes e reforzadores do sabor non serven

para mellorar as propiedades dos alimentos.

Para unha alimentación saudable, cómpre que na

nosa dieta abunden os alimentos non excesivamente

procesados: as froitas, verduras, legumes, etc.

36

As algas interviñeron na alimentación do home e do gando

dende os tempos máis remotos. En Oriente, sobre todo en

Xapón, cultívanse varias especies con este fin.

O ágar-ágar emprégase na industria da alimentación, por exemplo

no enlatado de alimentos, na fabricación de cremas

comestibles, xeados, cervexa, etc., ou noutros sectores como nos

laboratorios para cultivar microorganismos, na obtención de

pinturas....

Das diatomeas fósiles obtéñense abrasivos empregados nas

pastas dentífricas, filtros, pulidos, etc. . Así mesmo, a superficie

das películas fotográficas é unha xelatina feita de algas.

utilización de algas na alimentación animal

Europa é o continente no que se empregan con máis frecuencia

algas na alimentación animal, especialmente algas

pardas Fucais e Laminariais.

A adición de iodo na dieta animal, debe de ser controlada

moi estrictamente, pois o alto contido mineral que posúen

–especialmente K, Na e Cl- pode producir trastornos dixestivos

nos animais.

O agregado de algas parece ser beneficioso para a cantidade

de leite e a cantidade de esperma, probablemente polo

alto contido de vitamina E ou tamén pola acción do iodo

orgánico sobre a tiroides.

Máis recente é o emprego de algas frescas na acuicultura e na

dieta de animais de criadeiro para a obtención de coiros,

como lontras e raposos.

utilización de algas na agricultura

Agregados de algas ó solo

As algas teñen mellores propiedades que os fertilizantes de

granxa porque liberan máis lentamente o nitróxeno, son

ricas en microelementos e non traen sementes de maleza.

Nas épocas nas que as algas saen á costa en grandes cantidades

poden agregarse ó solo sen secalas previamente, ou

engadirse ó “compós ” .

Fertilizantes foliares

:.algas útiles.:

Unha alternativa é a utilización das algas para elaborar fertilizantes

foliares, é dicir, extracto para esparexer por riba das

plantas. Tamén se engaden ás sementes para mellorar a xerminación

e o crecemento nas primeiras etapas.

utilización de algas en medicina cosmética

Unhas oitenta especies de algas mariñas estarían en uso en

Oriente polas súas propiedades vermífugas, anticoagulantes

e antilipémicas.

En Chile, os indíxenas dos Andes, empregan algas para

combater o bocio. Aínda que un exceso de iodo, pode producir

un efecto similar ó bocio.

No noso país investigáronse os efectos que producen os

extractos de algas sobre varios tipos de tumores. Aplicados

en ratos, obtivéronse resultados positivos cos extractos provenientes

de Macrocistis pyrifera.

Son coñecidos os efectos beneficiosos dos extractos de algas

para baixar o colesterol, para estabilizar a presión sanguínea

e como antibióticos e virais.

Na actualidade son correntes as aplicacións de algas en dermatoloxía

(como cicatrizantes e antiseborreicas), e nas dietas

para adelgazar. Un aspecto interesante é a súa capacidade

de previr o envelenamento radioactivo.

utilización de algas en productos industriais

(ficocoloides)

Como productos industriais das algas podemos atopar os

alxinatos, os carraxenados e os ágares. Son cocoloides comparables

con amidóns, gomas e xelatinas doutras fontes.

Alxinatos

Os alxinatos obtéñense das algas pardas. A industria que os

consumen máis é a téxtil (como colorantes) e a papeleira (na

elaboración de cartón e papeis de alta calidade).

Un 30% da producción de alxinatos destínase á industria

alimenticia para a elaboración de froitas artificiais e para

echeos de olivas.

Un 5 % dos alxinatos emprégase na industria farmacéutica

e cosmética. Ademais incorpóranse en xabóns, xampús e cremas

de afeitar, como suavizantes e estabilizantes das escumas

e como hidratantes do cabelo.

Carraxenanos

O carraxenano de algas vermellas emprégase para estabilizar

xeados e leite con chocolate, en alimentos para lactantes, en

comidas instantáneas, doces e productos de panadería.

Tamén en cosméticos, pastas dentais e locións.

utilización das algas na alimentación

humana

Na actualidade, téndese a substituír

os aditivos e productos

artificiais, por productos naturais

como as algas.

En xeral as algas que van

ser empregadas na alimentación

consérvanse mediante

secado ou torrado; outras

entendendo o cancro

O cancro é o crecemento patolóxico dos tecidos orixinado por

unha propagación continua de células anormais; estas células

teñen capacidade de elaborar substancias con actividade biolóxica

nociva pola súa capacidade de expansión local ou pola súa

facilidade para destruír tecidos veciños e afastados.

O cancro, que pode orixinarse a partir de calquera tipo de célula

dos diferentes tecidos do organismo, non é unha enfermidade

única senón un conxunto de enfermidades con síntomas e tratamento

clínico moi diferente en función da zona e da

célula de orixe.

Destacan 3 subtipos principais de cancros. No primeiro

tipo atópanse os sarcomas, proceden do tecido conxuntivo

dos ósos, cartilaxe, nervios, vasos sanguíneos,

músculos e tecido adiposo.

O segundo tipo, os carcinomas, xorden dos tecidos epiteliais

coma a pel, ou as mucosas que cobren as concavidades (a

boca o nariz, o ano, etc.), os órganos corporais (o sistema respiratorio

ou dixestivo), os tecidos glandulares da mama e a próstata.

No terceiro subtipo encóntrase as leucemias e os linfomas, cancros

que se orixinan nos tecidos formadores das células sanguíneas.

Poden producir unha inflamación dos ganglios linfáticos

(adenopatías), aumento do tamaño do bazo(esplenomegalia) ou

invasión e destrucción da medula ósea, así como unha producción

excesiva de leucocitos ou linfocitos inmaturos.

móense para ser empregadas como condimento.

Países como Xapón ou Chile son consumidores tradicionais de

algas; nas zonas costeiras mesmo se consumen frescas algunhas

especies.

as algas no noso país

O cultivo de algas en Galicia semella consolidarse como unha

nova vía de negocio para os acuicultores. Nas últimas datas a

Consellería de Pesca intentou promover este producto entre os

consumidores para poder así aproveitar as boas condicións das

costas galegas para a producción de algas.

As principais compañías do sector son a productora Porto

Muíños e as comerciais Conservas Lou e Algamar.

Porto Muíños é a primeira empresa galega que cultivou as algas,

principalmente laminaria e wakam, nunha explotación situada

no polígono de bateas de Sada. Esta empresa traballa xunto a

científicos da Universidade da Coruña e do Centro de Santander

do Instituto español de Oceanografía, no perfeccionamento do

cultivo.

Ó. T.L., 1º bach.

:.a peste do século XXI.:

cando o cancro o teño eu

O 15 de agosto de 1999, a miña curmá botou vinte pesos na súa

huchiña verde; tiña catorce anos e só cavilaba nos mozos e nas

festas da parroquia.

Estaba moi fraca, tiña olleiras e suaba moito polas noites. Os días

ían pasando e o seu médico de cabeceira, fixera as análises que

fixera, dicía que aquilo era cousa da anorexia e nada máis.

En setembro, o domingo 19, unha dor punzante que lle subía

por detrás do corazón ata os pulmóns, levouna primeiro

a urxencias do hospital de Santiago e logo á terceira

planta, a dos enfermos de cancro. Tiña leucemia.

Eu ese día aprendín que cancro non era tan só o

cuarto signo do zodíaco senón unha enfermidade

pola que moitos morrían, unha enfermidade que devora

todo por dentro e que leva, sen compaixón, a quen ti

máis queres.

A miña curmá tiña un cancro, leucemia; un cancro linfático,

benigno. Outros non tiveron tanta sorte.

unha listaxe nada esperanzadora

Outros coma Ramón, Mario, Amalia, a avoa de Miguel, Fanny

ou Estefanía (de nove anos)..., todos veciños da miña aldea, todos

sofren cancro.

38

É que en Treites, unha pequena aldea de non máis de cincocentos

veciños, en tres anos morreron de cancro cinco veciños e tres

sofren a enfermidade. Ata agora ningén cavilara nestas porcentaxes

de morte, mais xa empezan a xurdir voces de protesta que

reclaman unha investigación, pois pola aldea pasa unha liña de

alta tensión.

A miña curmá faloume da dor que se sente cando entra a agulla

na vea unha e outra vez, tantas veces que xa non fura, faloume

do noxo de vomitar ata o máis saboroso chocolate con améndoas;

faloume de tantas cousas, que eu non desexaría que ninguén

as pasase, non quixera outra Fanny sen ver Sinchan ás 7:00.

A enfermidade do sono afecta cada ano a entre 50000 e 60000

persoas e a súa incidencia é moi alta na África occidental. Esta,

así como outras enfermidades desta área, están totalmente

esquecidas pola comunidade internacional.

a enfermidade

É unha enfermidade parasitaria transmitida ao home pola

picadura da mosca tse-tse. Existen dúas variedades da infección

causadas por diferentes subespecies do microbio.

O parasito aparece entre os 8 e os 10 días despois da infección.

A 1ª fase, na que o parasito se multiplica no sistema linfático e

sanguíneo, pode ter lugar ás poucas semanas, meses ou incluso

anos, tras a infección. Os síntomas soen ser: febre alta, debilidade

xeneralizada, dor de articulacións e de cabeza e inflamación

dos ganglios linfáticos.

O paciente sofre dores intensos e trastornos neurolóxicos como

confusión mental, convulsións e

trastornos do sono. Se non se

trata, o paciente entra nun

estado de letarxia permanente,

seguido dun coma irreversible

que remata coa morte.

O tratamento é longo e doloroso.

A hospitalización é obrigatoria

porque na fase máis avanzada

poden darse efectos

secundarios graves debido á medicación.

algunhas estatísticas

A epidemia actual afecta ós habitantes de 36 países subsaharianos,

dos cales, 22 encóntranse entre os máis pobres do mundo.

o que nos protexe e o que favorece o cancro

Positivo

As dietas baixas en graxa

Facer exercicio físico moderado

Alimentos ricos en fibra (tomate, aceite de oliva, as uvas,..)

Non sufrir “estrés”

Ter fillos antes dos trinta anos

Negativo

A obesidade

O alcohol e o tabaco ( máis se se consumen xuntos)

Tomar o sol

Algunhas tinguiduras para o cabelo

A exposición a axentes de radiación e químicos

Martín O. Seco, 1º bach

:.o beneficio económico

por riba da vida.:

Dos 60 millóns de persoas que corren perigo de contraer a enfermidade

só 4 millóns teñen acceso a diagnóstico e tratamento.

En 1995 no norte de Uganda das 250 000 persoas que foron

analizadas só 5000 puideron ser tratadas. No sur de Sudán, a

epidemia continúa avanzando, só se poden tratar 1000 persoas

cada ano. En Angola, onde é difícil o acceso médico polo conflicto

bélico que asolaga o país, tratáronse 3500 persoas en 3

anos. No Congo encóntrase o 70% dos afectados, trátanse cerca

de 400 casos ó ano.

Cada ano rexístranse 300 000 casos novos segundo a OMS. En

1996, máis de 150 000 persoas morreron e 100 000 quedaron

incapacitadas a causa da enfermidade.

a investigación farmacéutica

O doutor Jorge Autoguía, director do Instituto de Hixiene

Tropical de Lisboa, é bastante claro :

39

“Se unha enfermidade é exclusivamente africana e as persoas

que a sofren non teñen medios económicos, é unha firme candidata

a ser esquecida.”

Segundo Autoguía a investigación é mínima:

“A tripanosomiase (enfermidade do sono), a oncocircose ( cegueira

do río), a noma e outras enfermidades, están nunha lista de

patoloxías ás que non se lles presta atención. Non hai investigación

e os tratamentos dispoñibles son moi caros, o que provoca

unha alta mortandade entre os afectados.”

A aparición dalgúns casos de enfermidades tropicais en Europa

está cambiando a percepción do vello continente; “aínda que

para conseguir avances hai que achegar equipos de investigación

ás áreas rurais afectadas, con máis medios e establecendo contacto

cos médicos da zona, porque non hai vacina nin expectativas

de que se vaia crear nun futuro.”

O alarmante rexurdir da enfermedade do sono, require que a

comunidade internacional reaccione, o mercado fallou e as solucións

non van vir da industria privada

tratamentos contra a enfermidade do sono

Algúns dos medicamentos máis antigos que se viñan utilizando

durante anos, resultan agora menos efectivos debido ó aumento

da resistencia ou mesmo xa se deixaron de fabricar porque non

son rendibles.

Os tratamentos máis novos, ou ben están fóra do alcance dos

petos dos pacientes, ou non están dispoñibles porque os fabricantes

non os encontraron o suficientemente rendibles e abandonaron

a súa fabricación.

suramina sódica

A producción de S.S., utilizada na 1ª fase, estivo a punto de ser

abandonada en varias ocasións, nas que a comunidade sanitaria

internacional viuse obrigada a intervir e asegurar ás empresas

productoras unha cantidade mínima de vendas.

pentamidina

Utilizada dende 1950, deixouse de fabricar, quedando actualmente

só algúns lotes soltos; pero o seu prezo esta fóra do alcance

das persoas afectadas en África.

A súa administración resulta moi dolorosa, xa que o líquido é tan

ácido que corroe os vasos sanguíneos; por iso cada inxección

debe darse nunha vea diferente.

melarsoprol

É un derivado do arsénico. O tratamento é moi doloroso, moitos

dos pacientes presentan graves efectos secundarios (mesmo leva

á morte a 9 de cada 10 pacientes). O curso completo do tratamento

custa 50 dólares.

efornitina

É un medicamento menos tóxico, con menos efectos secundarios

e que resulta efectivo en pacientes que non responden ó

Melarsoprol.

O prezo do tratamento é de 210 dólares polo que se deixou de

fabricar en 1995 ó non resultar rendible.

Na actualidade, o sector farmacéutico privado non está levando

a cabo ningunha investigación ó respecto. Quizais haxa un

pouco máis de esperanza das mans da industria dedicada á beleza,

xa que Guillete, a das maquiniñas de afeitar, está investigando

a PENTAMIDINA, que ten un principio activo capaz de

retardar a aparición de peluxe. Se as investigación son satisfactorias,

poida que se volva a producir.

Santiago Resúa, 1º bach.

Departamento de Filosofía

40

:.o 11 de marzo.:

O mes de marzo do ano no que nos atopamos, España sufriu un

dos peores atentados terroristas dos que se recorda na súa historia.

O día once dese mes, varias persoas (maioritariamente de

orixe árabe), deixaron varias mochilas en vagóns e en distintas

estacións dun dos medios de transporte máis empregado en

Madrid, o tren de proximidades. As mochilas contiñan cargas

explosivas co fin de provocar un masacre. O motivo para facer

tal atrocidade foi a participación de España na guerra que

EE.UU emprendeu contra Iraq.

O masacre cobrou as vidas de cento noventa e dúas persoas inocentes

que ían traballar, ou coma nós, ían ó instituto. Ós que tiveron

máis sorte, só lles queda na memoria esa tráxica mañá de

marzo, que ninguén esquecerá xamais. A dous meses da catástrofe,

aínda quedan dezaoito persoas nos hospitais, e destas, seis

seguen moi graves.

A reacción máis inmediata á catástrofe foi a saída masiva ás rúas

de todos os españois amosando a súa dor, así como a solidariedade

que nos mostraron as demais nacións europeas.

Á dor polos mortos hai que sumar a indignación pola incerteza

sobre os autores do masacre. Mentres o goberno insistía en que

fora levado a cabo por ETA, fóra de España apuntábase cara a

Al Quaeda.

Para algúns a consecuencia máis inmediata do atentado foi o

cambio político producido nesas mesmas datas e acusan ó actual

goberno de retirar as tropas de Iraq cedendo á chantaxe dos

terroristas; sen embargo retirar as tropas era unha promesa electoral

feita polo partido que hoxe está no goberno antes das eleccións.

María Tubío, 4º ESO

41

:.que é o rugby?.:

historia e regramento do rugby

Un día do 1823, os alumnos da escola pública de Rugby (condado

de Warwicks en Inglaterra) xogaban un partido de fútbol;

a pelota chega a William Webb Ellis que a colle coas mans, e

en vez de tirala ó chan, agarrouna ben e avanzou cara á liña de

fondo contraria. Malia que isto estaba prohibido no fútbol,

axiña lle saíron imitadores.

a loita entre o fútbol e o rugby

Este novo xeito de xogar ó fútbol foi estendéndose sen un regulamento

fixado, a colexios e universidades. As primeiras regras

escritas deste deporte foron acordadas en asemblea xeral o 7 de

setembro de 1846 na escola da localidade de Rugby. En 1843

creouse o club de rugby máis antigo que existe, o Guy's

Hospital Rugby Football Club.

A loita entre o fútbol tradicional e o de Rugby continuou, polo

que o 26 de outubro de 1863, reuníronse once representantes

de colexios e universidades para discutir cal dos dous debía prevalecer.

Acordouse seguir co fútbol tradicional, autorizándose

correr coa pelota nas mans, as cambadelas, as patadas e mesmo

agarrar o rival.

Nin os partidarios do fútbol nin os do rugby quedaron contentos

e ambos xogos emprenderon o seu avance por camiños ben

diferenciados.

Cando, anos despois, se toma a decisión de eliminar no rugby

as cambadelas e as patadas orixinouse unha forte polémica;

pensábase que isto suporía a perda de coraxe e virilidade nos

mozos. Mesmo se pediu no Parlamento a prohibición deste

deporte.

o rugby en España

O primeiro encontro de rugby que se celebrou en España tivo

lugar en Cataluña a comezos do século XX.

Desde entón a paixón polo rugby en España vai en aumento,

especialmente entre as deportistas. A selección feminina acadou

xa éxitos importantes no Campionato Europeo de Treviso; despois

de seren subcampionas cinco veces, no 1995 acadaron o

primeiro posto. Malia estes éxitos, non existe unha liga nacional

feminina.

conceptos básicos do xogo

Calquera dos15 xogadores pode recibir a pelota (que ten forma

ovoide) e pasala coa man ou co pé; o pase coa man debe ser

sempre para atrás. O obxectivo do equipo que ten a pelota é

gañar metros para achegarse á liña de ensaio; o equipo defensor

debe impedir o avance, para o que se recorre á placaxe

43

sobre o que ten a pelota. O placado unha vez no chan, debe

soltar a pelota obrigatoriamente.

Os membros dun equipo divídense en dianteiros e tres cuartos.

Os dianteiros son fortes e agresivos, case sempre están en contacto

cos do equipo contrario. Son oito e clasifícanse en primeira

liña, segunda liña (os máis altos) e terceira liña (os mellores

placadores).

Entre os tres cuartos atópanse os xogadores máis técnicos que

son decisivos na organización do equipo: medio melé (o máis

pequeno), apertura, alas, centros e o traseiros ou derradeiros.

principais xogadas

A xogada máis valiosa é o ensaio que consiste en pousar a

pelota na zona de marca ou ensaio; equivale a 5 puntos e dá

a posibilidade de sumar 2 máis se ó tirar co pé a paos, a pelota

pasa por enriba do poste horizontal en H. O drop consiste

en patear a paos de súpeto no transcurso do xogo.

as infraccións

Cando a pelota sae pola liña de lateral, prodúcese touch ou

saque de banda, que se efectúa formando cada equipo unha

fileira, un xogador do equipo que non botou a pelota fóra lánzaa

polo espacio que separa os dous equipos.

Cando un xogador está situado entre a pelota e o equipo contrario,

prodúcese o fóra de xogo.

As infraccións sanciónanse con melé, golpe de castigo e golpe

franco.

O golpe de castigo efectúase sacando coa man e xogando ou

lanzando ós paos de igual forma que despois do ensaio. Na

melé interveñen, xeralmente, oito xogadores de cada equipo,

que se entrelazan formando tres liñas fronte ó equipo contrario.

O obxectivo é gañar a pelota, que debe ser introducida de

forma imparcial polo espacio que deixan os xogadores das primeiras

liñas. No transcurso do xogo están permitidas as melés

espontáneas (rucks) cando a pelota se encontra no chan, e os

agrupamentos para protexer a pelota, chamados mauls.

o rugby en Boiro

(C.R.BARBANZA)

O rugby na vila de Boiro naceu hai trece

anos cando Ramón B. P. fixo un equipo

con alumnos do Colexio F. Franco; o actual

presidente do C.R.BARBANZA é N.

Manuel.

O Club organiza un torneo de Rugby Praia

no mes de xullo, no que participan equipos

da Galicia e Portugal, equipos profesionais

da categoría B de España, e un equipo de

Gales.

O C.R.B. participou na liga autonómica,

acadando un moi bo posto, polo que tres

integrantes do equipo foran chamados pola

Selección Galega Xuvenil para participar

nun partido internacional contra Portugal.

Gustaríame rematar dicindo que neste

deporte o máis importante é fomentar o

compañeirismo, pois ningún xogador pode resolver o encontro

sen o apoio dos outros membros do equipo. Ademais poden

participar persoas con condición física distinta ó distinguirse

quince postos dentro do equipo.

Anímovos, pois, a que descubrades e apreciedes este deporte.

Martín O. Seco, 1º bach.

44

enredos - humor

:.frases pouco célebres.:

¿Quen descoñece as frases máis ilustres dos

nosos profesores? Aquí temos algúns exemplos:

María Lemos:

- Ídesme volver tola! Eu necesito reforzos.

-Vamos de “temita” en “temita”.

Suso Vázquez:

- Quince min. de carrera continua.

- Venga, circuíto.

Morales:

- Cooopiando!

- Que pensas que estás posto polo ayuntamiento?

- Codos!!!!!!

Marta Pena:

-Esto no hai que explicarlo; hai que entenderlo.

-De acuerdo?

María José:

-Nos callamos!!

-Tira el chicle y la próxima vez te lo pego en

la nariz!!

Manolo:

-O carallo!!

Sonia Rodríguez:

-Porque te lo digo yo!

-Que burrinos!

Isabel Mouriño:

-Bueeeno ...De verdade...?Vale...

-Dous negativos... non ti nunca fas nada.

María Barcala:

-Donde están las llaves?

-Visteis a Teresa?

Pilar:

- Saca a gorra.

-Vamos a poner ceritos !!

Matilde:

-Nas matemáticas se non se razoa é imposible

aprender as cousas de chapatoria.

Teresa:

-Revisei o casilleiro e teño moitas faltas de

orde.

-Teneis los libros??

Francisco:

-De que estabamos falando??

Miguel Cambeiro:

- Veña nenos facendo as actividades!!

Ana Sequedo:

- Terceiro aviso sin recreo y a la próxima falta

de orden!!

Ricardo:

-Un segundo!!

-A voz nova ten preferencia.

-Foi un filosofo moi importante.

45

:.lingoreteiros.:

Traducir un texto non sempre é fácil, e menos se non dominamos

ben algunha ou ningunha das linguas. En moitos dos productos

que mercamos atopamos as “instruccións de uso” que en

casos como os seguintes (e son auténticos), sérvennos de ben

pouco.

Nalgúns envases de comida conxelada:

“SUXERENCIA PARA SERVIR: DESCONXELAR PRI-

MEIRO”

Pero é só unha suxerencia…

Nun secador de pelo:

“NON USAR MENTRAS SE DORME”.

Vaia oh, precisamente o momento que todos dedicamos

a coidar o cabelo.

No prospecto dunha pastillas

para durmir:

“ADVERTENCIA: PODEN PRODUCIR

SOMNOLENCIA”

Home non, ¡iso espero!

Nunha serra eléctrica

sueca:

“ NON INTENTE DETER A SERRA

COAS MANS OU OS XENITAIS”

Sen palabras.

Nunha tira de luces de Nadal

fabricada en China:

“SÓ PARA USAR NO INTERIOR E NO

EXTERIOR”

Ollo, única e exclusivamente dentro ou fóra.

Nunha sobremesa de tiramisú, pon na

parte de abaixo da caixa:

“NON VOLTEAR O ENVASE”

Ooooohhh! ¡Demasiado tarde!

Nun medicamento para nenos:

“NON CONDUZA AUTOMÓBILES NIN MANEXE

MAQUINARIA PESADA DESPOIS DE TOMAR ESTE

MEDICAMENTO”.

Sen dúbida poderiamos reducir un montón de accidentes da

construcción se fosemos quen de manter lonxe das escavadoras

a eses individuos de cinco aniños.

Nun coitelo de cociña coreano:

“ IMPORTANTE: MANTER FÓRA DO ALCAN-

CE DOS NENOS E AS MASCOTAS”

¿Pero que clase de mascotas ten a xente en Corea?

No gorro de ducha que regala un hotel ós clientes:

“ VALE PARA UNHA SOA CABEZA”

!! Que clase de clientes irá a ese hotel?

Nun paquete de froitos secos que regala

unha compañía aérea: “INSTRUCCIÓNS:

ABRIR O PAQUETE, COMER OS FROITOS SECOS”.

Teñamos en conta que nos seus avións viaxan persoas de

moi diferentes culturas e costumes.

No envase dun pudin:

“ O PRODUCTO ESTARÁ QUENTE DESPOIS DE QUENTALO?”

¿Seguro? ¿Comprobarémolo?

Pero erros lingüísticos non os cometen só as persoas que coñecen pouco un idioma;

ninguén está libre de que a lingua lle xogue unha mala pasada e lle faga

dicir o contrario do que quería. Outras veces non temos a cabeza onde debiamos

e preguntamos cousas demasiado evidentes. Recollemos exemplos de lingoreteiros

que aparecen nunha revista do Colexio de Avogados de Madrid.

“¿Quen morreu na guerra, vostede ou o seu irmán maior?”

“¿Estaba vostede presente cando se lle fixo a foto?”

“¿A que distancia estaba un vehículo do outro no momento da colisión?”

“¿El matouno a vostede?”

46

PREGUNTA: “¿Disparáronlle no medio do barullo?

RESPOSTA: “Non, disparáronme entre o barullo e o embigo”

PREGUNTA: “Doutor, ¿cantas autopsias realizou vostede sobre persoas falecidas?

RESPOSTA: “Todas as autopsias que realicei foron sempre a persoas falecidas”

PREGUNTA: “¿Recorda vostede a hora á que examinou o cadáver?

RESPOSTA: “A autopsia comezou arredor das 8:30 p.m.”

PREGUNTA: “ ¿O Sr. López estaba morto nese momento?”

RESPOSTA: “Non, estaba sentado na mesa preguntándose por que

lle estaba eu facendo a autopsia”

PREGUNTA: “Doutor, ¿antes de realizar a autopsia, verificou se

había pulso?”

RESPOSTA: “Non”

PREGUNTA: “¿Verificou se había presión sanguínea?

RESPOSTA: “Non”

PREGUNTA: “¿Verificou se había respiración?

RESPOSTA: “Non”

PREGUNTA: “¿Entón, é posible que o paciente estivera vivo cando

lle realizou a autopsia?”

RESPOSTA:”Non”

PREGUNTA: “Como pode vostede estar tan seguro, doutor?”

RESPOSTA: “Porque o seu cerebro estaba nun tarro enriba da

miña mesa”

PREGUNTA: “¿Pero podería, non obstante, estar vivo o paciente?

RESPOSTA: “ É posible que estivera vivo e exercendo de avogado nalgures””

busca as oito diferencias que existen entre estes dous debuxos

47

:.horóscopo.:

CAPRICORNIO (22 dec.- 20 xan.)

Amor: Este mes non mollas, segue

buscando

Amigos: Coidado coas persoas nas

que confías, puñalada trapeira!!

Casa: Traballa como un escrav@,

serás recompensad@.

$: Mal mes, espera ó seguinte.

Estudios: En setembro a repasar!!

CÁNCER (22 xuñ.- 22 xull.)

Amor: Un bo mes para decisións

importantes

Amigos: Estás rodeado de boa xente

Casa: Nese lugar viven máis que as

túas mascotas, tes pais!!

$: A última vez que fuches de compras,

hai moito, moito tempo!!

Estudios: Segue así!!

ACUARIO (21 xan.- 18 feb.)

Amor: Por agora non sabes o que é,

tardarás en sabelo

Amigos: Tes que ser máis tolerante,

pero tampouco

deixes que se rían de ti

Casa: A túa casa non é a Cachada,

hai que pasar máis pola casa!!

$: Levas tanto tempo sen eles, que

aínda pensas nas pesetas.

Estudios: Será ó único que lle prestas

atención.

LEO (23 xul.- 22 ago.)

Amor: Se tes parella, sorprenderaste do cambio que

teredes na vosa relación .Senón, haberá alguén que

che reclame.

Amigos: Failles caso, non che fallarán.

Casa: Confíalles as cousas ós que te aprezan, será o

mellor que poidas facer.

$: Andas sobrad@, pero non te confíes

Estudios: Esfórzate, que despois veñen as sorpresas.

LIBRA (22 set.- 22 out.)

Amor: Este mes pode pasar.

Amigos: Non te fíes nin un pelo, hai

xente moi falsa!!

Casa: Pódeste esforzar máis con teus

pais.

$: Nin para pipas!!

Estudios: B ou V, esa é a túa cuestión.

TAURO (21 abr.-20 mai.)

Amor: Que che puxeron os cornos!!,

tampouco é para tanto.

Amigos: Terás un bo apoio neles.

Casa: Sae máis dela.

$: Andas ben.

Estudios: Segue así.

XÉMINIS (21 mai.-21 xuñ.)

Amor: Non sigas xogando ou quedarás

para vestir santos.

Amigos: A tensión pálpase no

ambiente, moita falsidade!!

Casa: Sé honest@ coa familia, mentir

non é bo.

$: Traballa se os queres!!

Estudios: Andas algo froux@.

SAXITARIO ( 22 nov.- 22 dec.)

Amor: Algún día encontraralo.

Amigos: Estarás moi ben con

eles.

Casa: Failles máis caso.

$: Se segues así faraste de ouro.

Estudios: Moi ben! Este ano

moto!

PISCIS (18 feb.- 20 mar.)

Amor: Tes unha boa racha, pero todo o que sobe

baixa

Amigos: Controla as amizades, non todas queren o

mellor para ti

Casa: Pasa máis tempo coa familia, axudaranche.

$: Estás ben de cartos, pero fai falla un extra para fin

de mes.

Estudios: Abre os libros antes de que remate o curso.

ARIES (21 mar.- 20 abr.)

Amor: Es pésim@ ligando.

Amigos: Aclárate, porque eles van

cansar de que xogues con eles.

Casa: Canto máis tempo fóra,

menos bullas.

$: Reparte o que tes, que non caen

do ceo.

Estudios: Sen comentarios...

ESCORPIO ( 23 out.-21 nov.)

Amor: Ten coidado que pinchas!

Amigos: Sorprenderate.

Casa: Non debes tratalos así ,no

fondo quérenche .

$: Como non apertes o cinto, véxocho

difícil .

Estudios: Mételle caña ás mates.

VIRGO (23 ago.- 21 set.)

Amor: Non te desesperes, din

que todos teñen a súa media

laranxa.

Amigos: Aprende a perdoar!!

Casa: Non che irá mal, normal!!

$: Insolvente!!

Estudios: Vas ben, pero podes

mellorar.

48

ÍNDICE

O PÉ DA LAREIRA 1

NOVOS CREADORES 7

A VOLTAS COA LINGUA 9

LETRAS GALEGAS 12

COÑECEMOS 16

SABÍAS QUE...? 19

LEMBRAMOS 20

RECOMENDÁMOSCHE 33

SUXERENCIAS Á CARTA 34

QUEREMOS SABER 35

ENREDOS-HUMOR 44

49

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!