29.04.2013 Views

MaquetaciŠn 1

MaquetaciŠn 1

MaquetaciŠn 1

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

:.que é o rugby?.:

historia e regramento do rugby

Un día do 1823, os alumnos da escola pública de Rugby (condado

de Warwicks en Inglaterra) xogaban un partido de fútbol;

a pelota chega a William Webb Ellis que a colle coas mans, e

en vez de tirala ó chan, agarrouna ben e avanzou cara á liña de

fondo contraria. Malia que isto estaba prohibido no fútbol,

axiña lle saíron imitadores.

a loita entre o fútbol e o rugby

Este novo xeito de xogar ó fútbol foi estendéndose sen un regulamento

fixado, a colexios e universidades. As primeiras regras

escritas deste deporte foron acordadas en asemblea xeral o 7 de

setembro de 1846 na escola da localidade de Rugby. En 1843

creouse o club de rugby máis antigo que existe, o Guy's

Hospital Rugby Football Club.

A loita entre o fútbol tradicional e o de Rugby continuou, polo

que o 26 de outubro de 1863, reuníronse once representantes

de colexios e universidades para discutir cal dos dous debía prevalecer.

Acordouse seguir co fútbol tradicional, autorizándose

correr coa pelota nas mans, as cambadelas, as patadas e mesmo

agarrar o rival.

Nin os partidarios do fútbol nin os do rugby quedaron contentos

e ambos xogos emprenderon o seu avance por camiños ben

diferenciados.

Cando, anos despois, se toma a decisión de eliminar no rugby

as cambadelas e as patadas orixinouse unha forte polémica;

pensábase que isto suporía a perda de coraxe e virilidade nos

mozos. Mesmo se pediu no Parlamento a prohibición deste

deporte.

o rugby en España

O primeiro encontro de rugby que se celebrou en España tivo

lugar en Cataluña a comezos do século XX.

Desde entón a paixón polo rugby en España vai en aumento,

especialmente entre as deportistas. A selección feminina acadou

xa éxitos importantes no Campionato Europeo de Treviso; despois

de seren subcampionas cinco veces, no 1995 acadaron o

primeiro posto. Malia estes éxitos, non existe unha liga nacional

feminina.

conceptos básicos do xogo

Calquera dos15 xogadores pode recibir a pelota (que ten forma

ovoide) e pasala coa man ou co pé; o pase coa man debe ser

sempre para atrás. O obxectivo do equipo que ten a pelota é

gañar metros para achegarse á liña de ensaio; o equipo defensor

debe impedir o avance, para o que se recorre á placaxe

43

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!