29.04.2013 Views

MaquetaciŠn 1

MaquetaciŠn 1

MaquetaciŠn 1

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

sabías que...?

Malia o meteorito que viron o 11

de xaneiro no Campo da Mina,

din os entendidos que a probabilidade

de que nos caia enriba un

pedrolo procedente do espacio

non é tan pequena como a xente

pensa; e desde logo temos máis

posibilidades de que nos caia un

meteorito que de que nos toque

o gordo da Lotería de Nadal;

aínda que ós de Rianxo lles dea

a risa ó oír isto.

Segundo as estatísticas, a probabilidade

de morrer por impacto

de meteorito é de 1 entre 20000,

mentres que a de morrer por

picadura de avespa é de 1 entre

100 000. Outras alternativas

máis probables son a de morrer

asasinado (1 entre 300), por un

incendio (1 entre 800), por electrocución

( 1 entre 5 000) ou,

sobre todo, por accidente de tráfico

(1 entre 100).

Así que para adiar a hora de ir ó

máis alá, vale máis non mirar ó

ceo por se cae un meteorito e

vixiar ben os coches.

¿Por que as pombas poden ser

mensaxeiras ?

Segundo unha teoría, as aves

teñen unha especie de compás

natural no extremo dos nervios

dos ollos que lles permite seguir o

magnetismo da terra; ningunha

criatura ten tan desenvolvido

como a pomba o instinto

que lle permite regresar ó

pombal.

Unha pomba española foi

quen de voar en liña recta

á súa casa desde

Inglaterra. Pénsase que

estas proezas débense a que

advirten as alteración eléctricas

que o seu voo produce no

campo magnético terrestre; polo

visto, hai ”calellas magnéticas” a

certas alturas e a pomba é quen de

elixir a que a levará ó pombal.

Seguindo coas estatísticas, a probabilidade

de que de che toque o gordo de

Nadal é só de ¡UNHA ENTRE

100000! Evidentemente cantos máis

décimos merques máis posibilidades

tes de gañar, pero antes de botarte a

mercar canto décimo se che poña diante,

cómpre facer contas.

Supoñamos que durante 40 anos mercas

tres décimos ó ano, a probabilidade

de resultares gañador é de unha entre

300. ¡Que ben! Pero ollo, que isto non

quere dicir que che vaia tocar O

Gordo, pois ben poderías ser un dos

299 ós que non lle toca; pero xa levarías

gastado 7200E, (supoñendo que o

prezo do décimo sexa de 20E).

Pero non todo é azar, por exemplo nas

quinielas, nas que non todos os resultados

son igualmente probables, posto

que hai equipos mellores e peores, as

posibilidades de que gañen os primeiros

son maiores. Por iso os entendidos

en fútbol, que fan mellor os prognósticos,

acertan máis ás quinielas.

Pola contra na lotería primitiva todo é

azar pois todos os números teñen as

mesmas posibilidades; sen embargo

segundo un estudio feito en Gran

Bretaña tamén aquí hai estratexias de

xogo. A maior parte dos xogadores

seleccionan números baixos, porque

soen elixir o número do seu día de

nacemento (entre o 1 e o 31)

ou o do mes (entre o 1 e o 12);

por iso cando os números premiados

son altos, hai poucos

acertantes e os premios son

máis importantes.

Que forma ten unha pinga de

chuvia?

As pinguiñas de auga dunha

nube son redondas pero van

agrupándose ata converterse

noutra maior, nas pingas de

chuvia. Cando cae, ó atravesar

o aire, esmágase e vai adoptando

o aspecto dunha chula

corrente. Nada que ver coas

pingas en forma de pera que

nos imaxinamos.

Por que temos fame?

Sabes que tes fame cando

sentes algo especial no estómago;

mesmo os bebés saben

cando teñen fame, os seus

choros din con claridade

“quero comer”. A necesidade

de satisfacer a fame é un

dos impulsos vitais chamados

instintos.

A sensación de baleiro que

sentes no estómago cando tes

fame débese ós seus movementos.

Cando está cheo de

comida, non notas incomodidade,

a non ser que comeras

demasiado ou algo prexudicial.

Se os alimentos xa pasaron

del ós intestinos, o estómago

comeza a dilatarse e a contraerse;

este movemento é o

que dá a sensación de fame.

Hai serpes no mar?

Si, nas augas cálidas do

Océano Índico e Pacífico.

Miden algo máis de 120 cm.

de longo e son moi velenosas,

aínda que pouco agresivas.

Malia que respiran con pulmóns,

están tan adaptadas á

vida mariña que teñen cola

en forma de remo.

Aliméntanse de anguías e

raras veces atacaron ó home.

20

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!