29.04.2013 Views

MaquetaciŠn 1

MaquetaciŠn 1

MaquetaciŠn 1

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

:.cantigas.:

Maruxiña dáme un bico,

heiche de dar un pataco

non quero os bicos dos homes

que me cheiran a tabaco.

E para que non digas

que tal e que cal

que foi ou non foi

que tal que sei eu.

Eu alá non fun

ela aló non veu

nin eu llo pedín

nin ela mo deu.

Vexo dende Taragoña

Vilagarcía e Vilaxoán

vexo a costa de Rianxo

vexo a casiña de Castelao.

Vexo a barca do meu home

pola ría entrar,ven de pescar.

Déixame baixar axiña

que o meu mariñeiro,está a entrar.

:.canción para durmir a un neno.:

Ruín Pedro Chosco

Que non queres vir

Para estes olliños

Que queren durmir.

Heiche dar meniño, unha nube branca

Que para ti teño gardada na arca.

Se me dormes pronto tamén che darei

Os catro cabalos dos fillos do rei,

As sete estreliñas do carro dos ceos

E as lúas noviñas que gardo nos seos,

Un galo que baila e un año que canta,

Unha árbore de azucre e un anxo de prata,

Un mar pequerrecho que teño escondido

Con cen mariñeiros de branco vestidos…

O bo Pedro Chosco

Xa comeza a rir.

Pobres meus olliños,

non os podo abrir!

O malo Pedro Chosco

Comeza a chegar,

Ladrón destes ollos

Que me vén roubar.

Madrugada de San Xoán

madrugada máis agarriña

que baila o sol cando nace

e ri cando morre o día.

Por ser noite de San Xoán

noite de encanto e bruxas

por ser noite de San Xoán

téñoche medo, Maruxa.

Quedei de ir mais hei de ir

á lumieira de San Xoán

chamuscar chamuscareime

mais non me quero queimar.

Salto por riba

do lume de San Xoán

para que non me trabe

cadela nin can.

San Xoán pediulle a Cristo

para que non o adormentase

ver bailar o sol

o día da súa romaxe.

Rebeca Sieira de 2º A e Verónica Saavedra de 2º B

Esta canción foi recollida por Laura Romero de 2º de eso

A. Cantoulla a súa avoa de 73 anos.

4

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!