15.02.2015 Views

Descarga en formato PDF (9,4 MB) - Centro Ramón Piñeiro para a ...

Descarga en formato PDF (9,4 MB) - Centro Ramón Piñeiro para a ...

Descarga en formato PDF (9,4 MB) - Centro Ramón Piñeiro para a ...

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

A formación do modelo nacionalista da historia en Irlanda. 1845-1881

323

veces proclamados no vello xornal que un día dirixira sobre a necesidade de superar

as barreiras da diversidade relixiosa no país e integrar os membros todos da sociedade

nunha única nación, sinalando o compromiso no servizo a Irlanda –quer dicir, a

asunción das posicións políticas nacionalistas– como o só requisito, imprescindible

e suficiente, para gozar da condición da nacionalidade. 432 Repite así a teima dos

Young Irelanders de acoller os que non profesan a fe católica na nación, aínda que

xa se viu ata que punto constituía unha posición enganosa, que agachaba, baixo a

retórica integradora, a esixencia de renunciar a poboación non católica ás súas

tradicións culturais e mesmo á súa propia historia, en canto os protestantes irlandeses,

como comunidade, eran presentados como os responsables inmediatos do mantemento

da opresión que padecían os católicos do país, figurados estes como os nacionais

orixinarios, aqueles que non precisan de ningún engadido máis como confirmación

dunha identidade irlandesa que se lles dá por suposta.

Conserva Duffy, ademais dos seus principios ideolóxicos esenciais, a fe da

Young Ireland na efectividade do labor educativo como motor primeiro da

transformación emancipadora do país, como amosan as abundantes referencias á

teimosía coa que aquel movemento traballara no seu propósito de difusión das

ideas nacionalizadoras, en canto a educación, en por si, se lles figuraba ós seus

compoñentes como o mellor instrumento para a consecución da liberdade. 433 Tantos

anos despois, sentíndose continuador daquel nobre esforzo no que participara

activamente na súa mocidade, 434 aínda considera Duffy que o primeiro paso para

a liberación de Irlanda debe consistir na recuperación da propia estima e na

asunción do espírito da nacionalidade polos propios irlandeses, desbotando os

estereotipos creados por séculos de deformación interesada por parte dos

dominadores ingleses, tan efectivos na súa tarefa como para convencer da

veracidade das súas imposturas ós mesmos que eran ridiculizados por elas. 435

432 “Ireland must aim to be Irish, not Anglo-Irish; [...]. But Irish non longer mean Celtic; from whatever

stock they sprung, Celtic, Norman, or Saxon, if men loved and served the country they were Irish”.

Charles Gavan Duffy, Young Ireland, pp. 155-6.

433 “Let them get knowledge; knowledge and tyranny could not long exist together. [...] Educate that you may

be free”, reafirmaba Duffy as palabras do Nation e lembraba que o grupo desempeñara a transcendental

tarefa buscando o auténtico senso da palabra educación: “This pursuit of knowledge was incited not

with the zeal of a schoolmaster but with the fervour of a lover”. Charles Gavan Duffy, Young Ireland,

p. 156.

434 “If the fate of the nations depends on the education of the young, Davis and his friends were engaged

in no ignoble task”. Charles Gavan Duffy, Young Ireland, p. 676.

435 “These habits and practices told fatally on the people themselves. Sayings circulated among them which

accepted the assumption of their enemies that they were an inferior race, such as ‘an Irishman must

have leave to speak twice’ [...]. They greatly misjudged themselves. [...] they only saw their visage in

the mirror presented by their enemies”. Charles Gavan Duffy, Young Ireland, pp. 71-2.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!