15.02.2015 Views

Descarga en formato PDF (9,4 MB) - Centro Ramón Piñeiro para a ...

Descarga en formato PDF (9,4 MB) - Centro Ramón Piñeiro para a ...

Descarga en formato PDF (9,4 MB) - Centro Ramón Piñeiro para a ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

A fixación do relato histórico nacionalista. 1886-1937

475

De feito, nas dramáticas circunstancias dun Estado en formación, sumido

nunha gravísima contenda civil, privado do recoñecemento de boa parte dos que

loitaran máis activamente por expulsar os británicos, a Igrexa católica, co seu

apoio explícito ós gobernos do Cumann na nGaedheal e a condena da rebelión

republicana, converteuse no máis importante factor de lexitimación das novas

institucións. Naquela situación tan comprometida, a alianza entre as autoridades

políticas e a xerarquía eclesiástica traduciuse, de maneira inevitable, na asimilación

estatal do conservadorismo clerical, manifesto de maneira ben visible no ton

autoritario dos órganos de poder, na indefinición das fronteiras entre a lei e a

moralidade católica e mais no extraordinario poder institucional que se lle concedeu

á Igrexa católica naquel sistema. 628 A capacidade de influencia social e política

das autoridades eclesiásticas acadou niveis soamente explicables pola

correspondencia establecida entre fe e nacionalidade, confirmada oficialmente a

través do recoñecemento explícito polo Estado da “especial posición” que se lle

asignaba á Igrexa católica na Constitución de 1937. 629 Non é estraño que, nesas

circunstancias, a minoría de confesión non católica se sentise excluída da nación

e que, por parte dos protestantes de Irlanda do Norte, se reforzasen os sentimentos

contrarios á reunificación da illa baixo un só goberno, como parte integrante dun

Estado no que a maioría parecía disposta a converter en realidade aquel vello lema

antinacionalista que sostiña que “Home rule is Rome rule”.

Pero a condición relixiosa, ben significativa no contexto británico no que

se encadraba a nación irlandesa, precisaba dun signo complementario que

reforzase o carácter de grupo diferenciado non só dentro dese marco contextual

inmediato, senón tamén en relación cun ámbito internacional máis amplo. Tal

función de obxectivación da comunidade nacional atribuíaselle no imaxinario

nacionalista á cultura gaélica. Ben é certo que os trazos nos que se manifestaba

semellante condición cultural ou eran vagamente difusos, como no caso de certas

actitudes ou predisposicións que se supoñía que eran predominantes nos membros

da raza irlandesa, ou levaban tempo padecendo unha vertixinosa decadencia

que, como lle sucedía á lingua irlandesa, os puxera nos límites mesmos da pura

desaparición. Facendo responsable de tan penosa situación ós efectos perversos

dunha crecente e asoballante anglización da cultura nativa derivada dunha

opresión política secular que por fin remataba, o novo Estado propúxose corrixir

628 Cf. Patrick O’Mahony & Gerard Delanty, Rethinking Irish History. Nationalism, Identity and Ideology,

MacMillan, Londres 1998, pp. 133-46.

629 Artigo 44.1.2. da Constitución irlandesa de 1937: “The State recognises the special position of the Holy

Catholic Apostolic and Roman Church as the guardian of the Faith professed by the great majority of the

citizens”. Michael Gallagher, “The constitution”, en John Coakley & Michael Gallagher (ed), Politics

in the Republic of Ireland, PSAI Press, Limerick 1996, p. 54.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!