19.04.2013 Views

Bolboreta - Barbantia

Bolboreta - Barbantia

Bolboreta - Barbantia

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

A COR DOS SOÑOS - BERGEN 9

Bergen

María Xesús Blanco López

Cando miña nai decidiu que iamos visitar ao

meu pai a Bergen, sentín unha sensación

fortísima. Coma se as burbullas dun caramelo

líquido estalasen no centro do meu estómago.

Tiña moitas ganas de ver ao meu pai. A Paco,

que é como o coñece todo o mundo. Xa ía para

dous meses que o Instituto de Recursos Naturais o

mandara tan lonxe. E outras tantas de subir a un

avión. Subir, subir…, xa subira cunha excursión do

cole cando empezara a Primaria. Como molara!

Todos metidos na cabina de mando. E Fabián e eu

a sentarnos na cadeira do piloto, a tocar a panca

de engalaxe, os botóns do acendido… E o Chuflas a

mirar de esguello as auxiliares de voo. E a fardar.

Porque presumir, alardear e fardar e o que máis lle

gusta do mundo ao meu peor inimigo. Logo o aeroporto

de Labacolla coñecíao coma se fose a miña

casa. Que se temos que levar á tía Loli que se vai

para Londres; que se imos recoller ao primo do avó

Xosé que vén do Brasil…

Pero o de voar era outra cousa. Era a primeira

vez. E todo grazas ao Instituto de Recursos Naturais

da Universidade de Santiago. E a esa investigación

coa Universidade de Bergen para repoboar os ríos e

os mares. Porque os nosos ríos xa non teñen salmóns,

nin troitas… E no noso océano cada día hai

menos peixes. Di meu pai que moitos enferman e

morren a causa dos incendios. E da contaminación.

E que Paco é veterinario de peixes.

-Corre, Alberte, que imos chegar tarde!

Tarde di ela. Non pensedes que é a miña culpa.

E que Sara, a miña nai, é unha tardeira. Ademais,

hoxe erguinme ás cinco da mañá, ou sexa, quince

minutos antes de que tocara o espertador. E ela

dorme que te dorme. Como vivimos en Santiago, e

a só dez minutos do aeroporto, pois a enredar con

cousas sen importancia. Sempre pensa que lle dá

tempo a todo e chegamos xustos a todas partes.

Cando chegamos, claro. E iso que papá lle regalou

un reloxo cuns números ben grandes, moi romanos

e moi serios, para que lle puxeran un pouco de respecto.

Pero parece que isto non lle afecta.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!