A COR DOS SOÑOS - UN SEÑOR GOL DE CABEZA 91 Manuel Teira
92 da perna ortopédica. E naquela sedutora escuridade sentinme feliz no colo de Conchi, coma un neno en claustro materno. Podería seguir así por tempo indefinido. Pero había que dar por rematada a xornada deportiva. A extremidade artificial, convertida agora en cápsula espacial, deu un pincho, e voou por riba da muralla, poñéndonos fóra do campo nun santiamén. Continuou bulindo toda recha, comigo dentro, pola estrada que nos leva ó fogar, sorteando os turismos, que facían soar a bucina con algarabía inusitada. Cando chegamos á casa percibín un bico quente no papo da perna máxica, xusto no punto que coincidía coas miñas meixelas, e saín do letargo, xa con corpo de talla normal. Alí tamén estaba ela personificada, esvelta e radiante. Fundímonos nunha aperta, o corazón púxose a 120 pola autopista do amor. Madurei nun instante o que tiña que madurar de home. Cando me repuxen da emoción, chamei polo móbil a un compañeiro do club, para saber o que pasaba no estadio. Díxome que o problema principal, para a xente que tiña automóbil, era entrar nel e logo conducilo ata o domicilio, porque non lle chegaban ó volante. Polo menos facían falta catro homiños daquelas medidas para levar un coche a destino. Un subíase á chepa do outro e manexaba. O terceiro e o cuarto, encárganse das marchas, do embrague e freado. Os cintos de seguridade, nestas condicións, non valían para nada. Pero alegrou- A COR DOS SOÑOS - UN SEÑOR GOL DE CABEZA me saber que unha vez postos na autopista, a máis de 100, todos volvían ser os mesmos de antes. Menos mal! Porque xa me sentía angustiado se quedaban así para sempre, tan pequechos, por culpa miña. Pero, afortunadamente, non foi así. Como podía selo se todo foi unha ficción? E ben, unha vez rematado o conto haberá quen diga que os soños, soños son, e que ó fin todo segue igual, que non pasa nada. Pois equivócanse. Polo menos no meu caso. Esta experiencia serviume para abrir os ollos a unha realidade que non coñecía, ou que non valoraba debidamente. Agora sentirei carraxe cada vez que escoite que morre xente nas guerras. Dóeme saber que quedan familias desfeitas e desamparadas. A partir de hoxe síntome máis solidario cos que sofren. Si. Tomarei a decisión de ser pacifista de por vida. E tamén un deportista capaz de meter goles coma o que soñei. Pero sen ter que firmar tantos autógrafos, eh? -Iso pasouche por comer tanta fabada de noite, fillo. Eu ben che dixen que che podía facer mal, e non me fixeches caso. Agora aí tes o resultado. -As fabas non son malas, mamá. Anque conteñen ferro non matan, coma as balas. Prefiro morrer dunha chea delas que non de metralla.
- Page 2 and 3:
A cor dos soños III Encontro de Cr
- Page 4:
ÍNDICE Páx. LIMIAR, Carlos Mostei
- Page 8 and 9:
Bergen María Xesús Blanco López
- Page 10 and 11:
A COR DOS SOÑOS - BERGEN 9 Bergen
- Page 12 and 13:
A COR DOS SOÑOS - BERGEN 11 estaba
- Page 14 and 15:
A COR DOS SOÑOS - BERGEN 13 Gochi
- Page 16 and 17:
A COR DOS SOÑOS - BERGEN 15 Cando
- Page 18 and 19:
O esquío Pío e a andoriña Carmi
- Page 20 and 21:
A COR DOS SOÑOS - O ESQUÍO ESQUÍ
- Page 22 and 23:
A COR DOS SOÑOS - O ESQUÍO ESQUÍ
- Page 24 and 25:
A COR DOS SOÑOS - O ESQUÍO ESQUÍ
- Page 26:
A COR DOS SOÑOS - O ESQUÍO ESQUÍ
- Page 29 and 30:
BOLBORETA 28 A COR DOS SOÑOS - BOL
- Page 31 and 32:
30 que non podo comprender por que
- Page 34 and 35:
O primeiro bico Uxía Casal Pablo O
- Page 36 and 37:
A COR DOS SOÑOS - O PRIMEIRO PRIME
- Page 38 and 39:
A COR DOS SOÑOS - O PRIMEIRO PRIME
- Page 40 and 41:
A COR DOS SOÑOS - O PRIMEIRO PRIME
- Page 42 and 43: Castejano calsonsillos de lana F. R
- Page 44 and 45: A COR DOS SOÑOS - CASTEJANO CASTEJ
- Page 46 and 47: A COR DOS SOÑOS - CASTEJANO CASTEJ
- Page 48 and 49: A COR DOS SOÑOS - CASTEJANO CASTEJ
- Page 50 and 51: A COR DOS SOÑOS - CASTEJANO CASTEJ
- Page 52: A COR DOS SOÑOS - CASTEJANO CASTEJ
- Page 55 and 56: BAIXO SOSPEITA 54 A COR DOS SOÑOS
- Page 57 and 58: 56 -Pois antes sempre te queixabas
- Page 59 and 60: 58 O venres, ó volver á casa, ato
- Page 61 and 62: 60 tipo moi raro, baixiño, coa tat
- Page 63 and 64: 62 Carlos saíulle ó paso xusto ca
- Page 65 and 66: 64 anuncio no xornal e ese mesmo d
- Page 67 and 68: 66 -Estas pensando o mesmo ca min?
- Page 70 and 71: A segunda hora da tarde Carlos Most
- Page 72 and 73: A COR DOS SOÑOS - A SEGUNDA SEGUND
- Page 74 and 75: A COR DOS SOÑOS - A SEGUNDA SEGUND
- Page 76: A COR DOS SOÑOS - A SEGUNDA SEGUND
- Page 79 and 80: O ESQUÍO E O RAPOSO 78 A COR DOS S
- Page 81 and 82: 80 grandes bágoas pola meixelas, m
- Page 84 and 85: Un señor gol de cabeza X. Santos S
- Page 86 and 87: A COR DOS SOÑOS - UN SEÑOR GOL DE
- Page 88 and 89: A COR DOS SOÑOS - UN SEÑOR GOL DE
- Page 90 and 91: A COR DOS SOÑOS - UN SEÑOR GOL DE
- Page 94: A COR DOS SOÑOS - UN SEÑOR GOL DE
- Page 97 and 98: CACHIÑOS 96 A COR DOS SOÑOS - CAC
- Page 99 and 100: 98 andar, ergueu a cámara ata os o
- Page 101 and 102: 100 Escoitaba a súa respiración p
- Page 104 and 105: Avatar e o dragón desmemoriado Fra
- Page 106 and 107: A COR DOS SOÑOS - AVATAR AR E O DR
- Page 108 and 109: A COR DOS SOÑOS - AVATAR AR E O DR
- Page 110 and 111: A COR DOS SOÑOS - AVATAR AR E O DR
- Page 112 and 113: A COR DOS SOÑOS - AVATAR AR E O DR
- Page 114 and 115: A COR DOS SOÑOS - AVATAR AR E O DR
- Page 116 and 117: Un grego xenial Xosé Antonio Vento
- Page 118 and 119: A COR DOS SOÑOS - UN GREGO XENIAL
- Page 120 and 121: A COR DOS SOÑOS - UN GREGO XENIAL
- Page 122: A COR DOS SOÑOS - UN GREGO XENIAL
- Page 125 and 126: PIQUIÑO MOURO 124 A COR DOS SOÑOS
- Page 127 and 128: 126 E Nandiño, que non só era xog
- Page 129 and 130: 128 Pero non era tan doado, pois al
- Page 132: "Este libro, A COR DOS SOÑOS, rema