19.04.2013 Views

Bolboreta - Barbantia

Bolboreta - Barbantia

Bolboreta - Barbantia

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

A COR DOS SOÑOS - CACHIÑOS

CACHIÑOS

97

Cachiños Olalla Tuñas

No luscofusco todos semellamos andar na

procura dun alfinete extraviado. É un intre

de retorno no que todos ollamos ó chan á espera de

que unha nova lúa dea a luz á escuridade. Xurxo

camiña tamén cara á casa pero, a diferenza do

resto das persoas, el, co seu chapeo pardo, busca

na xente que volve do día á noite aquilo que nel

bota en falta. Coma se dun crebacabezas se tratara

reconstrúe a Vida, esa que sen ser nome de persoa

se escribe con maiúsculas, a partir da historia

máis pequena, a túa ou a miña. Si, Xurxo é historiador,

mais non deses que falan de xenocidios ou

guerras, senón de xente da rúa que vive e morre e

camiña de volta á casa dende o traballo. Nese

retorno é cando Xurxo pesca cachiños de vida grazas

a unha “Minolta” vella e un flash que de vez en

cando apaga a luz deixándoo todo a escuras. Sae á

noitiña á caza de emocións para pintar a imaxe na

que todos nos vexamos reflectidos.

As rúas da “Cidade” están ateigadas de peóns

propensos á caída. É o vento do outono que varre as

follas caducas, as máis vellas, deixando as árbores

espidas nos parques. Un crisol de imaxes, unha

pasarela de caracteres é a rúa; en primeiro lugar,

unha moza de pelo entre púrpura e azul chora sobre

un pano de papel xunta dun rapaz louro alleo ó

pranto, que escribe nun caderno verde. Pasa un

vello con chaleco encarnado que sorrí xunto a un

home de traxe diplomático que agarda para cruzar

a rúa. Aquela parella bícase nos xardíns e a meniña

de lazo rosa observa un escaparate ó lado dunha nai

con cueiros dunha bolsa do “Gadis”. Un drogadicto

dorme no banco do parque. A confeiteira sae cos

pasteis nunha bandexa. Xurxo terma da súa cámara

á altura dos ollos e fotografa a todo aquel que

merece un intre da súa vista. As rúas por onde soe

pasar son estreitas, rúas lousadas, con edificios de

pedra a ambos lados. Xuntas forman mesmo un labirinto,

enrédanse en cruces imposibles e calellas sen

saída. Detívose ante un edificio de pedra cun enorme

escaparate no baixo, “Dulces Chus” poñía a inscrición,

era unha desas encrucilladas, arriba, abaixo

ou á fronte. Decidiu baixar. Comezou de novo a

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!