19.04.2013 Views

Bolboreta - Barbantia

Bolboreta - Barbantia

Bolboreta - Barbantia

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

36

estábanos agardando o director do museo e dúas

mulleres bastante novas que guiarían os dous grupos

en que os dividiron os profesores; cada un

comezaría o percorrido por lugares diferentes,

para evitar balbordos ou atascos indesexados.

Ao grupo de Matías e Paulo –no que, por desgraza

para este, non estaba Berta-, acompañado

pola profesora de sociais, tocoulles en sorte a guía

chamada Rosa, unha moza espelida e aberta que lles

sorría a cada pouco mentres daba as súas explicacións.

A Matías chistoulle decontado. Tiveron a sorte

de que naqueles momentos un artista australiano

amosaba a súa obra na sección de exposicións transitorias

e el mesmo residía na parte privada convidado

polo dono; ademais, puideron velo traballar

nunha peza de madeira mentres deambulaban pola

sala. Era un tipo curioso, moi escuro de pel, de trazos

anchos e marcados e co pelo crecho medrado

ata os ombreiros; chamábase Witi Maera e emanaba

del unha estraña paz que todos puideron percibir.

O outro grupo, o de Berta, as súas amigas e o

profesor de plástica, guiábao Ánxela, unha moza

morena menos sorrinte cá outra, que ollaba os

vinte e cinco rapaces con certo temor. Comezou o

percorrido pola capela, de estilo gótico, cuxas

fermosas vidreiras de cores atravesadas pola luz

do sol conferíanlle á atmosfera un efecto engaiolador

e feiteceiro que provocaba nos ánimos contraditorias

sensacións.

A COR DOS SOÑOS - O PRIMEIRO PRIMEIRO

BICO

Houbo un momento, no claustro principal, en

que os grupos se cruzaron e tamén se cruzaron as

olladas de Berta e Paulo coma se se quixesen

comunicar cousas que, cara a cara, eran incapaces

de dicir. No rebumbio momentáneo que se desatou,

mentres uns saudaban os outros coma se

houbese anos que non se vían, Paulo aproveitou a

confusión e uniuse a Berta, con gran contento

polas dúas partes.

Ía algo de fresco no claustro, as columnas eran

moi grosas –en realidade piares con catro columnas

adosadas-, as grandes azaleas do xardín central

estaban floridas e Paulo sentiu un impulso que o

levou a collerlle a man a Berta e turrar dela con

disimulo, deixando que os outros se adiantasen.

Agacháronse detrás dun enorme piar que os afastaba

da vista de todos. Ela púxose colorada e el, pálido,

pero o impulso seguía aí, latexando entre os

dous. Sentados no chan, apoiados os lombos na

pedra fría, sen saber moi ben por que os atraían

tanto os beizos do outro, inclináronse e déronse o

primeiro bico...

De súpeto, un horrible e abouxador alarido

deixou a todo o mundo petrificado asemade que se

disparaban as alarmas da abadía e se pechaban as

portas de xeito automático. Os profesores e as

guías, conscientes no fondo das súas obrigas, procuraron

calmar os rapaces, a pesar de seren eles os

que máis calma necesitaban. O profesor de plásti-

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!