19.04.2013 Views

Bolboreta - Barbantia

Bolboreta - Barbantia

Bolboreta - Barbantia

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

110

-Veño aquí amparado pola maxia de Flipán de

Tal O Fabuloso, co poder que el me concede, abatereite

sen piedade coas frechas douradas de

Ventín.

E en dicindo isto, tensou o arco con valor e

disparoulle ao corazón. O cabaleiro puido ver,

desolado, como o seu mortal ataque rebotaba unha

e outra vez contra a impenetrable coiraza de púas

do dragón.

Mentres, o incansable cabaleiro buscaba no

libro intitulado Drakonino ou a Apocalipse do

Dragón, outro poderosísimo esconxuro máis, para

abater a Aduardo; a contestación da besta non se

fixo agardar. Como resultou ser alérxico aos libros

vellos, esbirrou dun xeito portentoso, tanto que

case guinda outra volta co noso cabaleiro polo

chan. Iso si, limpoulle das mans, o libro que, voando

folla a folla, esvaeceu. Aquela bocalada de

alento expeleu tantos gases sulfurosos que Avatar

non foi quen de aturar o tufo e, mareado, caeu de

costas desmaiado como un soldado de latón.

Por sorte para el, Aduardo, o dragón, non era

o que se di moi rancoroso, xa que o poder dos dragóns

vai en aumento cos anos. E aínda que el non o

sabe, xa non queda outro no mundo nin tan vello

nin tan poderoso coma el. Mais os anos convertérano

nun dragón sabio e benévolo que decidiu non ter

en conta ningunha máis das bravatas de Avatar.

A COR DOS SOÑOS - AVATAR AR E O DRAGÓN DRAGÓN

DESMEMORIADO

Cando acordou e se viu diante daquela montaña

con ollos como dous volcáns case lle caen os calzóns...

mais, turrando ben deles, ergueu do chan e

seguiu, como cabaleiro insigne sen rexeitar o combate,

ata o final:

-Pois ...levo aquí –e fixo aceno de tirar das

súas botas- dous puñais de Sestaio, para deixar

espetados nos teus ollos, fera infernal, así volverei

como cabaleiro do... do... quero dicir, como invicto

vencedor.

Vendo Avatar como a enorme cabeza do dragón

se achegaba cada vez máis e ía devoralo, sentiu

chegar o seu final e non aturando coa emoción

do momento, de novo (e xa perdín a conta das

veces) volveuse desmaiar.

Desta non volveu abrir os ollos ata ben entrada

a mañá. Aduardo seguía a pé del, case semellaba

un canciño gardián. Estaba admirado da teimosa

valentía de Avatar e limitábase a rañar as púas

do nariz. Tantos anos fixeran del un dragón escéptico

e paciente, así que, recostado sobre as súas

poutas, limitouse a agardar.

Volveu acordar Avatar co sol quentándolle no

rostro e xa non se estrañou de ver a inmensa cara

do dragón. Como ningún dos dous dicía nada, el

volveu á carga a preguntar:

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!