19.04.2013 Views

Bolboreta - Barbantia

Bolboreta - Barbantia

Bolboreta - Barbantia

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

12

Pero Paco seguiu co seu discurso de conferenciante.

E desviando a conversa. Como fan todos os

maiores cando lles interesa.

Foi cando me apercibín de que miña nai non

estaba. Que desaparecera. Inda que non me estraña.

Co rolo que nos estaba botando papá.

Atravesamos un mercado de peixe (“agggghh… que

noxo, que noxento, que agghh…!”) e collín o brazo

de Paco. “Pero onde se meteu?” Pois onde vai

estar. Mirando os postos rueiros. Estaba absorta.

Diante dunha alfombra chea de cousas raras.

Parecían usadas. Unha impresora, uns patiños de

goma, unha maleta de madeira, botellas sen tapón,

bonecos de trolls...

-These are presents from the sea -dixo o tendeiro

longueirón.

“Será o que non é porcallada, claro”... “Pero

hai bonecos de trolls no inmenso océano?” “Regalos

que arroxa o mar?”... “E por que os quere

cobrar?”... “Porque agora son del e porque están

reciclados”… Pechade a boca que vos vai coller un

frío. Pois si que é listo o tipo este. Cando llo conte

ao avó Xosé. Coa de cousas que atopa el cando vai

pasear pola praia de Balieiros.

E no medio dun barullo de xentes altas e louras

sucedeu. Sucedeu algo marabilloso. Os meus

ollos cruzáronse cos ollos esmeralda dunha serea.

A COR DOS SOÑOS - BERGEN

Dunha serea con cabelos dourados. Quedaron

inmóbiles. Mirándome. Non o podía crer. Estarán

mirándome a min? E a súa boca quixo falarme. Isto

si que era un regalo do mar. Fun eu quen torcín a

vista.

Papá, canso de tanta barafunda, colleunos aos

dous do brazo e dixo:

-Xa viremos pola tarde. É hora de ir comer.

De comer con moita calma, e de que se fartaran

os dous a tomar cafés e falar, falar e falar.

Porque falar e contar contos é o que máis lle gusta

do mundo a miña nai. Máis aínda que percorrer

postos nos mercados rueiros. E como no seu traballo

non pode facelo. Ou pode. Pero moi pouquiño.

Xa que ten que estar moi concentrada. Porque Sara

é hixienista dental. Ou sexa, que ve bocas abertas

todos os días. Pero en silencio. Logo ten que atender,

como fago eu no cole. E seguir as indicacións

de Elisa, a dentista. A súa xefa.

Mira que se ría Paco cos contos de mamá.

Había tempo que non os vira rir tanto. Iso si, a min

facíanme un pouco de menos. Ata que berrei,

berrei e berrei:

-Quero ver barcos viquingoooooos!!!

E a xente do café quedóuseme mirando como

se fose un extraterrestre.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!