19.04.2013 Views

Bolboreta - Barbantia

Bolboreta - Barbantia

Bolboreta - Barbantia

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

A COR DOS SOÑOS - O ESQUÍO ESQUÍO

E O RAPOSO 79

O esquío e o

raposo Alberto Piñeiro

Era unha vez un esquío moi alegre e bulebule

que vivía coas súas irmás, Pauliña e

Franca, no medio da fraga. Chamábase Chuli. Todas

as mañás saía con elas na procura de comida, saltando

leda dunhas árbores a outras: corricaba

polos toros dos carballos e dos piñeiros como se

fosen horizontais e colgábase das pólas máis flexíbeis

para que os veciños visen o atrevida que era.

Non se amedrentaba diante de ningún perigo.

A pesar de ter un carácter mandón e acotío

egoísta cara aos demais, a realidade é que Chuli se

levaba ben con case todos os animais do bosque (en

especial coa pomba Susa), menos co raposo Estalo

e a serpe Hilda. Destes dous prefería manterse distante:

de Hilda porque era cruel e moi fera; e de

Estalo porque se vía sempre só.

Certo día, como adoitaba facer de cando en

vez, o noso esquío saíu moi cedo a por abelás ata

unha fraga próxima, deixando a Pauliña e Franca

durmindo na casa; pero esa mañá esqueceuse de

fechar a porta ao marchar. Cando Franca, a maior,

espertou, xa era tarde: o limiar estaba obstruído

pola testa de Hilda, que cuspía veleno coa súa lingua

mortífera. Nin Franca nin Pauliña tiveron

sequera tempo de pensar na fuxida, pois decontado

a serpe botouse enriba dos dous esquíos e

comeunos enteiros. E nunha póla superior á da

casiña das irmás, ficou facendo a dixestión, camuflada

tralo abondoso arume, mentres agardaba o

regreso de Chuli.

De volta cara á casiña, a certa distancia, Chuli

tivo o presentimento de que algo horríbel ocorrera.

Asustouse coma nunca ao distinguir ao raposo

entre uns matos; quizais por primeira vez na vida

sentiu medo de verdade. Estalo, porén, non só non

pensaba atacala, senón que a consolou polo que a

malvada Hilda fixera coas irmanciñas. Ao comprender

a historia, a Chuli comezáronlle a escorrer dúas

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!