19.04.2013 Views

Bolboreta - Barbantia

Bolboreta - Barbantia

Bolboreta - Barbantia

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

86

ción. Así que estamos na mesma. O tempo pasaba,

a decisión final non a daba tomado. Os temores

tíñano paralizado. A pena agrandábase no peito,

impedíndolle destaparse de todo e ver se realmente

tiña as dúas pernas.

A voz imperiosa de súa nai sacouno dese

marasmo:

-Sindo! A ver se te ergues dunha vez que vas

chegar tarde. Arriba!

Instintivamente reaccionou, póndose de pé no

leito coma un foguete, e por un intre coidou caer

por falta de apoio. Pero sobrepúxose axiña comprobando

a realidade, e rexeitando definitivamente

a aflicción que o coutaba. Choutou de ledicia

reiteradas veces, ata esmorecer vencido polo cansazo,

e pola presión anímica que soportara. Coa

mesma, sae da habitación coma un foguete. Sen

falar con ninguén nin dar sequera os bos días. Colle

a pelota, vaise á porta da rúa e, coa dereita, dálle

unha patada tan forte ó balón que o bota máis alto

que a cheminea do edificio. Respira fondo, sorrí

mentres acaricia a perna, e entra na casa sen acordarse

de recoller o balón. Está máis inquedo e falador

que de costume.

-Moitas ganas de leria tes hoxe, acaba o “Cola

Cao” dunha vez.

A COR DOS SOÑOS - UN SEÑOR GOL DE CABEZA

-E que teño moito que contar. Déixame continuar

a historia. Ó principio todo ía ben. Eramos un

grupo multirracial e fomos a diversos lugares do

planeta para coñecer culturas distintas, pero

nunha desas tocounos visitar un país que fora

recentemente arrasado pola guerra. Tiven a mala

sorte de pisar unha mina das que explotan. Vooume

a perna polo aire e sentinme desangrado. Pola gravidade

do accidente perdín o sentido e, aínda que

me colleron a tempo, estiven entre a vida e a

morte varios días. Cando recobrei o coñecemento

estaban ó meu lado todos os compañeiros da clase.

Rían e tomaban o asunto de chanza, dicindo alegremente

que non importaba que me faltase a

perna. Aínda que era moi bo na dianteira podía

xogar de porteiro. Se total xa fora pichichi dous

anos seguidos, para que quería máis. O que me

convenceu de todo foi cando me fixeron saber que

se Ronaldinho quedase sen unha perna, coma min,

seguro que xogaría na portería, e seguiría ríndose

cos dentes largos como se nada pasara. E a verdade

sexa dita, unha vez escoitado ese argumento,

dinlle a razón. Xa non me importaba ser coxo. Sería

un bo meta, e punto.

En principio fixéronme moitas curas e transfusións

con plasma dos mellores futbolistas do mundo,

que se ofreceron voluntariamente para salvarme a

vida. O caso foi soado e tivo moito eco na prensa

internacional. Seino porque mo contou en secreto

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!