19.04.2013 Views

Bolboreta - Barbantia

Bolboreta - Barbantia

Bolboreta - Barbantia

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

A COR DOS SOÑOS - UN GREGO XENIAL 117

Un grego xenial

Xosé Antonio Ventoso Mariño

Dende que recordo fun á escola. Vivía a

carón dela. Os gritos dos alumnos xa me

espertaban, mesmo antes de ser alumno de don

Ramón Cagide Baamonde. A miña avoa Antonia

subía a escaleira e no descanso do entrechán bisbaba

polo baixo. -Xeiño, levanta, o almorzo está na

mesa! Daba a volta e non dicía máis. Cando subía a

Tía Manola, viúva do meu tío Manuel, entraba na

habitación e corría as contras da fiestra. Despois

poñíame un bico nas fazulas e revolvía no meu

pelo, que moito molestaba.

-Quieta xa!, dicía de mal humor.

-Arriba, meu rei! Xa é hora de izar o corpo da

cama.

O almorzo tomábao de pé: unha cunca de

colacao, un churrusco de pan untado de natas con

mel e unha laranxa da horta, das chamadas “perrisquitas

malagueñas”.

No patio da escola xa esperaban os rapaces de

Moimenta. Primeiros en chegar no autobús da

aldea.

Xogábase á bola, tanto ao “risco”, como ao

cotelo, agás as mulleres que o facían de uña. Os

alumnos máis vellos dos últimos cursos entretíñanse

co xogo da peona e a billarda.

O tempo demorábase moito na porta de entrada.

Finalmente pasaba un alento e xa estabamos na

aula.

Eu gustaba das matemáticas, a cousa máis

doada de entender de toda a creación. Sumas, restas,

divisións, quebrados, raíz cadrada, mínimo

común múltiplo e máximo común divisor. Pero os

problemas de xeometría... que gran home foi o

inventor da xeometría! A vida enteira podía explicarse

coa xeometría dun tal Euclides, dicía o mestre.

Contaba como un grego achegouse andando

ata as pirámides, cortou unha vara de vimbio e ás

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!