19.04.2013 Views

Bolboreta - Barbantia

Bolboreta - Barbantia

Bolboreta - Barbantia

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

128

Pero non era tan doado, pois alí había unha

especie de monopolio dirixido por un astuto corvo,

que usaba bastón e sombreiro e levaba na chaqueta

unha cadea de ouro da que penduraba un reloxo

de area -disque de area das dunas de Corrubedo-,

quen tiña ás súas ordes un fato de pegas rabilongas,

uniformadas todas elas de negro e branco, as

cales estaban en continua guerra cunha bandada

de gavotas que lles querían cobrar un imposto por

comer do gran dos barcos, xa que, segundo elas

dicían, eran as donas do mar e polo tanto tamén de

todo o que por el pasa, ao que os córvidos se negaban

argumentando que, sendo aquel gran cousa da

que elas non gustan, por moito que este viñese

polo mar, tomaban eles posesión; e ademais, como

eran eles os donos do peirao, punto terminal dun

produto que nace na terra e a ela volve, elas non

tiñan pico que tocar no seu territorio, que neste

caso, se algún ladrón había, eran os guindastres

que, despois de sacalo das adegas, tirábano no peirao.

E remataban o seu argumento con aquel refrán

que di: “Veña de onde veña, o que hai no meu

curral é meu”.

Sendo como é que ás gavotas non lles gusta

moito o gran, e habendo tanto como alí había para

todos, a Piquiño Mouro aquela disputa parecíalle

unha actitude de liorteiros e valentóns.

-Isto non pasaba en Corrubedo -pensaba el.

A COR DOS SOÑOS - PIQUIÑO PIQUIÑO

MOURO MOUR

E así, cando quería comer, Piquiño Mouro tiña

que andar á roubacha de pegas e gavotas. Unhas

que tamén lle querían cobrar a el un imposto, e as

outras porque dicían que era un estranxeiro que

lles viña sacar a comida delas.

Pero chegou un día no que Nandiño se fixo

amigo de don Tiburcio, o corvo, quen, ao saber de

onde era Piquiño Mouro, permitíalle compartir o

gran con el e ata lle prometeu que lle deixaría o

reloxo en herdanza cando morrese.

E foi precisamente esta promesa a longo

tempo, a gota que fixo rebordar o vaso, posto que

as envexosas pegas rabilongas, que xa viñan aturando

de mal gusto a amizade de don Tiburcio e

Nandiño, temerosas de que o pardaliño sacase máis

proveito ca elas no reparto do gran, decidiron

poñerse en folga e independizarse do corvo.

Logo, sen o consello e a experiencia de

don Tiburcio, como ningunha se poñía de acordo

para organizar a nova sociedade, pois todas querían

ocupar o sitio do vello xefe, fóronse cada unha

pola súa banda; e din que agora andan polos arrabaldes

da cidade furtándolles a comida aos paxariños

máis cativos: pardelas, xílgaros, lavandeiras,

borralleiras, carrizos, xiríns, sen se atrever a aparecer

polo peirao que, desde esa, xa ficou, definitivamente,

no poder das gavotas.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!